UGT-Galicia adhírese á iniciativa “pasaxes seguras” e apoia a marcha europea polos dereitos dos refuxiados
Fecha: 11 Mar 2016

UGT-Galicia apoia as mobilizacións convocadas para o vindeiro día 27 de febreiro en diferentes cidades galegas, así como no resto do Estado e Europa, para esixir solucións á crise humanitaria que están padecendo miles de persoas que xa se atopan en territorio da Unión Europea ou que están intentando chegar a el.
A mobilización centrarase na esixencia da creación de “pasaxes seguras” que permitan aos e ás solicitantes de protección internacional chegar á Unión Europea sen poñer en risco as súas vidas e transitar de forma segura a través do territorio comunitario.
En
Galicia, do mesmo xeito que se vai facer noutras 40 cidades
españolas, están convocadas tres mobilizacións. En A Coruña unha
manifestación que sairá ás 19.30 horas da Praia de Riazor para
rematar no Obelisco. En Pontevedra tamén está convocada unha
manifestación dende a Praza da Peregrina, ás 19.30 horas, ata a
Subdelegación do Goberno. No caso de Vigo a manifestación será
pola mañá, sairá ás 12.00 horas de Vía Norte para rematar diante
do Museo Marco, na rúa do Príncipe.