UGT e CCOO presentan as marchas por unhas pensións dignas

Fecha: 27 Sep 2017

Osecretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, e oresponsable da Unión de Xubilados e Pensionistas de UGT en Galicia,Valentín Tato, xunto cos seus homólogos no S.N. de CCOO de Galiciaofreceron hoxe unha conferencia de prensaen Santiago na que presentaron as marchaspor #PensiónsDignas, unha campaña que se iniciou a nivel de todo oEstado e que vai ter a súa máxima expresión cun conxunto demarchas que partirán de varias comunidades autónomas para confluírtodas o día 9 nunha gran concentración na Porta do Sol en Madrid.

Gómez explicou que trátase de xerar debate social na contorna daproblemática sobre o presente e futuro das pensións neste país, arede máis potente de protección social e que da cobertura non sóaos 9 millóns de persoas que perciben unha pensión, senón a moitasfamilias que a día de hoxe dependen delas. De feito, o 40 por centodas pensións cobren por completo as súas respectivas unidadesfamiliares.

Non se trata só dun problema dos que perciben as pensións, senónque é un problema da sociedade no seu conxunto.

No punto no que se está actualmente, urxe unha volta á concertaciónsobre o modelo de pensións que se rompeu coa reforma das mesmasimposta polo PP no ano 2013 co fin de recuperar o futuro dunhaspensións dignas e terminar co empobrecemento dos pensionistas. Sóun dato, hoxe o 40 por cento das pensións que se cobran en Galiciaestán na contorna dos 600 euros, xusto no limiar da exclusiónsocial e da pobreza.

Neste senso, lembrou que as estatísticas apuntan a que no ano 2020os pensionistas que hoxe perciben 1.000 euros pasarán a cobrar nacontorna dos 400.

É evidente que hai que facer algo para remediar isto. Para UGT, opunto de partida para negociar debería ser o Pacto de Toledo, xa quefoi o Goberno do PP o primeiro en romper este pacto de consenso.

Porsituar unha data, como punto de partida, habería que retrotraer asnegociacións ao concertado ata o 2011. Isto supón: aseguraro poder adquisitivo das pensións, erradicaro déficit da Seguridade Social, garantiro presente e futuro das pensións equeo Goberno atenda as iniciativas aprobadas no Parlamentopara garantir o poder de compra das pensións.

Émoi necesario asegurar aviabilidade do sistema de pensións: o Goberno esgotou o Fondo dereserva e recorre a un indebido endebedamento da Seguridade Social.Os pensionistas perden poder de compra cada día.

Porque,de non impedir os efectos da reforma de 2013, a relación media entrepensión e o último salario (taxa de substitución) caerá dende o80 por cento a menos do 50 por cento, empobrecendo drasticamente aospensionistas. 15 millóns de pensionistas recibirán a mesma rendaque os 9 actuais.

Taménhai que eliminar as subvencións con cargo á Seguridade Social, cuxocosto debe asumir o Estado, e conseguir que os gastos do sistema sepaguen como o resto dos organismos públicos, cos Orzamentos Xeraisdo Estado e non con cotizacións.

Nestecontexto, ademais, hai que destopar as cotizacións co fin demellorar os ingresos do sistema, tanto os derivados de cotizaciónscomo de ingresos fiscais.

JoséAntonio Gómez insistiu en que a clave para garantir o futuro dosistema é actuar pola vía dos ingresos e non dos gastos.

Portodo isto, UGT e CCOO consideran que a mobilización está máis quexustificada e chaman á cidadanía a participar nos actos convocadosporque o presente e futuro das pensións é cousa de todos.

Aspensións son a renda para culminar o proxecto vital cando finalizaso teu traballo e que quen sostén o sistema, contrariamente ao quenos pretenden vender en moitas ocasións, non é o Goberno, senón ostraballadores e as súas cotizacións e a cidadanía cos seusimpostos.

JoséAntonio Gómez e Valentín Tato explicaron como se vai desenvolver amarcha en Galicia. Partirá o día 2 de outubro de Santiago,comezando cunha asemblea aberta en San Caetano a partir das 11.00horas. Xa ás 12.00 sairán en manifestación cara a zona de SanLázaro acompañando aos protagonistas das marchas. A partir de aquíseguirán sós 10 kilómetros nunha marcha a pé. O segundo día, o3, repetirase o mesmo esquema en Lugo, cunha asemblea ás 11.00 naPraza Maior e unha manifestación ata a Avenida de Madrid. A partirde aquí comezarán unha nova marcha cara Ponferrada. Punto no que seunirán cos camiñantes de Asturias e Castela-León. A partir de aquíBenavente, o día 4, Valladolid, o 5, Segovia, o 6, Villalba, o 7, eMadrid o 9 serán os tramos a facer.



Fuente: UGT-Galicia