UGT chama á cidadanía galega a mobilizarse o día 15 porque xa chegou a hora de rescatar ás persoas
Fecha: 09 Dic 2016

O secretarioxeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, xunto co máximoresponsable do S.N. de CCOO de Galicia, ofreceron hoxe en Santiagounha rolda de prensa na que presentaron as mobilizacións que ambossindicatos convocan para o vindeiro xoves, día 15, en todo o Estadoe que en Galicia se traducirán en nove actos, seis concentracións etres manifestacións. Todas elas baixo o lema “As persoas e os seusdereitos: o primeiro”.
JoséAntonio Gómez fixo fincapé en que é o momento de reverter ascousas e a maioría dos traballadores reclaman solucións urxentesaos seus problemas. Xa non poden agardar máis. É hora de repartiros froitos do crecemento económico, recuperar dereitos e rescatar áspersoas. Apuntou que é o momento de negociar, máis tamén demobilizar para esixir que o diálogo social se traduza en resultadostanxibles.
Chegouo momento de atender á cidadanía, saír da senda da desigualdade ea pobreza, reducir substancialmente o desemprego e impulsar uncrecemento económico sostible, con máis e mellores empregos,mellores salarios, garantía para as pensións e o seu poderadquisitivo, así como, recuperar as liberdades e dereitosdemocráticos perdidos nestes últimos anos de crise que os gobernosdo PP aproveitaron para mudar o modelo social deste país.
Osecretario xeral de UGT-Galicia denunciou que hoxe en día tertraballo xa non significa vivir dignamente. A pobreza laboral xa seinstaurou neste país. As estatísticas e a realidade do día a díaasí o corroboran. Máis do 40 por cento dos traballadores concontrato a tempo parcial están nesta situación de xeitoinvoluntario; seis millóns de traballadores teñen salarios pordebaixo do SMI (310.000 en Galicia) e 3,6 millóns cobran a metade doSMI (184.000 en Galicia). Gómez pregúntase como se pode vivirdignamente con estes ingresos.
Fixofincapé en que hai que restituír os dereitos perdidos como causados recortes impostos, sobre todo, os que se derivan dunha reformalaboral inxusta, inútil e estéril que só serviu para destruíremprego e o pouco que se creou de baixa calidade.
Seben é certo que o Goberno do PP fala continuamente de diálogo econcertación, tamén o é que as medidas e decisións que se estánadoptando non van todas neste camiño. Preséntanse uns orzamentos,tanto en Galicia como no Estado, que para nada están deseñados paraaxudar ás persoas, sobre todo, ás que saíron máis mancadas dacrise. Neste senso, dende UGT-Galicia incídese na necesidade depoñer a andar a prestación de ingresos mínimos demandada por ambossindicatos e impulsada a través dunha ILP.
Gómeztamén criticou a actitude dun Goberno que se manifesta aberto aodiálogo e, sen embargo, deixa á marxe dun acordo como o do SMI aossindicatos e ratifícase na súa negativa de derrogar a tan negativareforma laboral.
Insistiuen que se ben o diálogo político nesta nova etapa parlamentaria quese abriu tras o último proceso electoral vai ser moi importante,tamén o terá que ser o diálogo cos axentes sociais porque asorganizacións sindicais son a voz dos traballadores e queren mudaras cousas. E, para isto, hai que combinar mobilización connegociación, presión e diálogo. Por isto, estas, as do día 15,serán as primeiras mobilizacións dun camiño sostido no tempo quede seguro obrigará a máis.
Osecretario xeral de UGT-Galicia considera que “temos razóns paramobilizarnos” porque acabouse a etapa das medidas unilateraisbaseadas en recortes. Hai que mobilizarse para que as persoas sexan oprimeiro.
Éo momento de reverter as cousas, estase diante a reactivacióneconómica; hai que loitar polo emprego de calidade; derrogar asreformas laborais; a Lei de racionalización e sustentabilidade daAdministración local; o artigo 315.3 do Código Penal; os recortesen educación e no resto dos servizos públicos; reformar afiscalidade; e garantir as pensións; reforzar os sistemas deprotección social e a igualdade real e efectiva.
Portodo isto, UGT-Galicia chama á cidadanía galega de mobilizarse ovindeiro día 15 nos actos convocados en Galicia: concentracións enLugo (12.00 na Sudelegación do Goberno), Viveiro (19.30 na Oficinade Turismo), Santiago (19.30 no Parlamento de Galicia); Ourense(20.00 na Subdeleración do Goberno), Pontevedra (12.00 naSubdelegación do Goberno) e Vilagarcía (19.00 Praza de Galicia).Tamén haberá manifestacións en Vigo, ás 20.00 horas con saída deVía Norte; A Coruña, ás 20.00 horas con saída da Praza daPalloza; e en Ferrol ás 20.00 horas tamén con saída da Praza deEspaña.