Seguimento masivo da folga na Xustiza galega

Fecha: 01 Dic 2017

As organizacións sindicais con representación na Mesa de negociación da Administración de Xustiza en Galiza (SPJ-USO, CUT, UGT, CSIF, STAJ, CIG e CCOO) convocaron para os días 1 e  13 de decembro dúas xornadas de folga para denunciar os recortes aplicados na administración de Xustiza de Galicia. Segundo os sindicatos convocantes, na xornada de folga do día de hoxe o seguimento por parte dos empregados/as públicos do sector foi masivo, acadando incluso o cen por cento en varios xulgados.
As organizacións convocantes denuncian o desmantelamento que a Xunta está a facer da Xustiza, obviando que os recortes están afectando, non só aos traballadores de Xustiza, senón a toda a cidadanía, atrasando os tempos de resposta.
Por todo isto, os traballadores e traballadoras da Administración de Xustiza de Galicia decidiron convocar estas dúas xornadas de folga que, de non atenderse as demandas sindicais, poderían converterse en folga indefinida a partir de finais de xaneiro.
Os empregados públicos da Xustiza galega denuncian que traballan en condicións precarias cunha absoluta falta de medios humanos e materiais. Nos últimos anos, mentres os expedientes aumentaban, reduciuse persoal e non se crearon novos xulgados. Ademais, a galega é a Administración máis arcaica de todo o Estado, con sistemas informáticos da prehistoria das tecnoloxías.
Ademais, o persoal de Xustiza de Galicia é o que percibe as retribucións máis baixas do Estado e permítese que nun mesmo centro de traballo coexistan persoas ocupando postos similares e desenvolvendo as mesmas funcións pero percibindo salarios distintos. 
Os sindicatos convocantes tamén denuncian que as baixas por enfermidade son castigadas con descontos salariais sen que a praza desocupada se cubra por outra persoa, producíndose un enriquecemento da Administración que non revirte na mellora do servizo, cousa que no ocorre na maior parte das comunidades autónomas.
É evidente que todo isto repercute de xeito moi negativo non só nos traballadores da Xustiza galega, senón tamén no conxunto da cidadanía, xa que resulta moi difícil ofrecer un servizo de calidade, áxil e eficaz nestas circunstancias. 
O seguimiento da folga en Galicia 
Vigo
95%
Lalín
85%
Ourense
90%
A Estrada
100%
Santiago
75%
 Vilagarcía
90%
Pontevedra
95%
 Marín
100%
Coruña
90%
Porriño
100%
Lugo
83%
Caldas
95%
Ferrol
76%
Tui
90%
Cangas
100%
Cambados
98%
Redondela
90%



SUSPENDÉRONSE TODOS OS XUÍZOS EN GALICIA EXCEPTO OS DE “CAUSA CON PRESO”
Os sindicatos convocantes fan fincapé en que suspendéronse os xuízos na xurisdicción civil, por exemplo, en Ourense o Xulgado de Instancia num.5 suspendeu 7 xuízos, Instancia núm. 3 suspendeu tres xuízos e 7 audiencias previas o Xulgado de Mercantil de Ourense suspendeu 11 xuízos sobre reclamacións de Cláusulas solo.
En toda Galicia, onde había xuízos, suspendéronse todos na Xurisdicción Social, Civil e Contencioso-administrativo.
Só se celebraron os xuízos de causa con preso por estar así establecido nos servizos mínimos.​
Fuente: FeSP-UGT