UGT chama á cidadanía galega a mobilizarse este sábado "Porque hai que parar a guerra en Oriente Medio"
Este sábado, día 14, ás 12.00 horas celebraranse concentracións no conxunto do país, convocadas polo movemento "Parar a guerra", do que UGT forma parte, co obxectivo de defender o pacifismo e a causa democrática en Irán e no mundo.
Fecha: 11 Mar 2026

UGT chama á cidadanía galega a mobilizarse este sábado "Porque hai que parar a guerra en Oriente Medio"
Rexeitamos de xeito tallante os ataques executados por EEUU e Israel contra Irán, que supoñen unha violación do dereito e a legalidade internacional. Son unha grave ameaza para a paz na rexión e un perigo para a paz mundial. Condenamos con enerxía o réxime criminal dos aiatolás e o asasinato de miles de persoas nos últimos meses. Todo o noso apoio ao pobo iraniano e, en especial, ás mulleres, na súa loita pola democracia e a igualdade. É o pobo iraniano quen debe decidir o seu futuro. Pero nada xustifica os salvaxes bombardeos de EEUU e Israel co asasinato de centos de inocentes. Chamamos ás e ós demócratas a condenar esta agresión, defender o dereito internacional e traballar por unha paz xusta e duradeira en Oriente Medio, que debe incluír o fin do xenocidio en Gaza e o recoñecemento dos dereitos do pobo palestino de acordo á legalidade internacional. E chamamos a toda a sociedade a acudir o vindeiro sábado 14 de marzo a todas as concentracións convocadas pola plataforma “PararLaGuerra”, en máis de 150 poboacións de todo o país.