UGT-Galicia celebra mañá e o sábado o seu 12º Congreso en Santiago no que 300 delegados elixirán a nova Comisión Executiva e debaterán sobre as liñas de actuación de cara aos vindeiros anos
Fecha: 09 May 2016

UGT-Galicia abrirá mañá, día 6 de maio, a partir das 10.00 horas no Pazo de Congresos de Santiago o seu 12ª Congreso no que 300 delegados elixirán a nova Comisión Executiva do Sindicato e debaterán sobre o modelo organizativo para os vindeiros anos e elaborarán un programa de acción coas liñas de actuación do Sindicato.
UGT-Galicia celebrará este Congreso baixo o lema “A unión en pé”- Contará coa participación de 300 delegados, 195 procedentes do eido das federacións de nacionalidade e 105 das unións comarcais. Concretamente, deste total, 124 son mulleres.
Ademais dos delegados, o Congreso contará coa participación de numerosos invitados procedentes doutras comunidades autónomas, das federacións estatais, de UGT-Portugal, doutros sindicatos, así como, de diversas institucións.
Xa hoxe pola mañá comezaron as tarefas de acreditación dos delegados que se desenvolverán ao longo da mañá do venres ata que comece o Congreso.
O acto de apertura está previsto para mañá, día 6, ás 10.00 horas cunha actuación musical e a proxección dun video inaugural do Congreso. De seguido, intervirá a secretaria de Organización e Área interna de UGT-Galicia, Irene Martínez, para abrir este Congreso, a esta lle seguirá un acto “In memorian” adicado a varios compañeiros falecidos neste último mandato.
Unha vez que quede constituída a Mesa do Congreso, haberá un acto de homenaxe a varios compañeiros do Sindicato pola labor desenvolvida nestes últimos anos.
Tras isto, intervirán os invitados fraternais e os invitados institucionais. En representación da Comisión Executiva Confederal de UGT tomará a palabra a secretaria de Políticas Sociais, Emprego e Seguridade Social, María del Carmen Barrera.
Finalmente, intervirá o secretario xeral UGT-Galicia, José Antonio Gómez. Ata aquí chega o acto de apertura deste 12º Congreso. Acto que estará aberto a todos os medios de comunicación.
A partir de aquí comezan os traballos internos co debate da xestión desenvolvida polos órganos de UGT-Galicia neste último mandato, a votación desta xestión, a constitución das comisións de traballo (estatutos, normativa interna, programa de acción e programa fundamental) e, posteriormente, a reunión do plenario para o debate e aprobación dos ditames destas comisións.
Xa a última hora da tarde terá lugar a presentación e proclamación de candidaturas para a nova Comisión Executiva de UGT-Galicia.
O sábado a partir das 12.30 horas será o acto de clausura (aberto aos medios de comunicación) no que se proclamarán os resultados da elección dos novos órganos de dirección do Sindicato. De seguido, terán lugar as intervencións de invitados fraternais, invitados institucionais, do secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez, e do que saia elixido como secretario xeral de UGT-Galicia.
Será o presidente da Mesa quen clausure, finalmente, o 12º Congreso de UGT-Galicia.
NOTA: TANTO O ACTO DE APERTURA COMO O DE CLAUSURA ESTARÁN ABERTOS AOS MEDIOS DE COMUNICACIÓN.
NOTA: PARA CALQUERA ACLARACIÓN, CHAMAR A EVA (PRENSA- 670380338) OU KOLDO (PRENSA-609821466).