UGT-Galicia denuncia o ataque cun artefacto explosivo que acaba de sufrir a sede do Sindicato en Vigo

O Sindicato, ademais de denunciar, lamenta o sucedido nunha xornada de folga que tiña transcorrido dentro da normalidade en Galicia

Fecha: 11 Nov 2026

ataque vigo

Esta é a consecuencia do clima de polarización e odio que están a impoñer algunhas organizacións, creando un caldo de cultivo perigoso

UGT-Galicia denuncia o ataque cun artefacto explosivo que acaba de sufrir a sede do Sindicato en Vigo

O Sindicato, ademais de denunciar, lamenta o sucedido nunha xornada de folga que tiña transcorrido dentro da normalidade en Galicia


 

Santiago, 11 de novembro de 2026.- UGT-Galicia denuncia o ataque que acaba de sufrir a sede do Sindicato en Vigo cun artefacto explosivo. Ademais de denunciar o sucedido, dende a Comisión Executiva de UGT-Galicia laméntase que este sexa o broche final a unha xornada de folga que tiña transcorrido dentro da normalidade en Galicia e na que milleiros de galegos e galegas secundaron o paro convocado polo sindicatos e saíron ás rúas das cidades e vilas galegas para manifestar libremente o seu malestar por como están a evolucionar os salarios, os problemas para acceder a unha vivenda e a suba continua dos prezos.

Estas mobilizacións foron a expresión libre dun dereito democrático, o dereito á folga, recollido na Constitución española. 

Pero parece que algúns, despois de máis de 51 anos de democracia, non aceptan as regras das que nos dotamos ou pretenden regresar a un pasado que quixéramos non ter que volver a repetir. 

Neste senso, dende UGT-Galicia considérase que estes feitos son froito da polarización que está a vivir esta sociedade que está a levar a certas organizacións a traballar baixo a batuta do odio e creando un caldo de cultivo perigoso.

UGT-Galicia insiste en que non todo vale, que un proceso electoral ás portas non debería converter esta sociedade nun campo embarrado de liortas no que os seus actores esquezan as regras de convivencia das que nos dotamos neste país hai 51 anos, despois de décadas de sufrimento.

Os feitos prodúcense cando estaba celebrándose a manifestación da tarde en Vigo, se fosen noutro momento aos danos materiais poderían sumarse algunha persoa ferida

Por outra banda, dende UGT-Galicia indícase que hai que ter en conta que os feitos prodúcense cando estaba a ter lugar a manifestación da tarde en Vigo, porque se houbese xente na sede, probablemente,agora non se falaría só de danos materiais, senón de algunha persoa ferida. 

Fuente: UGT-Galicia
11N