Rotación, temporalidade e estacionalidade debuxan un mercado laboral inestable que provoca peores cotizacións á Seguridade Social

Os datos facilitados hoxe polo INEM, aínda que reflicten unha caída do desemprego, tamén apuntan a que a creación de postos de traballo que tivo lugar neste mes estivo marcada pola rotación, temporalidade e estacionalidade (Semana Santa). Todo isto contribúe a debuxar un mercado laboral inestable, no que o emprego que se crea é temporal e precario, basicamente como consecuencia da reforma laboral. Este emprego de baixa calidade conduce a menos e peores cotizacións á Seguridade Social, o que pon en risco as pensións.

Nun mes no que é habitual a contracción do desemprego e que, ademais, este ano coincide coa celebración da Semana Santa, o paro baixou en Galicia un 1,48 por cento, 3.471 persoas desempregadas menos. Quedando así as cifras do desemprego en Galicia nun total de 231.797 persoas paradas.

Interanualmente, o desemprego tamén baixou nun 8,1 por cento, 20.340 desempregados menos.

Un mes máis, detéctase a contracción da poboación en idade de traballar pola saída cara fóra na busca dun futuro mellor ou polo retorno de inmigrantes cara os seus países de orixe.

Por sexos, cae máis o desemprego entre os homes, nun 1,9 por cento, fronte ao 1,1 por cento entre as mulleres. As mulleres representan o 53,9 por cento do desemprego total. En relación a hai un ano, o paro cae en ambos sexos pero tamén máis entre os homes, nun 9,71 por cento, fronte ao 6,61 por cento de caída do desemprego entre as mulleres. Un mes máis constátase que a tímida mellora do mercado laboral beneficia máis aos homes. A desigualdade continúa presente.

Provincialmente, o desemprego no mes de marzo baixa en todos os territorios. En Lugo nun 2,56 por centos, en Pontevedra nun 1,96 por cento, en Ourense nun 1,44 por cento e un 0,71 por cento en A Coruña. En termos interanuais tamén se contrae en todas as provincias por enriba do 7 por cento.

ENTRE OS MÁIS MOZOS SI MEDRA O DESEMPREGO

O desemprego, entre os menores de 25 anos, sitúase en 12.204 persoas e, contrariamente ao que sucede no resto das idades, medra nun 0,67 por cento. Sen embargo, no ano a caída é superior, do 11,88 por cento. Aquí constátase a saída de efectivos cara fóra, así como, a falta de relevo xeracional.

Por sectores, o desemprego medra tan só no colectivo de sen emprego anterior, nun 0,49 por cento. O sector servizos, polas contratacións rexistradas durante a Semana Santa, é o que rexistra o 79 por cento das contratacións, baixando o paro nun 1,82 por cento. En relación a hai un ano, son os sectores da industria e construción os que rexistran as maiores caídas do desemprego, do 14,1 e do 13,6 por cento, respectivamente.

En relación ás cifras de contratación, no mes medran os contratos nun 9,33 por cento, os indefinidos nun 5,02 por cento e os temporais, por mor da Semana Santa, nun 9,8 por cento. De feito, a porcentaxe de contratos indefinidos sobre o total no mes de marzo foi tan só do 9,17 por cento.

EN TAN SÓ UN MES FIXÉRONSE 67.364 CONTRATOS. CONSTÁTASE PRECARIEDADE E ALTOS NIVEIS DE ROTACIÓN LABORAL

As estatísticas facilitadas hoxe revelan un dato moi significativo, en tan só un mes, en Galicia, fixéronse 67.364 contratos. Isto constata a precariedade destes contratos, que non se consolidan e os altos niveis de rotación laboral.

No relativo ás prestacións, as cifras inciden na precariedade da cobertura por desemprego e na necesidade de que o Goberno garanta a protección social, as pensións, que de continuidade ao Programa de activación para o emprego, que remata o 15 de abril, pero flexibilizando os criterios de acceso para que chegue a máis xente, ademais de potenciar políticas activas de emprego que melloren a empregabilidade e a formación dos parados, actuando sobre o desemprego estrutural do país.

Segundo o último dato dispoñible, febreiro de 2016, a cifra de beneficiarios de prestacións en Galicia é de 113.697 persoas. A isto hai que engadirlle que o carácter contributivo desta prestacións está en mínimos, tan só o 40,9 por cento do total dos beneficiarios de prestacións o son das de carácter contributivo. A taxa de cobertura é do 52,45 por cento, dous puntos por debaixo da do resto do Estado. Pódese afirmar que a prestación por desemprego ten un marcado carácter asistencial.

MÁIS DE 120.000 PERSOAS SEN NINGÚN TIPO DE COBERTURA

Hai 121.571 persoas sen ningún tipo de cobertura en Galicia, o que supón o 51,7 por cento dos desempregados, cos fortes riscos de exclusión social que isto supón.

Por outra banda, os datos facilitados hoxe indican que a media de afiliados á Seguridade Social en Galicia é de 940.548, medrando nun mes nun 0,54 por cento. Aínda así, a evolución é menos acusada que no resto do Estado onde se superan os 17 millóns de afiliados, mentres en Galicia seguimos afastados do millón de afiliados de antes da crise.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE POLÍTICA SINDICAL, RELACIÓNS LABORAIS E FORMACIÓN DE UGT-GALICIA, JOSÉ DOMINGO BARROS. TELÉFONO: 679451570.

GALICIA

mar-16

VARIACIÓN SOBRE

 

 

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

 

 

%

%

DESEMPREGO

Nº desempregados rexistrados

231.797

-3.471

-1,5

-20.340

-8,1

* homes

106.796

-2.067

-1,9

-11.489

-9,7

* mulleres

125.001

-1.404

-1,1

-8.851

-6,6

Nº parados mozos < 26 anos

12.204

81

0,7

-1.645

-11,9

Nº desempregados estranxeiros

11.624

-105

-0,9

 

 

Nº desempregados por sectores*

 

 

 

 

* agricultura

8.673

-251

-2,8

-383

-4,2

* industria

27.818

-76

-0,3

-4.567

-14,1

* construción

27.591

-464

-1,7

-4.331

-13,6

* servizos

149.138

-2.770

-1,8

-9.127

-5,8

* sen emprego anterior

18.577

90

0,5

-1.932

-9,4

Beneficiarios prestación por desemprego (febreiro)

113.697

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (febreiro)

52,45

Parados totais sen ningún tipo de prestación (febreiro)

121.571

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

67.364

5.750

9,3

3.522

5,5

Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

6.176

295

5,0

297

5,1

Nº contratos temporais

61.188

5.455

9,8

3.225

5,6

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº afiliados (datos provisionais)

940.548

5.011

0,5

17.487

1,9

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do MEYSS

Fuente: UGT-Galicia