A sinistralidade mortal sobe case o 38% en Galicia no último ano e xa hai 12 falecidos nos dous primeiros meses de 2023

Fecha: 27 Abr 2023

28 de abril, Día mundial da seguridade e saúde no traballo

Cun incremento da sinistralidade mortal de case o 38% en Galicia no último ano e xa con 12 falecidos nos dous primeiros meses de 2023, urxen medidas reais e efectivas para poñer freo a esta lacra

Nos dous primeiros meses do ano Galicia é a segunda comunidade que máis persoas falecidas rexistra, igualada con Cataluña e Valencia, e tamén a segunda con maior índice de incidencia

Santiago, 27 de abril de 2023.- Un ano máis, UGT-Galicia lamenta que o 28 de abril, Día mundial da seguridade e saúde no traballo, teña que celebrarse denunciando a lacra da sinistralidade laboral que continúa presente no mercado laboral galego. E este ano arrancou, neste senso, con cifras moi negativas, situando a Galicia como a segunda comunidade con máis accidentes mortais, igualada con Cataluña e Valencia, e co segundo índice de incidencia de sinistros mortais tamén máis elevado. Custa moito dixerir como ano tras ano continúan producíndose mortes por causas facilmente evitables.

As cifras están aí e demostran que a sinistralidade laboral segue a ser a gran lacra do mercado de traballo. No ano 2022 rexistráronse en Galicia, segundo os datos publicados polo Ministerio de Traballo e Economía Social, 28.401 accidentes laborais, o que supón un leve descenso, dun 1,9 por cento, en relación ó ano anterior, cando se contabilizaban 28.976 accidentes. Hai que precisar que todas estas cifras inclúen os accidentes “in itinere” e só os accidentes con baixa, porque así o desagregan os datos do Ministerio.

Deste total, 27.891 foron accidentes de carácter leve, 437 graves e 73 mortais.

Por sección de actividade económica (aquí só se detallan os sinistros en xornada, non os in itinere), as que máis accidentes rexistran son a industria manufactureira, 6.078; seguida da construción, con 4.125; 3.181 no comercio ao por maior e menor e reparación de vehículos a motor; e actividades administrativas e servizos auxiliares, con 2.458.

Territorialmente, é a provincia da Coruña a que máis accidentes rexistrou, 12.609 e con 22 mortais. Pontevedra rexistrou 9.360, con 39 mortais; Lugo, 3.196, con 7 falecidos; e Ourense, 3.236, con 5 persoas mortas durante a súa xornada laboral.

Infartos e outras patoloxías non traumáticas son as causas que ocasionan máis accidentes mortais. Urxen medidas que reduzan os riscos psicosociais

Dentro dos accidentes laborais mortais a nivel de todo o Estado, 285 producíronse por infartos e outras patoloxías non traumáticas, sendo os máis numerosos (estes son datos estatais, xa que o Ministerio non desagrega por comunidades autónomas este dato e o ISSGA aínda non fixo públicas as estatísticas de 2022). Neste senso, UGT-Galicia demanda políticas que atendan á redución da incidencia dos riscos psicosociais entre a poboación traballadora, xa que tanto os infartos como os derrames cerebrais son patoloxías asociadas a este tipo de riscos laborais.

En canto ó índice de incidencia, accidentes por cada 100.000 traballadores, en Galicia este foi no 2022 de 2.530,7. Este índice, no caso dos sinistros mortais, situouse no 6,59, cando era no 2021 de 4,82.

Estas cifras son realmente elevadas, de feito Galicia é a terceira comunidade co índice de incidencia en sinistros mortais máis elevado, só superada por Murcia e La Rioja.

Tampouco se poden esquecer os accidentes de traballo nos que non foi necesaria a baixa, aínda que non se pode realizar a análise dos mesmos porque o Ministerio non facilita este dato e, como xa se comentou en parágrafos precedentes, o ISSGA aínda non facilitou os datos de 2022.

Incluír a COVID-19 no listado de enfermidades profesionais e atender no eido laboral á COVID persistente

O Ministerio tamén achega datos dos accidentes con baixa por COVID-19. En Galicia no 2022 rexístranse 67 casos. Neste senso, UGT-Galicia insiste en que neste país a COVID-19 segue sen estar incluída no listado de enfermidades profesionais, o que provoca que moitas persoas traballadoras queden desamparadas e sen a prestación que merecen. E, por outra banda, está a COVID persistente, con consecuencias laborais para quenes a sofren, esixe de políticas de prevención e de Seguridade Social específicas que aínda están sen desenvolver.

UGT denuncia a infradeclaración das enfermidades profesionais, sobre todo, nos cancros de orixe laboral sen ningunha comunicación. Tan só 1.261 casos rexistrados en Galicia

Mención aparte merecen as enfermidades profesionais, con tan só 1.261 casos rexistrados en Galicia no 2022, segundo datos facilitados polo Ministerio de Seguridade Social, o que evidencia a súa infradeclaración. Deste total, 35 corresponden a enfermidades causadas por axentes químicos; 991 por axentes físicos; 37 por axentes biolóxicos; 138 por inhalación de substancias ou axentes; 30 enfermidades da pel causadas por substancias e axentes non comprendidos nalgún dos apartados anteriores; e cero por axentes canceríxenos. Para UGT, o procedemento de notificación e o rexistro son inoperantes, privando ás persoas traballadoras do recoñecemento da orixe laboral da súa enfermidade e do acceso ás prestacións ás que ten dereito. Ademais de ter un impacto directo na prevención porque o que non se rexistra non existe e, polo tanto, non se adoptan medidas preventivas. E, se nalgún tipo de patoloxías é especialmente escandalosa a súa infradeclaración, é no caso dos cancros de orixe laboral. No 2022 non se comunicou ningún caso.

Galicia, a segunda comunidade con máis sinistros mortais nos dous primeiros meses de 2023

Nos dous primeiros meses de 2023, segundo os datos do Ministerio, Galicia rexistrou un total de 3.758 sinistros (incluídos os “in itinere”). Destes, 3.681 foron leves; 71 graves; e 12 resultaron mortais. De feito, Galicia foi a segunda Comunidade con máis falecidos, igualada con Cataluña e Valencia, e superada por Andalucía.

Facendo unha análise dos índices de incidencia dos accidentes mortais, é dicir, aqueles que relacionan o número de sinistros coa poboación asalariada na Comunidade, Galicia ocupa o segundo lugar, cun índice de 0,594. Só por enriba está Estremadura, cun 0,696. Estamos moi por enriba da media estatal, dun 0,247.

Por provincias, A Coruña rexistrou 1.513 sinistros; Pontevedra, 1.272; 519 Lugo; e 454 Ourense. A distribución dos mortais foi de 5 na Coruña, 2 en Ourense e 5 en Pontevedra. En canto ao índice de incidencia dos accidentes mortais, este foi de 0,571 na Coruña, 0,989 en Ourense e do 0,706 en Pontevedra.

Por todo isto, UGT-Galicia demanda, este 28 de abril, que a seguridade e saúde no traballo sexan un dereito real e efectivo.

Lembrar que a finais dos anos 80 do pasado século, os sindicatos estadounidenses elixiron o 28 de abril como xornada en memoria das vítimas de accidentes de traballo ou de enfermidades de orixe laboral. Esta conmemoración estendeuse na seguinte década polo conxunto do movemento sindical internacional e terminou por dar lugar á declaración do Día internacional da Seguridade e a Saúde no Traballo por parte da OIT en 2003.

En 2023 coinciden, por unha banda, o vixésimo aniversario da declaración oficial do 28 de abril e a aprobación das contornas laborais seguras e saudables como un dos seus cinco principios e dereitos fundamentais na última Conferencia da Organización Internacional do Traballo (OIT); e por outro, un momento crítico da prevención de riscos en España. Por este motivo, UGT fixo público o manifesto polo 28 de abril de 2023 co lema “Por un dereito á seguridade e a saúde no traballo, real e efectivo”. Para UGT-Galicia, é un día de recordo de todas aquelas persoas traballadoras que morreron ou sufriron as consecuencias dos accidentes de traballo e das enfermidades profesionais, tamén para mostrar o noso apoio e solidariedade coas súas familias e compañeiros.

Ademais, é un día de reivindicación e denuncia, xa que temos que visibilizar esta secuela. Cremos que a sociedade normalizou as mortes no traballo. Ademais, nin os Gobernos nin as administracións préstanlle a atención necesaria, algo inadmisible xa que a maioría dos accidentes de traballo poderíanse evitar se se cumprise a normativa en materia de prevención de riscos laborais.

No manifesto sinálase como, tras o impacto da pandemia, España está a atravesar un período de incremento da incidencia de accidentes de traballo, especialmente intenso no caso dos accidentes mortais, o cal é un indicador da deterioración das condicións laborais. Así mesmo, insístese na invisibilización dos danos debidos ás enfermidades de orixe laboral produto do subrexistro de enfermidades profesionais.

O manifesto aborda os cambios necesarios para mellorar a prevención fronte aos axentes canceríxenos, para actuar no ámbito laboral fronte á epidemia de saúde mental ou para afrontar os retos asociados ás transicións dixital e demográfica, así como ao cambio climático, sen esquecer a necesidade de incorporar a perspectiva de xénero na prevención de riscos laborais.

Ademais, este 28 de abril queremos homenaxear e recoñecer especialmente ás persoas traballadoras que morreron ou sofren unha enfermidade por mor do amianto e as súas familias, e especialmente ás mulleres, que en moitos casos tamén enfermaron e morreron por lavar a roupa dos seus familiares expostos a este canceríxeno nos seus postos de traballo.

O manifesto reivindica o cumprimento efectivo nas empresas da lexislación de prevención de riscos laborais e a posta en marcha por parte dos poderes públicos de políticas públicas de saúde laboral, empezando pola aprobación dos plans de acción da recentemente asinada Estratexia Española de Seguridade e Saúde no Traballo 2022-2027. E esixe a convocatoria sen demora da Mesa de Diálogo Social en materia de prevención de riscos laborais, anunciada polo Ministerio de Traballo e Economía Social na propia firma da Estratexia.

Á Xunta, UGT-Galicia esíxelle diálogo e medidas para erradicar esta lacra. Porque non pode esquecer a Administración galega que esta Comunidade segue, un ano máis, á cabeza en sinistralidade mortal. A prevención debe situarse no centro e hai que facer da saúde laboral un dereito fundamental. Hai que poñer o foco na prevención de riscos laborais e nas condicións de seguridade e saúde nos centros de traballo. Hai que repensar o modelo de xestión preventiva nas empresas e fortalecer os organismos con competencias en materia de seguridade e saúde no traballo.


 

 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 


 

ACCIDENTES DE TRABALLO CON BAIXA, EN XORNADA E IN ITINERE

AVANCE XANEIRO-FEBREIRO 2023 (MINISTERIO DE TRABALLO E ECONOMÍA SOCIAL)

EN XORNADA IN ITINERE

 

TOTAL

LEVES

GRAVES

MORTAIS

TOTAL

LEVES

GRAVES

MORTAIS

GALICIA

3.369

3.292

65

12

389

383

6

-

CORUÑA

1.371

1.344

22

5

142

139

3

-

LUGO

470

453

17

-

49

47

2

-

OURENSE

425

416

7

2

29

29

-

-

PONTEVEDRA

1.103

1.079

19

5

169

168

1

-


 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


 


 

EN XORNADA IN ITINERE

 

 

TOTAL

LEVES

GRAVES

MORTAIS

 

TOTAL

LEVES

GRAVES

MORTAIS

GALICIA

 

25.736

25.270

399

67

 

2.665

2.621

38

6

Coruña (A)

 

11.533

11.368

146

19

 

1.076

1.055

18

3

Lugo

 

2.972

2.913

54

5

 

224

218

4

2

Ourense

 

2.972

2.932

35

5

 

264

263

1

-

Pontevedra

 

8.259

8.057

164

38

 

1.101

1.085

15

1


 

ACCIDENTES DE TRABALLO CON BAIXA, EN XORNADA E IN ITINERE, SEGUNDO GRAVIDADE

GALICIA. TOTAL. XANEIRO DECEMBRO DE 2022 (Ministerio de Traballo e Economía Social)

EN XORNADA IN ITINERE

 

 

TOTAL

LEVES

GRAVES

MORTAIS

 

TOTAL

LEVES

GRAVES

MORTAIS

GALICIA

 

26.390

25.929

413

48

 

2.586

2.541

40

5

Coruña (A)

 

11.724

11.531

171

22

 

1.069

1.049

18

2

Lugo

 

2.966

2.908

53

5

 

226

222

3

1

Ourense

 

2.763

2.720

37

6

 

247

245

2

-

Pontevedra

 

8.937

8.770

152

15

 

1.044

1.025

17

2


 

ACCIDENTES DE TRABALLO CON BAIXA, EN XORNADA E IN ITINERE, SEGUNDO GRAVIDADE

GALICIA. TOTAL. XANEIRO DECEMBRO DE 2021 (Ministerio de Traballo e Economía Social)

Fuente: UGT-Galicia