UGT-Galicia alerta do avance imparable da precariedade tanto no emprego como no desemprego

Dende UGT-Galicia, e ante os datos do paro feitos públicos hoxe, alértase do carácter estacional de boa parte do emprego creado e do avance imparable da precariedade, tanto no emprego como no desemprego, así como, da extensión do paro de longa duración e o descenso continuado da cobertura por desemprego. Para o Sindicato, urxe frear esta precarización xeneralizada e recuperar os dereitos dos traballadores, para o cal, hai que derrogar na súa totalidade as reformas laborais, que só conseguiron precarizar aínda máis as condicións laborais.

Galicia remata o mes de xeneiro con 212.078 persoas en situación de desemprego, medrando o 2,99 por cento con respecto ao mes anterior, 6.164 desempregados máis. Unha evolución máis desfavorable que no resto do Estado onde o crecemento foi do 1,55 por cento.

En relación a hai un ano, o paro baixa nun 10,3 por cento, con 24.369 desempregados menos.

OS MÁIS MOZOS E AS MULLERES, OS MÁIS PREXUDICADOS

De novo, o mercado laboral amosa as desigualdades entre homes e mulleres. Así, o desemprego medra entre as mulleres nun 3,5 por cento, fronte ao 2,4 por cento dos homes. Por mor desta evolución, as mulleres seguen a ter maior peso no desemprego, acadando unha porcentaxe do 54,4 por cento do total. O mesmo comportamento dáse en termos interanuais, o paro baixa nun 12,3 por cento entre os homes e un 8,6 por cento entre as mulleres.

Por idades, entre os menores de 25 anos, o paro medra un 3,61 por cento no mes. Sen embargo, no ano a caída do desemprego é moito máis acusada que no resto de idades, dun 17,81 por cento. As razóns que explican esta forte baixada están na saída de efectivos da Comunidade e na falta dun relevo xeneracional claro.

Neste senso, en relación co desemprego e os máis mozos, UGT-Galicia denuncia que o Goberno segue sen activar o diálogo social para rescatar do fracaso o Plan de garantía xuvenil e o Programa de activación para o emprego. Neste último caso, urxe unha revisión dos criterios de acceso con fin de mellorar a cobertura, xa que só se teñen executado 125 millóns dos 350 orzamentados para o 2016. Ademais, neste contexto tamén é necesaria unha mellora dos servizos públilcos de emprego, dotándoos de máis recursos técnicos e humanos que corrixan os recortes aos que foron sometidos neste últimos anos.

A análise realizada por sectores reflicte que, tras o remate da campaña de Nadal e do groso das rebaixas, o paro medra no sector servizos nun 4,9 por cento, 6.465 desempregados máis. Isto evidencia a estacionalidade e temporalidade do mercado laboral galego.

O paro tamén medra no sector da construción nun 0,63 por cento, con menor contundencia porque o gran incremento xa se deu en decembro; e no colectivo de sen emprego anterior o incremento foi tamén dun 0,64 por cento. No ano o desemprego diminúe en todos os sectores.

En canto á contratación, no mes rexistráronse un total de 69.894 contratos, o que evidencia os altos índices de rotación que existen no mercado laboral galego, xa que o número de asalariados non supera os 825.000. No mes baixa máis a contratación temporal polo fin da temporada do Nadal, cae nun 4,63 por cento. Pola contra, medran os indefinidos nun 27,1 por cento. Aínda que este dato non debe ocultar a realidade, a porcentaxe de contratación indefinida sobre o total é tan só do 9,7 por cento.

Afondando máis nisto, obsérvase, analizando os datos ao peche do ano 2016, que a contratación indefinida tamén é cada vez máis precaria. De todos os contratos indefinidos rexistrados no 2016, o 34 por cento foron a tampo parcial. Se a contratación indefinida inicial a tempo completo medrou no 2016 nun 1,6 por cento, a contratación indefinida a tempo parcial o fixo nun 4,3 por cento. Pero é que a contratación fixa discontinua creceu o ano pasado nun elevadísimo 32 por cento.

Daquí dedúcese a cada vez máis evidente precarización do mercado laboral pero tamén no relativo aos contratos indefinidos.

HAI 104.111 DESEMPREGADOS EN GALICIA SEN PERCIBIR PRESTACIÓNS

No referente ás coberturas dos desempregados, estas cada vez son menos e tamén máis precarias. Do total das persoas en situación de desemprego que había en Galicia no mes de decembro (último dato dispoñible), tan só 101.803 cobraban prestación, quedando 104.111 persoas en paro sen ningún tipo de cobertura. Así, a taxa de cobertura está no 53,7 por cento, moi por debaixo do 56,6 por cento do resto do Estado.

Pero é que o carácter contributivo desta prestación tamén está en mínimos, no 43,7 por cento. O que implica que cada mes que pasa as prestacións son máis baixas na súa contía.

Xa para rematar esta anállise, apuntar que a media de afiliados á Seguridade Social é en Galicia de 950.747 afiliados cotizantes, baixando en 12.988.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO de Política Sindical. Emprego e Seguridade Social DE UGT-GALICIA, LUIS BANEIRA GÓMEZ; TELÉFONO: 606649157.



 



 

GALICIA

Xaneiro 2017

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº desempregados rexistrados

212.078

6.164

3,0

-24.369

-10,3

* homes

96.637

2.284

2,4

-13.495

-12,25

* mulleres

115.441

3.880

3,5

-10.874

-8,61

Nº parados mozos < 26 anos

9.730

339

3,61

-2.108

-17,8

Nº desempregados por sectores*

 

 

 

 

* agricultura

8.240

-65

-0,8

-981

-10,6

* industria

25.011

-488

-1,9

-3.524

-12,3

* construción

23.515

147

0,6

-5.170

-18,0

* servizos

138.884

6.465

4,9

-12.922

-8,5

* sen emprego anterior

16.428

105

0,6

-1.772

-9,7

Beneficiarios prestación por desemprego (decembro)

101.803

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (decembro)

53,70

Parados totais sen ningún tipo de prestación (decembro)

104.111

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

69.894

-1.615

-2,3

7.206

11,5

Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

6.789

1.447

27,1

1.228

22,1

Nº contratos temporais

63.105

-3.062

-4,6

5.978

10,5

AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº afiliados (datos provisionais)

950.747

-12.988

-1,3

19.864

2,13

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do MEYSS

Fuente: UGT-Galicia