UGT e CCOO reclaman un cambio radical de políticas económicas para xerar máis crecemento, máis emprego de calidade e a diminución das desigualdades
Fecha: 16 Sep 2016

Ascomisións executivas de UGT-Galicia e do Sindicato Nacional de CCOOen Galicia presentan un documento no que debullan a lexislatura queremata en Galicia. Os sindicatos acompañan este balance de propostaspara cambiar o rumbo da situación actual e tratar de consolidar uncambio das políticas económicas, co obxectivo de garantir un novomodelo de crecemento máis equilibrado e sostible, xerador de empregode calidade e que avance na diminución das desigualdades.
Os dous sindicatos consideran que a lexislaturaque agora remata é un período marcado pola crise, polas políticaserróneas, polos recortes de dereitos laborais, polo retroceso nonivel de vida, pola deterioración dos servizos públicos básicos epola crise de todo o aparello produtivo.
Xa se cumpriron nove anos de crise e, se ben écerto que a economía galega está comezando a medrar —a un ritmodo 3 % no segundo trimestre—, esta suba non ten aínda unhacorrelación directa no emprego, que só medra nun 1,8 %. E asívén sucedendo nos últimos trimestres.
CONTAS PÚBLICAS AO SERVIZO DA AUSTERIDADE
A Xunta, seguindo os ditados de Madrid, presentaunhas contas públicas destinadas a afrontar as esixenciasfinanceiras, de aí que impoña unha política orzamentaria confortes recortes no gasto público esencial. Só as partidasvinculadas á débeda teñen un crecemento exponencial, feito ácusta do desmantelamento do estado de benestar.
En materia orzamentaria, CCOO e UGT denuncian quea débeda séguese acumulando sen parar e incrementouse un 51 %en só catro anos: de 2.436 millóns de euros no 2012 a 3.675 esteano, segundo os últimos datos coñecidos. É evidente que urxeabandonar esta vía sen saída.
MENOS OCUPACIÓN E MÁIS PRECARIEDADE
A diminución do desemprego (54.200 persoas) nonpode interpretarse con triunfalismos, porque o 70 % da baixadado paro débese á caída da poboación e a porcentaxe restanteengrosa as cifras de inactividade. Ligado a isto, nos últimos catroanos diminuíu en case 40.000 persoas a poboación de 16 e máis anose reduciuse asemade a poboación activa: 56.000 persoas abandonaron omercado laboral.
A isto hai que engadirlle a precarización daocupación: a taxa de temporalidade pasou do 23,1 % a comezos dalexislatura ao 25,8 % no último trimestre, o que amosa un clarofracaso da reforma laboral imposta no ano 2012. As porcentaxes decontratación indefinida sobre o total son mínimas, do 6,01 %.Case 100.000 contratos nun mes, dos cales 93.507 son temporais. Asímesmo, as persoas paradas de longa duración de máis de 55 anospasaron de 35.830 no 2012 a 37.478 en decembro de 2015.
En definitiva, o mercado laboral de Galicia carecede expectativas de mellora mentres non muden as políticas deemprego.
EN MATERIA SALARIAL AUMENTAN AS DESIGUALDADES
Podería resumirse esta lexislatura nun aumentodas desigualdades económicas e sociais, extensión das condiciónsde pobreza e deterioración da calidade de vida. Como media, osfogares galegos obtiveron no 2015 unha renda anual de 25.614 euros,cunha caída do 4 % dende o 2012.
Ao longo destes últimos catro anos, asdesigualdades entre as persoas asalariadas acentuáronse. Entre 2012e 2014 perdéronse un total de 31.082 empregos asalariados. Con todo,hai 5.336 asalariados máis que cobran por baixo do smi(31,1 % do total) e, ademais, seis de cada dez ninsequera chegan a cobrar a metade.
Todo isto conduciu ao aumento da poboación enrisco de pobreza ou exclusión social, cunha taxa do 25,7 %,fronte ao 23,8 % do ano 2012. Outra variable sen freo foron osfogares sen perceptores de ingresos: eran 31.000 a finais de 2012 exa son 38.300 na actualidade.
AS MULLERES, AS GRANDES PREXUDICADAS
A crise e as políticas de austeridade agravaron asituación laboral das mulleres, que retrocede incluso onde seavanzara. As galegas teñen unha taxa de actividade dez puntosinferior á dos galegos, unha taxa de ocupación 8,7 puntos por baixoe unha taxa de paro 1,3 puntos superior. Tamén cobran menos que oshomes: terían que traballar case tres meses máis ao ano paraigualalos en salario.
Os recortes tamén implicaron unha diminución dosservizos públicos, por exemplo de coidado aos dependentes ou fomentoda corresponsabilidade, o que ten como consecuencia unha importanteparalización e retroceso en materia de conciliación, que prexudicaespecialmente as galegas: máis do 94 % das persoas contratadasa tempo parcial porque coidan de persoas ao seu cargo son mulleres.
AGUDIZOUSE A PRECARIEDADE NA MOCIDADE
O mercado laboral da mocidade caracterízase poraltas taxas de desemprego, temporalidade, parcialidade, baixossalarios e taxas de pobreza e exclusión social alarmantes. Pero éque esta conxuntura agudizouse dende o ano 2012, coa entrada en vigorda reforma laboral imposta polo PP. Hoxe en día, hai 89.400 mozos emozas ocupadas menos que no ano 2011.
GALICIA, Á CABEZA DO ESTADO EN ACCIDENTES DETRABALLO MORTAIS
A diminución dos recursos para a prevención deriscos e a deterioración das condicións laborais contribúen a queGalicia se sitúe á cabeza do estado en accidentes de traballo conresultado de morte. En lugar de intentar remediar a situación, aXunta diminúe ano tras ano o orzamento na materia.
AS PRESTACIÓNS POR DESEMPREGO REXISTRAN UNHAREDUCIÓN DRAMÁTICA
Ao comezo da lexislatura, 65 de cada cen persoasdesempregadas tiñan unha prestación; actualmente, só 50. Ademais,as prestacións asistenciais (61 % das totais) superan xa ascontributivas, que daquela eran o 53 %.
CONTINUOS RECORTES NOS SERVIZOS PÚBLICOS MÁISESENCIAIS
UGT-Galicia e o S. N. de CCOO de Galiciadenuncian a estratexia asfixiante que a Xunta vén aplicando aosservizos públicos. Faino diminuíndo as partidas, aprobando normasque reducen as responsabilidades dos poderes públicos sobre estesservizos e tamén suprimindo emprego público.
No caso da sanidade, o orzamento contraeuse en 1,7puntos en relación co 2012 e, en materia de emprego, perdéronsemáis de 3.000 postos de traballo estables para convertelos encontratos lixo. A isto súmase o incremento dos prezos dosmedicamentos, a falta de financiamento de fármacos, a ausencia dexenéricos e a aposta do Goberno galego por fórmulas deprivatización.
O ensino tamén foi vítima de continuos recortes:en só catro anos perdéronse 62 millóns de euros e o número dedocentes diminuíu en 2.500.
En materia de dependencia, os recortes foroncontinuos, malia que Galicia, polo seu envellecemento, ten unhasnecesidades máis elevadas. Ambos os sindicatos denuncian que oorzamento para a dependencia do 2016 é un 16,4 % inferior ao de2011 e instan a Xunta e o Estado a que corrixan este grave quebrantoque está levando á desaceleración e case que parálise do sistema.Alertan de que a listaxe de espera en Galicia está por riba do31,08 %, 20.2078 persoas con dereito á prestación que seguenesperando atención.
MODELO PRODUTIVO, REPETINDO ERROS DA ETAPAANTERIOR
Nesta última lexislatura, o sector primarioquedou seriamente danado, con 13.700 empregos menos. En políticaindustrial tamén se perderon anos valiosos. O peso da industriasobre o pib mantívosea duras penas nun 17 % e, salvo a industria da alimentación e areparación e instalación de maquinaria e equipamento, as restantesramas sufriron fortes contraccións de emprego.
Outra das promesas incumpridas foi sobre o naval:o sector, lonxe dos 11.000 ocupados de épocas anteriores, tenactualmente uns 5.500 empregados.
Outra das materias pendentes nesta últimalexislatura é a necesidade de apostar polo I+D+i. Dende o 2012continúase na mesma porcentaxe de investimento respecto ao pib,o 0,87 %, lonxe dos dous puntos recomendados pola UE.
URXE UN CAMBIO DE POLÍTICAS
CCOO e UGT consideran que desta análise o únicoque pode deducirse é que urxe un cambio das políticas económicasda Xunta, dentro tamén dun imprescindible cambio no Estado e na UE.Trátase de dar un xiro para impulsar o crecemento económico, acreación de emprego, a protección ás persoas en dificultades, amellora da protección social e a recuperación do gasto nos servizospúblicos e no investimento produtivo.
Por iso, onte mesmo, ambos os sindicatosremitíronlles aos partidos políticos que concorrerán ás elecciónsdo 25 de setembro un documento de análise e balance da lexislatura,no que tamén se demandan compromisos explícitos para dar unharesposta real aos problemas sinalados.
Un compromiso que ha recoller, como mínimo, unhaserie de eixes de actuación: un plan de impulso da actividadeeconómica, cambiando austeridade por crecemento; un plan de empregovinculado tanto ao crecemento como a cobertura de necesidadessociais; un plan industrial de carácter estratéxico e de catroanos; un plan estratéxico de infraestruturas; un plan de ingresospúblicos que recupere unha parte do perdido dende 2009; un plan deincremento do gasto social para rexenerar os recursos destinados asanidade, educación, a protección das persoas dependentes, aprotección social e as políticas de igualdade e todo o que conformao denominado estado de benestar.
NOVO MODELO FISCAL
As propostas concretas de UGT e CCOO para estecambio de rumbo obrigan a un novo modelo fiscal máis xusto eprogresivo; unhas contas públicas ao servizo das persoas nas que aXunta renuncie á austeridade e utilizar os incrementos dos ingresosproposto como fórmula de mellorar a sustentabilidade das contaspúblicas e non actuar sobre os gastos públicos.
EMPREGO DE CALIDADE
A aposta polo emprego de calidade debe ser taménprioritaria, o que esixe un cambio das políticas de emprego porqueas actuais demostraron a súa ineficacia. Os sindicatos consideranque as políticas activas de emprego deben destinarse a elevar aempregabilidade das persoas desempregadas, non a bonificar acontratación das empresas.
POTENCIAR A NEGOCIACIÓN COLECTIVA
Potenciar a negociación colectiva tamén ha serasunto prioritario da nova axenda de actuación. Esta ferramenta,gravemente danada coas últimas reformas laborais, é o instrumentomáis eficaz para atenuar as desigualdades de renda entre as persoasasalariadas.
RESTABLECER AS PRESTACIÓNS SOCIAIS
A loita contra a pobreza e contra a pobreza dostraballadores tamén debe ser imprescindible. Unha peza esencial paraisto sería unha prestación de ingresos mínimos que amplíe aacción protectora da seguridade social. Para este fin, CCOO e UGT xapresentaron unha ilp noParlamento.
FACER EFECTIVA A IGUALDADE ENTRE HOMES EMULLERES
Tamén urxe facer efectiva a igualdade entre homese mulleres. A situación de desequilibrio das mulleres no mercadolaboral galego esixe un Plan galego de emprego feminino, xunto conpolíticas activas de emprego máis efectivas, o desenvolvementolexislativo dos plans de igualdade, unha lei de igualdade salarial eestablecer unha conciliación corresponsable.
GARANTIR A SEGURIDADE E SAÚDE NO TRABALLO
UGT e CCOO reivindican, de novo, a seguridade esaúde no traballo como un dereito fundamental e, para garantilo, épreciso promover a implantación de políticas preventivas. A Xuntadebe potenciar a posta en marcha da Estratexia galega de seguridade esaúde laboral; ao tempo, cómpre fortalecer o ISSGA como enteindependente.
DEFENDER OS SERVIZOS PÚBLICOS
A defensa dos servizos públicos é prioritarianesta nova lexislatura. Sanidade, educación, servizos sociais,transporte, seguridade, vivenda, xunto cos sistemas de seguridadesocial ou de pensións e protección do desemprego constitúen a basedo estado de benestar e do denominado modelo social europeo, sinaisde identidade das sociedade europeas máis avanzadas.
Ambos os sindicatos demandan en Galicia un pactopola educación, a sanidade, a xustiza, os servizos sociais e osservizos públicos.
SALVAR O SECTOR PRIMARIO, DEFENDER O SECTORINDUSTRIAL E INVESTIR EN I+D+i
No eido produtivo establécese como prioritariosalvar o sector primario, defender o sector industrial e incrementaro investimento en I+D+i.
Para o sector primario, Galicia necesita que sedefina un modelo racional e rendible de produción leiteira, deexplotación racional do monte e de ocupación laboral na vixilanciae extinción para salvar o sector e deter o proceso de desertizacióndo campo. No sector pesqueiro, as políticas deben abordar asituación dos descartes e facer unha aposta de país para manter apesca artesanal e, tendo en conta a situación das pesqueiras, aacuicultura pode ser unha das actividades que complemente a pescaextractiva. Para todo o sector primario, demándase a protección dasmarcas galegas e denominacións de orixe.
A política industrial ha ser recuperada comoelemento esencial do novo modelo de desenvolvemento sostible,prestando especial atención aos sectores máis dinámicos e aos demaior valor engadido e contido tecnolóxico, fomentando a innovacióne apostando pola formación. Galicia demanda un plan industrial decarácter estratéxico que persiga recuperar o nivel de actividade ede emprego perdido. Cómpre acadar o 20 % do piben 2020.
Todo isto ten que ir acompañado do incremento doinvestimento en I+D+i, porque esta é a clave para crear emprego decalidade. Hai que estimular a I+D+i en todas as actividadesprodutivas, incrementando o gasto público e creando unha estruturade apoio estable á innovación para superar a desconexión queexiste entre os axentes implicados, avanzando cara a estratexia da UEde destinar o 2 % do piba esta materia.