A sinatura en Galicia de 100.000 contratos nun só mes evidencia altos índices de rotación laboral e precariedade
Fecha: 02 Ago 2016

O Servizo Público de Emprego ven de publicar os datos do paro referidos ao mes de xullo. Uns datos que reflicten unha significativa baixada do desemprego, tanto en Galicia como no resto do Estado, algo que UGT-Galicia valora, pero que amosan tamén o carácter estacional do emprego que se crea, marcado pola temporada estival, e os altos índices de rotación e precariedade na contratación, con case 100.000 contratos asinados en Galicia nun só mes.
Os datos demostran que se estende a precariedade no emprego, a desigualdade no mercado de traballo e aumenta a pobreza laboral, a porcentaxe de contratos indefinidos sobre o total no mes de xullo é tan só do 6 por cento. Estes resultados son as consecuencias das reformas laborais impostas e as súas secuelas, así como, das políticas de emprego ineficaces, máis baseadas na redución de custes pola vía da devaluación salarial e das bonificacións de cotizacións sociais, que na mellora da empregabilidade dos desempregados.
Para UGT-Galicia, non é suficiente con crear emprego, senón que urxe reverter a traxectoria de empeoramento da calidade do emprego e reforzar as políticas de protección por desemprego e as prestacións contributivas e asistenciais para aumentar a cobertura porque máis da metade das persoas desempregadas en Galicia xa non perciben ningún tipo de prestación. Nos últimos anos a taxa caeu en máis de 25 puntos.
A recuperación económica debería vir acompañada de políticas co obxectivo do cambio de modelo produtivo. Para elo, é necesario un plan de choque dirixido a xerar empregos de calidade, a reducir o desemprego de longa duración, a acabar coa precariedade e parcialidade involuntaria e a incrementar a protección aos desempregados.
Para UGT-Galicia, é fundamental que a recuperación económica se traslade ás persoas, reducindo a enorme desigualdade e a pobreza xeradas polas políticas de austeridade, o que require máis emprego e de mellor calidade, con condicións laborais dignas e con políticas salariais que permitan a recuperación do poder adquisitivo perdido durante a crise.
Concretando os datos que ofrece hoxe o SEPE para Galicia, estes indican que o mes de xullo remata con 195.457 desempregados, caendo o paro nun 5,72 por cento (11.863 desempregados menos) en relación ao mes de xuño e nun 9,7 por cento en relación a hai un ano.
A DESIGUALDADE DO MERCADO LABORAL CONTINÚA PRESENTE
A desigualdade no mercado laboral segue presente. A contracción do desemprego beneficia máis aos homes. Así, a baixada do paro foi do 6,8 por cento entre os homes, fronte a un 4,8 por cento entre as mulleres. En termos interanuais sucede o mesmo, baixa un 11 por cento no caso masculino e un 8,54 por cento no feminino.
Entre os menores de 25 anos o paro cae no mes nun 9,73 por cento e no ano ano nun 16,3 por cento, fronte ao 9,7 por cento do total de idades. Isto evidencia a saída de efectivos de Galicia e a falta de relevo xeracional.
Por sectores, o paro contráese en todos pero con maior peso no de servizos polas contratacións propias da época estival. De feito, o 65 por cento do total da baixada do desemprego corresponde a este sector.
TAN SÓ O 6 POR CENTO DOS CONTRATOS NO MES DE XULLO SON INDEFINIDOS
En termos de contratación, esta sube fortemente, nun 6,64 por cento, fronte á caída do 5,42 por cento do Estado. Non obstante, hai que advertir que caen os contratos indefinidos, o 2,3 por cento, e medran os temporais, o 7,3 por cento. A porcentaxe de contratos indefinidos sobre o total no mes de xullo é tan só do 6,01 por cento, caendo incluso máis que no mes anterior.
Resulta moi preocupante que en Galicia 99.487 contratos foron asinados tan só nun mes. Comparado isto co número total de asalariados que hai nesta Comunidade, 811.000, resulta unha cifra moi elevada que evidencia os altos índices rotación laboral e precariedade.
Outra pata deste complexo banco que resulta o mercado laboral son os índices de cobertura por desemprego, cada vez máis baixos e que deixan na cuneta a miles de familias que xa non perciben ingresos. A cifra de beneficiarios con prestacións por desemprego en Galicia é de tan só 96.568 persoas. O carácter contributivo desta prestacións tamén está baixo mínimos. Hai nesta Comunidade tan só 37.615 beneficiarios de prestacións contributivas, o 39 por cento do total. Así, a taxa de cobertura é en Galicia do 50,8 por cento, fronte ao 55,1 por cento do resto do Estado. A prestación por desemprego xa é maioritariamente de carácter asistencial.
Isto supón que, ademais de ser cada día menos as prestacións estas son cada día máis baixas, xa que, mentres a percepción media bruta das contributivas é de 772,3 euros, as contías das asistenciais non superan os 426 euros.
111.000 PARADOS EN GALICIA XA SEN NINGÚN TIPO DE PRESTACIÓN
Hai 111.000 persoas paradas xa sen ningún tipo de cobertura, o 53,4 por cento dos desempregados galegos. A taxa de cobertura está en mínimos históricos, por moito que baixe o desemprego a situación das persoas en paro segue empeorando.
En canto á media de afiliados á Seguridade Social, é en Galicia de 973.973, un 1,67 por cento máis no mes. Galicia continúa afastada do millón de afiliados de antes da crise.
NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE Secretario de Política Sindical. Emprego e Seguridade Social DE UGT-GALICIA, LUIS BANEIRA GÓMEZ; TELÉFONO: 606649157.
GALICIA | Xullo 2016 | VARIACIÓN SOBRE | |||
|
| Mes anterior | Mesmo mes ano anterior | ||
|
| nº | % | nº | % |
DESEMPREGO | |||||
Nº desempregados rexistrados | 195.457 | -11.863 | -5,7 | -20.914 | -9,7 |
* homes | 87.743 | -6.445 | -6,8 | -10.857 | -11,0 |
* mulleres | 107.714 | -5.418 | -4,8 | -10.057 | -8,5 |
Nº parados mozos < 26 anos | 9.056 | -976 | -9,7 | -1.758 | -16,3 |
Nº desempregados por sectores* |
|
|
|
| |
* agricultura | 7.034 | -759 | -9,7 | -385 | -5,2 |
* industria | 23.591 | -1.369 | -5,5 | -4.040 | -14,6 |
* construción | 22.571 | -1.551 | -6,4 | -4.403 | -16,3 |
* servizos | 125.367 | -7.726 | -5,8 | -10.202 | -7,5 |
* sen emprego anterior | 16.894 | -458 | -2,6 | -1.884 | -10,0 |
Beneficiarios prestación por desemprego (xuño) | 96.568 |
| |||
Taxa de cobertura prestación por desemprego (xuño) | 50,83 | ||||
Parados totais sen nengún tipo de prestación (xuño) | 110.752 | ||||
CONTRATACIÓN |
|
|
|
|
|
Nº contratos | 99.487 | 6.194 | 6,6 | 556 | 0,6 |
Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos) | 5.980 | -141 | -2,3 | -55 | -0,9 |
Nº contratos temporais | 93.507 | 6.335 | 7,3 | 611 | 0,7 |
AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL |
|
|
|
| |
Nº afiliados (datos provisionais) | 973.973 | 16.045 | 1,7 | 16.094 | 1,7 |
Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do MEYSS