UGT-Galicia insiste en que hai que facer un último esforzo para soster as rendas, o emprego e o tecido produtivo
Fecha: 02 Jun 2021
O Sindicato alerta que o emprego que se crea é temporal e precario. Urxe a derrogación da reforma laboral, a suba do SMI e o fomento de políticas activas de emprego
UGT-Galicia insiste en que hai que facer un último esforzo para soster as rendas, o emprego e o tecido produtivo
A recuperación botou a andar pero non se pode baixar a garda
Santiago, 2 de xuño de 2021.- Os datos de paro de maio do Servizo Público de Emprego e de afiliación á Seguridade Social publicados revelan un descenso do número de desempregados e un aumento dos afiliados, como consecuencia da reapertura de moitas actividades tras finalizar o estado de alarma e a unha mellora nas expectativas económicas a causa do bo ritmo de vacinación. Como xa advertiu UGT-Galicia, a recuperación económica e do emprego só virá da man do control da pandemia e a vacinación. O Sindicato alerta, con todo, que o emprego que se crea é temporal e precario e esixe ao Goberno a derrogación da reforma laboral, o aumento do SMI e o fomento de políticas activas de emprego que favorezan a contratación estable e con dereitos.
Respecto ós datos de paro, obsérvase un descenso do número de desempregados, 5.472 persoas desempregadas menos en Galicia, o que supón unha baixada dun 3,2%. No caso do resto do Estado esta baixada foi dun 3,31%, 129.378 persoas menos en paro. En relación a hai un ano, a baixada foi en Galicia dun 13,49%, 25.776 desempregados menos, fronte ó descenso do 1,98% do Estado, 76.526 persoas menos en situación de desemprego.
Non obstante, UGT-Galicia insiste en que, aínda que parece que as cifras apuntan a que a recuperación botou a andar, hai que ser cautos, non baixar a garda e contextualizar estas cifras de mellora nunha situación de desescalada, o fin do estado de alarma, fronte ás conxunturas tan distintas que se rexistraban tanto en Galicia como no resto do Estado hai un ano e, incluso, hai un mes.
Hai en Galicia case 4.000 mulleres máis en ERTE que homes
Así, Galicia rexistra un total de 165.306 persoas en situación de desemprego e 28.409 demandantes ocupados, maioritariamente en situación de ERTE. Segundo os datos do Ministerio de Inclusión Social e Migracións, nesta Comunidade a final de mes había 22.863 persoas en ERTE e a media mensual foi de 23.910. Do cales, 9.581 corresponden a homes e os 13.282 restantes a mulleres. De novo, ás mulleres cústalles máis saír da crise no eido laboral.
Resulta evidente que observando as cifras de desemprego e ERTE aínda queda bastante para poder falar dunha saída da crise da COVID-19 dende un punto de vista económico e laboral.
En canto ós máis mozos, os menores de 25 anos, o paro tamén baixa no mes nun 9,79% e no ano nun 35,13%. Evolución moito máis acusa que no resto de idades.
Por sexos, a caída do desemprego foi máis acusada no caso dos homes, dun 3,93%, fronte ó 2,67% no caso das mulleres. No ano, sucede o mesmo, baixa un 17,62% entre os homes e un 10,25% entre as mulleres. En termos estruturais as mulleres representan o 58,2% do total do desemprego, 96.167 mulleres en paro e 69.139 homes.
2021/Maio |
Menores 25 anos |
Homes |
Mulleres |
6.217 |
69.139 |
96.167 |
|
Variación absoluta mes anterior |
-675 |
-2.832 |
-2.640 |
Variación relativa |
-9,79 |
-3,93 |
-2,67 |
Variación absoluta mismo mes del año anterior |
-3.367 |
-14.792 |
-10.984 |
Variación relativa |
-35,13 |
-17,62 |
-10,25 |
Por sectores de actividade, rexístrase unha forte caída do paro na construción, o 4,68%; nos servizos, o 3,37%; na industria, do 2,7%; no 1,9% no colectivo de sen emprego anterior; e do 1,03% no sector primario.
No ano, todos os sectores vense beneficiados pola caída do desemprego pero, dende UGT-Galicia insístese en que hai que ter en conta o contexto do que se parte e na situación sanitaria, social, económica e laboral na que se atopaba España hai un ano. Así, a baixada foi dun 23,16% na construción; do 13,5% no colectivo de sen emprego anterior; do 13,21% nos servizos; do 10,05% na industria; e dun 6,95% no sector primario.
|
Paro total |
Agricultura / Gandería |
Industria |
Construción |
Servizos |
Sen emprego anterior |
2021/Maio |
165.306 |
5.855 |
18.993 |
11.986 |
116.500 |
11.972 |
Variación absoluta mes anterior |
-5.472 |
-61 |
-527 |
-588 |
-4.066 |
-230 |
Variación relativa |
-3,20 |
-1,03 |
-2,70 |
-4,68 |
-3,37 |
-1,88 |
Variación absoluta mismo mes del año anterior |
-25.776 |
-437 |
-2.122 |
-3.612 |
-17.729 |
-1.876 |
Variación relativa |
-13,49 |
-6,95 |
-10,05 |
-23,16 |
-13,21 |
-13,55 |
O desemprego tamén cae en todas as provincias. No mes nun 4,8% en Lugo; 3,2% na Coruña; 3,1% en Pontevedra; e un 2,3% en Ourense.
|
Maio / 2021 |
Var. Absoluta mes |
Var. % mes |
Var. Absoluta ano |
Var. % ano |
A Coruña |
66.363 |
- 2.172 |
-3,2 |
- 10.454 |
-13,6 |
Lugo |
16.185 |
- 817 |
-4,8 |
- 2.272 |
-12,3 |
Ourense |
18.690 |
- 431 |
-2,3 |
- 2.024 |
-9,8 |
Pontevedra |
64.068 |
- 2.052 |
-3,1 |
- 11.026 |
-14,7 |
Dos 66.533 contratos asinados en maio, 60.148 foron temporais
Non obstante, a contratación segue a ser moi baixa, tan só 66.533 contratos no mes de maio, 60.148 de carácter temporal. No ano 2019, no mesmo mes, por comparar un contexto sen pandemia, esta ascendía a 95.202 contratos. E hai que resaltar que o groso dos movementos rexistrados na contratación danse no eido da temporal.
|
Total contratos |
Total Temporais |
Maio/ 2021 |
66.533 |
60.148 |
Variación absoluta mes anterior |
911 |
1.989 |
Variación relativa |
1,39 |
3,42 |
Variación absoluta mismo mes del año anterior |
35.660 |
32.547 |
Variación relativa |
115,51 |
117,92 |
Baixa o número de prestacións contributivas, o que evidencia as menores rendas das persoas en situación de desemprego
A taxa de cobertura en abril 2021 (último dato dispoñible) sitúase no 64.9% (59.55% no Estado). As persoas beneficiarias de prestacións de desemprego son 102.893. Destas, hai unha contracción no número de persoas beneficiarias de prestación contributiva, son 48.031, o 46,6% (no mes anterior era maior o peso das contributivas, o 48.3%). Isto indica que volve haber maior peso dos desempregados e desempregadas sen prestacións contributivas, as persoas en desemprego están con menores rendas.
Abril 2021 |
Prestación contributiva |
subsidio |
renda activa de inserción |
Programa Activación de Emprego |
Totais |
GALICIA |
48.031 |
47.306 |
7.555 |
1 |
102.893 |
En canto á evolución nas cifras de afiliación á Seguridade Social (media mensual), sitúase en Galicia no mes en 1.010.528. Medra no mes, no 0,85%, con respecto ó Estado, pouco movemento, e, con respecto ao mes de maio do ano anterior, o 3,5%.
No Estado a afiliación (media mensual) é de 19.267.221, algo máis de dinamismo das cifras no mes ao medrar o 1,11% e no ano aumento do 3.83%.
2021/Maio |
Galicia |
Estado |
1.010.528 |
19.267.221 |
|
Variación absoluta mes anterior |
8.534 |
211.923 |
Variación relativa |
0,85 |
1,11 |
Variación absoluta mismo mes del año anterior |
34.154 |
711.092 |
Variación relativa |
3,50 |
3,83 |
GALICIA |
Maio 2021 |
VARIACIÓN SOBRE |
|||
Mes anterior |
Mesmo mes ano anterior |
||||
nº |
% |
nº |
% |
||
DESEMPREGO |
|||||
Nº persoas paradas |
165.306 |
-5.472 |
-3,20 |
-25.776 |
-13,5 |
* homes |
69.139 |
-2.832 |
-3,93 |
-14.792 |
-17,6 |
* mulleres |
96.167 |
-2.640 |
-2,67 |
-10.984 |
-10,3 |
* mozos e mozas < 25 anos |
6.217 |
-675 |
-9,8 |
-3.367 |
-35,1 |
Por sectores* |
|
|
|
|
|
* agricultura |
5.855 |
-61 |
-1,0 |
-437 |
-6,9 |
* industria |
18.993 |
-527 |
-2,7 |
-2.122 |
-10,0 |
* construción |
11.986 |
-588 |
-4,7 |
-3.612 |
-23,2 |
* servizos |
116.500 |
-4.066 |
-3,4 |
-17.729 |
-13,2 |
* sen emprego anterior |
11.972 |
-230 |
-1,9 |
-1.876 |
-13,5 |
Persoas beneficiarias prestación por desemprego (abril) |
102.893 |
|
|||
Taxa de cobertura prestación por desemprego (abril) |
64,89 |
||||
Por provincias |
|
|
|
|
|
A Coruña |
66.363 |
-2.172,0 |
-3,2 |
-10.454,0 |
-13,6 |
Lugo |
16.185 |
-817,0 |
-4,8 |
-2.272,0 |
-12,3 |
Ourense |
18.690 |
-431,0 |
-2,3 |
-2.024,0 |
-9,8 |
Pontevedra |
64.068 |
-2.052,0 |
-3,1 |
-11.026,0 |
-14,7 |
CONTRATACIÓN |
|
|
|
|
|
Nº contratos |
66.533 |
911 |
1,4 |
35.660 |
115,5 |
* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos) |
6.385 |
-1.078 |
-14,4 |
3.113 |
95,1 |
* temporais |
60.148 |
1.989 |
3,4 |
32.547 |
117,9 |
AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL |
|
|
|
|
|
Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais) |
1.010.528 |
8.534 |
0,9 |
34.154 |
3,5 |
Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones |
En definitiva, o emprego mostrou evidentes signos de mellora nos últimos meses, algo que tamén suxiren outros indicadores de conxuntura, aínda que aínda é susceptible a cambios en función da evolución dos contaxios. Isto pon de manifesto que non hai que baixar a garda aínda e que hai que cumprir coas restricións neste momento, segue sendo fundamental.
Os datos revelan tamén que a recuperación está cada vez máis preto e que, por tanto, non poden cesar os esforzos por soster as rendas, o emprego e o tecido produtivo. O recente acordo para estender os ERTE ata fin de setembro é proba diso e, de novo, logrouse co diálogo social como a
principal ferramenta de negociación entre o Goberno e os axentes sociais. Con todo, o tecido empresarial aínda non recibiu as axudas aprobadas o pasado marzo e, estando na recta final da pandemia, é necesario que se axilicen os trámites e entréguense canto antes.
Previsiblemente, grazas aos fondos europeos do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e a un progresivo aumento da actividade económica, que será maior a medida que se vaia alcanzando a inmunidade colectiva, haberá unha recuperación en mellores condicións que nas crises pasadas, pero para que isto sexa así hai varias claves para ter en conta.
Por unha banda, as políticas activas de emprego terán un papel fundamental para recuperar o emprego e, para iso, requiren dunha forte dotación de recursos, así mesmo debe dotarse de recursos humanos ao Servizo Público de Emprego.
Hai que evitar que a desigualdade se faga maior durante a recuperación
Doutra banda, é preciso evitar que a desigualdade se faga maior durante a recuperación e, por iso, UGT reclama que se tomen medidas enfocadas a este propósito, como o aumento pendente do SMI ou unha reforma fiscal integral que garanta a progresividade, equidade e suficiencia do Estado de benestar. E, por último, pero non menos importante, derrogar a reforma laboral de 2012 para que o marco de relacións laborais que se fixe no futuro sexa xusto e coloque aos traballadores e traballadoras baixo a protección que merecen.