UGT e CCOO presentan en Galicia a ILP por unha prestación de ingresos mínimos

O secretario xeral de UGT-Galicia, José AntonioGómez, xunto co seu homólogo en CCOO, presentaron hoxe en Santiagoante os medios de comunicación a Iniciativa Lexislativa Popular endemanda dunha prestación de ingresos mínimos que ten como obxectivotramitar, unha vez recollidas as 500.000 sinaturas preceptivas, queambos sindicatos agardan que sexan máis, unha proposición de Leique responda á creación dunha nova prestación que sexa a últimamalla de protección sociolaboral para as familias traballadorasdeste país. Esta nova prestación debe estar vinculada á SeguridadeSocial comounha prestación económica non contributiva dentro dun sistema deacceso universal para todas as persoas que reúnan os requisitos paraobtela.

No acto de presentación desta ILP, no que ambos secretarios xeraisabriron o proceso de firmas dos pregos coa súa propia sinatura, JoséAntonio Gómez fixo fincapé en que a crise que aínda afecta a estepaís foi e, aínda é, moi dura e longa, e está a deixar ensituacións de pobreza ou exclusión social a milleiros de persoas.Por iso, o Sindicato considera que é de Lei rescatar ás persoas ecombater a desigualdade.

Ademais,cunha campaña electoral ás portas de cara ás eleccións xerais,como é evidente que non van ser os mercados os que corrixan osproblemas da pobreza e a desigualdade, senón que isto llescorresponde aos gobernos, basicamente, pola súa funciónredistributiva, UGT e CCOO decidiron

colocarna axenda política esta ILP para que se debata sobre o tema e selexisle no senso que marca a iniciativa.

Gómezincidiu en que o fin da crise non chegou aínda e que algúns pareceque seguen apostando por un modelo de crecemento de desigualdade quecomezou a agravarse xa coa imposición de recortes por parte doGoberno e coa Reforma Laboral que está a provocar que todo o empregoque se cree neste país sexa precario e un reparto espúreo dotraballo, sumado isto á desvalorización salarial.

Acrise actual puxo en evidencia que o sistema de protección socialnon era suficiente. Moitas persoas foron as que quedaron fóra. Entodo o Estado atópanse en risco de pobreza ou exclusión social casetrece millóns de persoas, máis de 670.000 en Galicia. Padecenpobreza extrema 127.000 galegos e, especialmente grave, é a taxa depobreza infantil que xa se sitúa no 26,7 por cento, 2,1 millóns denenos e nenas.

Aumentouo número de fogares con todos os membros no paro e disparouse tantoo desemprego xuvenil, como o de maiores de 45 anos e o número deparados de longa duración. Cada vez hai máis xente parada sencobertura (só contan con prestación por desemprego catro de cadadez) pero, ademais, a precariedade tamén chegou ás prestacións pordesemprego, cada vez con menor taxa de cobertura.

Os actuais instrumentos de protección social non alcanzan a protexer atodas as persoas que están en situación de necesidade.

Istoobriga a UGT e CCOO a presentar esta ILP para establecer unhaprestación de ingresos mínimos. A última malla de protecciónsociolaboral para as familias traballadoras deste país.

Porqueé unha esixencia social, cívica e democrática protexer ás persoascon escasa ou ningunha cobertura social pública.

Estaprestación axudaría a case 2,1 millóns de persoas en todo oEstado, preto de 90.000 en Galicia. Persoas que poden e querentraballar pero non poden facelo e ás que os actuais mecanismo deprotección non dan resposta e carecen, polo tanto, de recursos paravivir.

Acontía sería o 80 por cento do indicador público do IPREM, no2015, 426 euros ao mes. Non sería compatible coas prestacións tantocontributivas como non contributivas do sistema de Seguridade Socialpero si co resto das rendas, sempre que sexan inferiores, en cómputoanual ao 75 por cento do SMI, sen pagas extraordinarias.

Estarenda configuraríase como un dereito subxectivo, polo que formaríaparte do nivel non contributivo da Seguridade Social. O financiamentodebería garantirse vía impostos a través dos Orzamentos Xerais doEstado e o orzamento anual serían uns 11.000 millóns de euros, o 1%do PIB.

Osecretario xeral de UGT-Galicia recoñece que se trata dun rescate,unha axuda, pero “somos conscientes de que non é suficiente”.Urxe un xiro, mudar as políticas de distribución das rendas através do emprego de calidade e dos salarios dignos. Tamén énecesario establecer un sistema de fiscalidade progresivo, recuperaros mecanismos de protección social e o sistema de servizos públicosque este país tiña antes da crise e da política de recortesimposta.

Consideraque isto non é un gasto, é un investimento que ten retorno sobre asfamilias. Só supón o 10 por cento do que se adicou ao rescatebancario e, ademais, o Estado dispón dun remanente que procede doque deixa de gastar pola baixada do número de beneficiarios deprestacións contributivas pola perda paulatina de dereitos ante acronificación das situacións de desemprego.

Apartir de agora comezará a campaña de recollida de firmas nasempresas e nas rúas. Os secretarios xerais de UGT-Galicia e do S.N.de CCOO de Galicia abriron esta campaña coa súa sinatura hoxe anteos medios de comunicación.



 

Fuente: UGT-Galicia
ILP