UGT denuncia que a tan publicitada mellora da economía non chega ao mercado laboral galego
Fecha: 02 Dic 2015

Á vista dos datos feitos públicos hoxe,referidos ao paro rexistrado no mes de novembro, a suposta mellora daeconomía, que algúns non cansan de publicitar, non chega, nin delonxe, ao mercado laboral, sobre todo, ao galego.
Con 225.158 persoasdesempregadas en Galicia parece que aínda non se pode falar derecuperación. Ademais, hai que ter en conta que, mentres no resto doEstado o paro baixa nun 0,65 por cento no mes de novembro conrespecto a outubro, en Galicia a tendencia é á suba, cun incrementodo 1,4 por cento, 3.066 persoas máis en situación de desemprego.
A isto habería que sumarlleun mercado laboral contraído e marcado pola rotación, temporalidadee estacionalidade que impiden, en moitos caso, a consolidación dospostos de traballo que se xeneran. E, ademais, para aqueles quecontinúan en situación de desemprego, as taxas de cobertura seguenen niveis mínimos e a prestación por desemprego ten xa un marcadocarácter asistencial.
Unhaanálise polo miúdo das estatísticas facilitadas hoxereflicte que, interanualmente,o paro si baixa, un 9,4 por cento en Galicia e un 8,04 no resto doEstado.
CONTRACCIÓNDA POBOACIÓN EN IDADE DE TRABALLAR
Encanto á contracción da poboación en idade de traballar, estaprodúcese, basicamente, pola saída da poboación cara fóra nabusca dun futuro mellor e polo retorno de inmigrantes cara os seuspaíses de orixe. De feito, continúa a caída do desemprego entre osestranxeiros.
Porsexos, o desemprego en Galicia medra mensualmente tanto entre asmulleres, un 1 por cento, como entre os homes, nun 1,9 por cento. Entermos interanuais, a tendencia é á inversa, o paro cae máis entreos homes, nun 12,4 por cento, que entre as mulleres, un 6,8 porcento. Así, dedúcese que a tímida mellora que se poida producir nomercado laboral beneficia moito máis aos homes, a desigualdade seguepresente.
Nomes, o desemprego medra en todas as provincias (un 3,63 por cento enLugo, un 3,5 por cento en Ourense e un 1,93 por cento en A Coruña),salvo en Pontevedra, onde cae un 0,27 por cento. En relación a haiun ano, o paro baixa en todas, tamén máis acusadamente enPontevedra.
Enrelación ao comportamento do mercado laboral dos máis mozos, osmenores de 25 anos, hai que subliñar que o desemprego medra máisque no conxunto de idades, un 3,04 por cento. Tamén é certo queinteranualmente cae máis, un 17,62 por cento, pola saída deefectivos, como se comentaba antes, na busca dun futuro máis estableno eido laboral, e polo cambio poboacional.
Ocomportamento dos sectores conduce ao crecemento do paro en todos, entermos mensuais. Dun xeito máis acusado no primario, cun aumento donúmero de persoas desempregadas nun 4,68 por cento; na construción,nun 1,7 por cento; e no sector servizos, nun 1,23 por cento. Enrelación ao ano anterior cae en todos os sectores, destacando abaixada da construción, nun 18,16 por cento, e da industria, nun16,42 por cento.
OSCONTRATOS INDEFINIDOS TAN SÓ SUPOÑEN O 7,76 POR CENTO SOBRE O TOTAL
Unhaanálise da contratación indica que esta tamén cae no mes, nun 12,7por cento, por enriba do resto do Estado. Baixan tanto osindefinidos, nun 15,1 por cento, como os temporais, un 12,5 porcento. No ano a evolución si é favorable, aumentando ambasmodalidades de contratación, aínda que segue dominando a temporal,un 19,82 por cento, fronte ao 7,19 por cento da indefinida. No mes denovembro, a porcentaxe de contratos indefinidos sobre o total foi tansó do 7,76 por cento, baixando en relación ao mesmo mes de hai unano cando era do 8,6 por cento. É destacable que en Galicia nun sómes fixéronse 68.070 contratos, o que evidencia a precariedadedestes que non se consolidan e os altos niveis de rotación laboral.
COBERTURASPOR DESEMPREGO
Encanto ás coberturas por desemprego, estas seguen baixo mínimos. Hai113.731 persoas en situación de desemprego sen ningún tipo deprestación. Quedando a taxa de cobertura nun53,2 por cento, por debaixo da media do Estado. Pero é que, das108.361 persoas que si perciben prestación, tan só o 40 por cento éde carácter contributivo.
Estaasistencialidade da prestación conduce tamén a contías dasprestacións moito máis baixas. Se a contía media bruta daprestación contributiva é en Galicia de 770,2 euros, no caso dasasistenciais non supera os 426 euros ao mes.
Finalmente,UGT-Galicia segue a advertir de que a media de afiliados áSeguridade Social segue afastada do millón de afiliados de antes dacrise, concretamente, sitúase en 949.130, baixando tamén no mes nun0,2 por cento.
Endefinitiva, a suposta recuperación económica aínda non se podetrasladar ao eido laboral. UGT aposta porque o emprego, o bo emprego,sexa o eixo fundamental do debate político, social e económicodeste país.
Taménresulta prioritario reforzar a protección por desemprego, é aquíonde o Sindicato propón a ILP por unha prestación de ingresosmínimos; urxe, ademais, reforzar as políticas activas de emprego ede intermediación; e, finalmente, UGT insiste na importancia deavaliar estas políticas de emprego co fin de asegurar o mellor usodos recursos e a inserción dos desempregados.
NOTA:O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE POLÍTICA SINDICAL, RELACIÓNSLABORAIS E FORMACIÓN DE UGT-GALICIA, JOSÉ DOMINGO BARROS. TELÉFONO:679451570.
GALICIA | Novembro 2015 | VARIACIÓN SOBRE | |||
|
| Mes anterior | Mesmo mes ano anterior | ||
|
| nº | % | nº | % |
DESEMPREGO | |||||
Nº desempregados rexistrados | 225.158 | 3.066 | 1,4 | -23.474 | -9,4 |
* homes | 102.709 | 1.894 | 1,9 | -14.587 | -12,4 |
* mulleres | 122.449 | 1.172 | 1,0 | -8.887 | -6,8 |
Nº parados mozos < 25 anos | 11.628 | 343 | 3,0 | -2.487 | -17,6 |
Nº desempregados estranxeiros | 11.407 | 401 | 3,6 | -581 | -4,9 |
Nº desempregados por sectores* |
|
|
|
| |
* agricultura | 8.770 | 392 | 4,7 | -173 | -1,9 |
* industria | 27.534 | 251 | 0,9 | -5.411 | -16,4 |
* construción | 26.046 | 426 | 1,7 | -5.778 | -18,2 |
* servizos | 144.356 | 1.747 | 1,2 | -10.244 | -6,6 |
* sen emprego anterior | 18.452 | 250 | 1,4 | -1.868 | -9,2 |
Beneficiarios prestación por desemprego (outubro) | 108.361 |
| |||
Taxa de cobertura prestación por desemprego (outubro) | 53,15 | ||||
Parados totais sen ningún tipo de prestación (outubro) | 113.731 | ||||
CONTRATACIÓN |
|
|
|
|
|
Nº contratos | 68.070 | -9.921 | -12,7 | 10.739 | 18,7 |
Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos) | 5.279 | -938 | -15,1 | 354 | 7,2 |
Nº contratos temporais | 62.791 | -8.983 | -12,5 | 10.385 | 19,8 |
AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL |
|
|
|
| |
Nº afiliados (datos provisionais) | 949.130 | -2.076 | -0,2 | 20.470 | 2,2 |
Fonte: GabineteEconómico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos doMEYSS