Servizo de Atención a Mulleres

Fecha: 05 Jul 2018

CONVOCATORIA ENTIDADES INICIATIVA SOCIAL 2018 - FSE


CONVOCATORIA.- Resolución do 29 de decembro de 2017, da Secretaría Xeral da Igualdade, pola que se establecen as bases reguladoras que rexerán as subvencións a entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro para programas dirixidos a mulleres en situación de especial vulnerabilidade cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, con cargo ao Programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede a súa convocatoria no ano 2018 (SI427A) (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2018)

Tipos de programas (artigo 1)

  1. Programa de recursos integrais específicos para mulleres xestantes ou lactantes con fillas ou fillos menores de tres anos, en situación de especial vulnerabilidade.
  2. Programa de recursos integrais de atención personalizada e especializada para mulleres en situación de especial vulnerabilidade, pertencentes a un ou varios colectivos nos que concorra dita situación, segundo a relación que figura na disposición adicional única desta resolución.

    Cada entidade só poderá solicitar subvención para o desenvolvemento dun programa e non serán subvencionables os programas de atención integral dirixidos en exclusiva a persoas en situación de explotación sexual e/ou vítimas de trata de seres humanos con fins de explotación sexual e/ou laboral, por contar cunha convocatoria de axudas específica.

    Mulleres en situación de especial vulnerabilidade: para os efectos desta convocatoria, aquelas nas que concorra algunha circunstancia das establecidas na disposición adicional única da propia resolución de convocatoria.

Accións subvencionables (artigo 5.3)

As actuacións desenvolvidas no correspondente programa deberán encadrarse nalgún dos seguintes tipos:

  1. Servizos de orientación e información sobre recursos singularizados, de atención, orientación e asesoramento persoal e social, así como de apoio directo nas relacións con outras entidades, organismos e servizos que faciliten ás persoas usuarias o seu proceso de integración social.
  2. Servizo de atención psicolóxica.
  3. Servizo de asesoramento xurídico.
  4. Servizo de mediación intercultural e/ou familiar.
  5. Actividades para a adquisición de habilidades persoais e sociais básicas ou de competencias para a mellora da empregabilidade.
  6. Servizos ou medidas de apoio e orientación laboral para a mellora da empregabilidade e de acompañamento na busca de emprego, incluído o emprego por conta propia e o emprendemento, así como a prospección do mercado de traballo, a intermediación e a titorización laboral e profesional.

    Non serán obxecto de subvención as actividades de mero lecer, recreo, lúdicas ou culturais.

Compatibilidade con outras axudas (artigo 3)

As subvencións obxecto desta convocatoria son incompatibles con calquera outra axuda pública para a mesma actuación ou actividade.

 

Entidades beneficiarias (artigo 4)

Entidades de iniciativa social sen ánimo de lucro que cumpran os requisitos, condicións e obrigas previstas nesta convocatoria e na normativa xeral de subvencións, en particular as seguintes:

a) Estar inscritas na área de igualdade do Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.

b) Ter domicilio social ou delegación en Galicia.

c) Non atoparse en ningunha das circunstancias e prohibicións establecidas nos apartados 2 e 3 do artigo 10 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. A acreditación de non estar incursa en ningunha delas realizarase mediante declaración responsable da entidade interesada.

Todos os requisitos e condicións esixidas deberán cumprirse na data na que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

 

Período subvencionable e contía máxima da axuda(artigos 5.4 e 5.6)

O período de referencia para o desenvolvemento do programa e para imputación dos gastos subvencionables será o comprendido entre o 1 de outubro de 2017 e ata o 30 de setembro de 2018.

A contía máxima da axuda que se pode conceder a cada entidade ao abeiro desta convocatoria é de 40.000 €.

 

Custo simplificado para a determinación da contía da axuda (artigos 5.5 e 6; artigo 21.4 e s)

 

Gastos subvencionables: os derivados da execución do programa obxecto de subvención, referidos a custo directos de persoal, outros custos directos e custos indirectos relacionados e nos termos establecidos no artigo 6 desta resolución.

Custo simplificado: para a determinación do gasto subvencionable e do importe da subvención emprégase o sistema de custos simplificados, segundo o custo unitario que corresponda por hora efectivamente traballada, incluído o 20% en concepto de gastos directos e indirectos derivados da actuación, por cada profesional que leve a cabo as actuacións de atención ás persoas usuarias, ata un máximo de 1720 horas por profesional, para o período subvencionable de 12 meses, que se corresponden coa dedicación dunha ou dun profesional a xornada completa. Segundo a actividade profesional a desenvolver, o custo unitario por hora efectivamente traballada será de:

- 20,89 €/h: traballadoras/es sociais, psicólogas/os, asesoras/es xurídicos, educadoras/es, terapeutas, orientadoras/es ou técnicas/os en integración social e/ou laboral, mediadoras/es, intérpretes, similares ou equivalentes, que requiran de titulación universitaria ou en FP complementada con experiencia profesional e/ou formación especializada.

- 16,23 €/h: monitoras/es, coidadoras/es, similares ou equivalentes que non requiran da anterior titulación.

Nº mínimo de mulleres atendidas: en función do número de horas totais declaradas pola entidade, tendo en conta que para 1720 horas será necesario acreditar un número mínimo de 40 mulleres atendidas, das cales o 60% (24) deberán ter realizadas, polo menos, seis intervencións presenciais das recollidas no apartado 3 do artigo 5. O número de persoas atendidas incrementarase ou minorarase proporcionalmente en función do número de horas totais declaradas pola entidade.

No caso de programas de recursos integrais de atención personalizada e especializada dos previstos no artigo 5.1.b) desenvolvidos en centros ou pisos de acollida para mulleres que precisan dunha especial protección por concorrer nelas diversos factores de especial vulnerabilidade que agravan a situación de exclusión social e laboral, e para as que resulta imprescindible un recurso de acollemento, esixirase para unha dedicación dun ou dunha profesional a xornada completa (1720 h) a atención de 15 mulleres que deberán ter realizadas, polo menos seis intervencións presenciais das recollidas no apartado 3 do artigo 5. O número de persoas atendidas incrementarase ou minorarase proporcionalmente en función do número de horas totais declaradas pola entidade.

Minoración proporcional da axuda: cando non se xustifique a totalidade das horas previstas de traballo efectivamente realizado, indicadas pola entidade na súa solicitude e tidas en conta para a asignación da subvención, segundo o establecido no artigo 5.5 da resolución. Tamén procederá a minoración cando o número de persoas atendidas ou o numero mínimo de usuarias con seis intervencións sexan inferiores aos que correspondan segundo as horas efectivamente xustificadas.

Así mesmo , procederá a minoración do 2% sobre a contía total da axuda concedida nos seguintes supostos: cando a temporalización do programa sexa inferior ao tramo tido en conta na valoración da solicitude, segundo o previsto no artigo 13.1.B), ou, cando o número de actuacións desenvolvidas sexa inferior ao tido en conta na valoración da solicitude segundo o previsto no artigo 13.1.D.4.

Presentación de solicitudes e prazo (artigo 7)

Presentación: deberá realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https:/sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia s (https:/sede.xunta.gal).

Prazo de presentación de solicitudes: Dende o día seguinte á publicación desta resolución no DOG e ata o 26 de febreiro de 2018.

(Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día de prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes do vencemento non houber día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo finaliza o último do mes).

Réxime de concesión (artigo 1.3; art. 12; art.13; artigo 18)

Estas axudas concédense en réxime de concorrencia competitiva. A avaliación das solicitudes pola comisión de valoración prevista no artigo 12, realizarase de acordo cos criterios establecidos no artigo 13.

Unha vez concedida a axuda procederá o pagamento dun anticipo do 80% da contía concedida.

PRAZO DE XUSTIFICACIÓN (artigo 17)

As entidades beneficiarias deberán presentar a documentación xustificativa da realización do programa de recursos integrais subvencionado con data límite do 11 de outubro de 2018.