UGT chama á mobilización o próximo 8 de marzo

UGT e CCOO comprométense no manifesto con motivo do Día Internacional das Mulleres, a acelerar a igualdade real e efectiva entre mulleres e homes, a corresponsabilidade nos coidados e a erradicación das violencias machistas en todos os ámbitos da vida

UGT-Galicia quere facer un chamamento a todas as súas afiliadas e afiliados a saír á rúa o próximo 8 de marzo, así como participar en todas aquelas actividades que se realizan con motivo deste día. 

UGT, de fronte ao 8 de marzo, márcase como prioridades subir o SMI ata situalo no 60% da media salarial; reclamar que todas as políticas públicas teñan perspectiva de xénero; reforzar as políticas activas de emprego con perspectiva de xénero; esixir o cumprimento dos plans de igualdade nos termos que obriga a lexislación; activar o diálogo social para transponer as directivas pendentes, entre elas as de transparencia salarial e violencia contra as mulleres; reducir a xornada sen redución salarial, ata un máximo de 37,5 horas semanais; pedir unha política integral de coidados, con políticas efectivas de corresponsabilidade, e dignificar e revalorizar social e economicamente os traballos dos sectores de coidado; erradicar todas as formas e manifestacións de violencia machista; garantir o dereito efectivo ao aborto; e reclamar ás forzas parlamentarias democráticas garantías para que non se retroceda nos dereitos das mulleres nin en avances en igualdade.

LE AQUÍ O MANIFESTO COMPLETO

Fuente: UGT-Galicia
#8M