UGT Galicia denuncia o impacto do novo regulamento de estranxeiría nas persoas solicitantes de asilo
Hai en Galicia hoxe case 70.000 persoas estranxeiras afiliadas á Seguridade Social . As persoas estranxeiras representan o 30% do total das afiliadas ao réxime agrario e o 20% das afiliadas ao réxime do fogar
Fecha: 08 May 2025

O Sindicato advirte sobre o impacto que pode ter esta medida, sobre todo, en certos sectores de difícil cobertura
UGT Galicia denuncia o impacto do novo regulamento de estranxeiría nas persoas solicitantes de asilo
Hai en Galicia hoxe case 70.000 persoas estranxeiras afiliadas á Seguridade Social . As persoas estranxeiras representan o 30% do total das afiliadas ao réxime agrario e o 20% das afiliadas ao réxime do fogar
Santiago, 8 de maio do 2025.- UGT-Galicia denuncia o impacto do novo regulamento de estranxeiría que entrará en vigor o vindeiro 20 de maio. Un cambio normativo que poderá deixar en situación irregular a un gran número de solicitantes de emprego que só buscan mellorar a súa calidade de vida e á das súas familias. Ante esta situación, UGT-Galicia esixe unha solución urxente para todas aquelas persoas solicitantes de asilo e que poderían perder a habilitación administrativa para traballar.
Os requisitos da Disposición transitoria quinta do regulamento que entrará en vigor o día 20 son tan estritos que só permitirán o acceso a un número moi limitado de persoas solicitantes de protección internacional e van deixar nunha situación de irregularidade para traballar a moitas persoas.
Hai que aclarar que, co actual regulamento, se a solicitude de asilo é denegada o período traballado conta para unha futura solicitude de arraigo. Sen embargo, co novo regulamento, se a solicitude é denegatoria, o tempo pasado dende a solicitude non vai contar para o arraigo, empezando a contar os dous anos necesarios dende o día da denegación. O novo regulamento impide, ademais, explicitamente, o desestimento da solicitude de asilo.
Por outra banda, o establecemento dun período de seis meses de situación administrativa irregular para iniciar a regularización para as persoas que tiveran unha denegación de asilo antes da entrada en vigor do novo regulamento romperá relacións laborais iniciadas e consolidadas.
A normativa afecta a quenes actualmente están traballando, xa que se ven obrigados a renunciar ao seu expediente de protección ou o recurso presentado. Isto pode chegar a supoñer un gran impacto para determinados sectores. Dende UGT-Galicia explícase que xa se están a recibir chamadas de empresarios preocupados ante esta nova situación que podería supoñer a perda de efectivos cos que levan meses traballando. Así, esta medida prexudica non só as persoas traballadoras, senón tamén ao tecido produtivo do país.
Dende UGT reiteramos o noso firme compromiso coa defensa dos dereitos das persoas solicitantes de asilo e pedimos ao Goberno responsabilidade e sensibilidade para garantir o dereito ao traballo dos que están a buscar refuxio no noso país. A dignidade e os dereitos humanos deben prevalecer sobre calquera consideración administrativa.
Dos novos empregos creados en Galicia no último ano, case a metade corresponde a persoas estranxeiras
As cifras están aí e destacan a relevancia das persoas migrantes na economía galega, así como no resto do país. Dos novos empregos creados no último ano, de marzo de 2024 a marzo de 2025, o 49% corresponden a persoas estranxeiras. Se entre a poboación xeral creáronse 17.801, deste total, 8.652 eran estranxeiros. É dicir, practicamente a metade do emprego xerado en Galicia está a ser ocupado por persoas estranxeiras. En marzo de 2025, do total de afiliados á Seguridade Social que hai rexistrados, o 6,4% son estranxeiros.
En termos poboacionais, a poboación estranxeira representa en Galicia o 6,3% do total, segundo datos do IGE.
Volvendo aos datos do eido laboral. En marzo de 2025, últimos datos dispoñibles, había en Galicia 69.236 afiliacións á Seguridade Social correspondentes a persoas estranxeiras, o que representa o 6,4% do total. Pero o máis significativo é descender aos réximes, para analizar a onde se está a desviar a ocupación deste sector da poboación e, polo tanto, onde existe unha maior demanda e onde pode haber problemas de cobertura cando entre en vigor o novo regulamento.
Do réxime xeral (que engloba xeral, agrario e fogar), 56.935 ocupados son estranxeiros, 50.856 pertencen ao xeral, 1.801 ao agrario e 4.278 ao réxime especial de empregadas do fogar. En termos porcentuais, sobre o total da poboación afiliada en Galicia aos respectivos réximes, destaca o 29,9% de representación no agrario da poboación estranxeira ou o 19,6% no fogar. Entre os autónomos, cun total de 10.500, representan o 5,2%; e o 10% no réxime do mar, con 1.800 afiliados.
Hostalería, comercio, industria manufactureira ou construción son as actividades por conta allea que rexistran máis traballadores estraxeiros
E, concretamente, entre as 50.856 persoas que pertencen ao xeral, é dicir, que traballan por conta allea, destacan sectores como a hostalería, con 11.179 traballadores; comercio por xunto ou ao retallo e reparación de vehículos, con 6.643; industria manufactureira, con 6.351; construción, con 6.234; actividades administrativas ou servizos auxiliares, con 4.357; transporte e almacenamento, con 4.353; ou 3.949 que traballan en actividades sanitarias ou servizos sociais.
Estas cifras dannos unha idea do peso da poboación estranxeira no mercado laboral galego e, sobre todo, en determinados sectores como o agrario, fogar ou, incluso mar, e como endurecer o acceso deste sector da poboación ao mercado de traballo pode traer consigo problemas de coberturas de determinados postos.
Afiliacións á Seguridade Social |
|
|
|
| 2025/Marzo |
|
|
| Galicia | Estraxeiros | Porcentaxe estranxeiros sobre o total |
Total | 1.078.704 | 69.236 | 6,4 |
Xeral | 857.235 | 56.935 | 6,6 |
R. Xeral | 829.395 | 50.856 | 6,1 |
Agrario | 6.019 | 1.801 | 29,9 |
R. especial empregados fogar | 21.821 | 4.278 | 19,6 |
Autónomos | 203.489 | 10.500 | 5,2 |
Mar | 17.980 | 1.800 | 10,0 |
|
|
|
|
Información subministrada directamente polo Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones. |
|
|
|