UGT celebra hoxe en Vigo unha asemblea de delegados e delegadas como acto preparatoirio da folga do 11N

Interviñeron Pepe Álvarez, Cristóbal Medeiros e Ernesto Fontanes

Fecha: 03 Nov 2026

11nvigo

 

Vigo acolleu hoxe a primeira asemblea preparatoria en Galicia da folga xeral do 11N 

Interviñeron Pepe Álvarez, Cristóbal Medeiros e Ernesto Fontanes

 

Santiago, 3 de novembro de 2026.- Hoxe, o Auditorio muncipal do Concello de Vigo acolleu unha asemblea de delegados e delegadas, organizada por UGT-Galicia, como acto preparatorio da folga xeral do 11 de novembro. Nesta asemblea interviñeron os secretarios xerais de UGT, UGT-Galicia e UGT-Vigo, Pepe Álvarez, Cristóbal Medeiros e Ernesto Fontanes.

Lembraron que a  folga xeral do 11N é a denuncia da clase traballadora a unha política empresarial que aproveita o crecemento económico do país para engordar o seu patrimonio con grandes beneficios a costa dos salarios das persoas traballadoras.

A folga xeral do 11N mostra a indignación da maioría do país por un modelo económico que traslada aos prezos ao consumo de bens básicos, as marxes empresariais para sufragar os incrementos dos custos da crise enerxética provocada pola infamia das guerras.

A folga xeral do 11N móstranos a forza dunha sociedade mobilizada liderada pola mocidade, mulleres e homes que demostran o seu compromiso coa loita colectiva e que para nada son a xeración de cristal.

A folga xeral do 11N é un clamor contra a precariedade laboral e habitacional que lastra a millóns de persoas, e especialmente a mulleres e migrantes afectados por unha situación de vulnerabilidade económica.

A folga xeral do 11N é un chamamento para vivir dignamente, a non deixarnos a saúde no traballo, a non ser estigmatizados por empresarios carecedores de ética cando enfermamos, a que as nosas preocupacións por chegar a fin de mes e non ser desafiuzadas non nos aboquen á enfermidade mental.

A folga xeral do 11N confirma o compromiso da sociedade cuns servizos públicos que garantan a saúde, educación, coidados e vivenda evitando que sexan as persoas traballadoras as que llo teñan que pagar no sector privado.

UGT chama á folga xeral o 11 de novembro para desbloquear a negociación colectiva, para:

  • subir salarios
  • reducir a xornada
  • mellorar a saúde das persoas traballadoras
  • erradicar a precariedade
     

    UGT chama á folga xeral para emprazar a todas as administracións públicas a impulsar políticas que acaben coa especulación da vivenda.

UGT chama á folga xeral para que se poña control á deriva dos prezos que lastran as rendas da clase traballadora.

Fuente: UGT-Galicia