A remuneración dos asalariados en Galicia en mínimos históricos, representa o 42,7%, fronte ao 47,3% das rendas empresariais

Os datos publicados hoxe referidos á contabilidade trimestral poñen de manifesto, como dende UGT-Galicia xa se denunciou en reiteradas ocasións, que o crecemento económico non se está a trasladar aos salarios. É dicir, o conxunto das familias deste país non están a participar da recuperación.

Os salarios en Galicia seguen sen recuperar o posto que lle corresponde na economía. Abaratáronse os custos laborais, os traballadores son vítimas de incisivos recortes dos seus dereitos laborais e, aínda por riba, promoveuse un cuantioso trasvase de rendas das persoas asalariadas ás empresas. A consecuencia disto é que as empresas saíron da crise hai tempo, recuperando os niveis de beneficios anteriores ao ano 2008, pero non así as persoas traballadoras ás que aínda lles falta moito para recuperar os niveis salariais previos á crise.

Os datos están aí. Segundo as Contas trimestrais de Galicia feitas públicas hoxe polo IGE, o conxunto da poboación asalariada percibía no ano 2008 o 46,9% do PIB, mentres que o empresariado percibía o 45%. É dicir, as rendas do traballo ocupaban o primeiro lugar como viña ocorrendo, polo menos, dende comezos dos anos 90 do século pasado.

Pero, segundo os datos de renda publicados do cuarto trimestre de 2017, a poboación asalariada galega pasou a percibir o 43% do PIB, fronte ao 47% que percibe o empresariado.

Se se toman para a análise os datos da media do ano 2017, a situación non é que non mellore, senón que incluso empeora para os traballadores. A porcentaxe baixa ata o 42,7% para os asalariados e as rendas empresariais soben ata representar o 47,3%.

Isto supón unha caída de 4,2 puntos no reparto do PIB para os asalariados galegos dende o ano 2008. Pola contra, a situación para os beneficios empresariais si mellorou, en 2,3 puntos.

A CRISE TROUXO CONSIGO UN CLARO TRASVASE DAS RENDAS DO TRABALLO CARA OS BENEFICIOS EMPRESARIAIS E A RECUPERACIÓN ECONÓMICA NON CORRIXE ESTA SITUACIÓN

A crise o que trouxo consigo foi un claro trasvase das rendas do traballo cara os beneficios empresariais que a recuperación económica non está a corrixir, todo o contrario.

De feito, o volume de remuneracións de persoas asalariadas está en mínimos históricos, o contrario do que lles acontece aos excedentes de explotación/rendas mixtas.

Pero é esta a tendencia no conxunto do Estado?. Pois non. Aínda que si é certo que no conxunto do Estado tamén existe unha perda do peso da remuneración de asalariados sobre o total das rendas dende o 2008 ao 2017 (do 50,1% ao 47,3%), seguen a manterse no primeiro lugar as rendas salariais. Pero en Galicia, cunha tendencia máis negativa e contraria, dende o 2012 as rendas dos traballadores cederon o posto ás rendas empresariais, arrebantándolle así a primacía ostentada, polo menos, dende comezos dos anos 90 do século pasado.

OS ASALARIADOS PERDEN 1.254 MILLÓNS DE EUROS MENTRES AS RENDAS EMPRESARIAIS GAÑAN 2.653

O que sería razoable é que a crise afectase a ambas partes, salarios e beneficios empresariais, dun xeito paralelo pero non foi así. Se se compara o montante total destinado ás persoas traballadoras nos anos 2008 e 2017 prodúcese unha diminución do 4,6%. Se a análise se fai do montante total destinado aos excedentes, estes aumentan un 10,1%. O trasvase da remuneración de asalariados, que perden 1.254 millóns de euros, aos excedentes de explotación bruto/renda mixta bruta, que gaña 2.653 millóns e de euros, é claro.

A MAIOR PERDA DAS RENDA DÁSE NA INDUSTRIA, CONSTRUCIÓN E ACTIVIDADES FINANCEIRAS E SEGUROS

Por ramas de actividade, ao comparar 2008 e o 2007, as máis prexudicadas, onde se produce unha maior perda das rendas, son a industria, construción e actividades financeiras e de seguros. As persoas asalariadas destas tres ramas, que partían dunha remuneración de 9.453 millóns de euros, sofren unha perda de xeito agregado de 2.611 millóns de euros, en termos relativos o descenso é dun 27,6%.

Neste contexto, tamén hai que subliñar e denunciar que aínda faltan por recuperar 193.202 postos de traballo a tempo completo, se se compara o primeiro trimestre de 2008 co primeiro trimestre de 2018, destes 155.552 corresponden a poboación asalariada.

O CRECEMENTO ECONÓMICO TRASLÁDASE EN MAIOR MEDIDA AOS BENEFICIOS EMPRESARIAIS QUE Á CREACIÓN DE EMPREGO

A tan “publicitada” por algúns recuperación económica está a ter efectos ben distintos sobre o crecemento do PIB ou sobre o crecemento do emprego a tempo completo. Isto implica que o crecemento económico trasládase en maior medida a beneficios empresariais que á mellora do emprego. Para UGT-Galicia, resulta inxusto que nas fases recesivas os axustes fixéronse a costa do emprego e salarios e agora que chega unha fase expansiva son os beneficios empresariais os máis beneficiados. A debilidade do emprego segue a ser indiscutible en Galicia.

​ 

EVOLUCIÓN DA ESTRUTURA DA RENDA 2000-2017


Remuneración dos asalariados (RA)

Excedente de explotación bruto / Renda mixta bruta

Impostos netos sobre a produción e as importacións

2000

46,5

43,4

10,1

2001

46,0

44,1

9,9

2002

46,1

44,0

9,9

2003

46,2

43,7

10,1

2004

45,7

44,0

10,3

2005

45,6

43,6

10,8

2006

45,6

43,8

10,5

2007

46,2

44,0

9,8

2008

46,9

45,0

8,1

2009

48,0

43,8

8,1

2010

46,9

44,1

9,0

2011

46,7

44,3

9,0

2012

45,4

45,0

9,6

2013

44,7

45,6

9,8

2014

44,0

46,1

9,9

2015

43,6

46,3

10,0

2016

43,1

46,9

10,0

2017/I

42,7

47,3

10,0

2017/II

42,6

47,4

10,0

2017/III

42,6

47,5

10,0

2017/IV

43,0

47,0

9,9

2017

42,7

47,3

10,0

Fonte: Gabinete Económico UGT Galicia a partir de Contas económicas trimestrais IGE - INE



ESTRUTURA DA RENDA ESTADO/GALICIA ANO 2017


Estado

2017

(millóns euros)

Estrutura

%

Galicia

2017

(millóns euros)

Estrutura

Remuneración dos asalariados

550.272

47,3

26.134

42,7

Excedente de explotación bruto / Renda mixta bruta

493.627

42,4

28.916

47,3

Impostos netos sobre a produción e as importacións

119.763

10,3

6.090

10,0

PRODUTO INTERIOR BRUTO a prezos de mercado

1.163.662

100,0

61.141

100,0

Fonte: Gabinete Económico UGT Galicia a partir de Contas económicas trimestrais IGE – INE



ESTRUTURA RENDA 2008-2017



Datos corrixidos de estacionalidade e calendario


Prezos correntes (millóns de euros)

2008

2012

2016



2017

Diferencia 2017-2008

Remuneración dos asalariados (RA)

27.388,4

24.711,3

25.331,6

26.134,1

(1.254)

Excedente de explotación bruto / Renda mixta bruta

26.263,5

24.491,1

27.541,4

28.916,4

2.653

Impostos netos sobre a produción e as importacións

4.727,5

5.198,9

5.867,5

6.090,2

1.363

PIB a prezos

58.379,3

54.401,3

58.740,6

61.140,7

2.761

Fonte: Gabinete Económico UGT Galicia a partir de IGE. Contas económicas trimestrais



ESTRUTURA RENDA IV trimestre 2008- IV trimestre2017


Datos corrixidos de estacionalidade e calendario

Diferencia IV trimestre

2017/2008

Prezos correntes (miles de euros)

2008 IV Trimestre

2017 IV Trimestre


Remuneración dos asalariados (RA)

47,9

43,0

-4,9

Excedente de explotación bruto / Renda mixta bruta

44,2

47,0

2,8

Impostos netos sobre a produción e as importacións

8,0

9,9

1,9

Fonte: Gabinete Económico UGT Galicia a partir de IGE. Contas económicas trimestrais


​RENDA - REMUNERACIÓN DE ASALARIADOS SEGÚN ACTIVIDADE (millóns de euros)


2008

2017


Remuneración dos asalariados (RA)

27.388,4

26.134,1

(1.254,2)

RA. Agricultura, gandería, selvicultura e pesca

618,1

712,9

94,8

RA. Industria

5.145,0

4.447,0

(698,0)

RA. Industria manufactureira

4.685,7

4.009,7

(676,0)

RA. Construción

3.108,9

1.666,9

(1.442,0)

RA. Servizos

18.516,4

19.307,3

790,9

RA. Comercio, transporte e hostalería

5.730,6

5.876,6

146,0

RA. Información e comunicacións

497,6

613,6

116,0

RA. Actividades financeiras e de seguros

1.199,6

728,6

(471,0)

RA. Actividades inmobiliarias

81,1

89,2

8,1

RA. Actividades profesionais

1.912,3

2.171,2

258,9

RA. Administración pública, sanidade e educación

7.742,4

8.468,6

726,2

RA. Actividades artísticas, recreativas e outros servizos

1.352,8

1.359,5

6,7

Fonte: Gabinete Económico UGT Galicia a partir de IGE. Contas económicas trimestrais



POSTOS DE TRABALLO EQUIVALENTES A TEMPO COMPLETO DENDE O COMEZO DA CRISE


Total

Asalariados

I trimestre 2008

1.197.158

996.736

2008

1.182.578

986.691

2009

1.116.915

937.519

2010

1.080.491

893.444

2011

1.037.840

863.672

2012

985.797

815.088

2013

963.421

793.173

2014

947.830

787.253

2015

956.959

796.701

2016

975.923

811.344

2017

993.600

828.084

I Trimestre 2018

1.003.956

841.184

Fonte: Gabinete Económico UGT Galicia a partir de IGE. Contas económicas trimestrais



TAXA DE VARIACIÓN INTERANUAL (%)


2008

2009

2010

2011

2012

2013

2014

2015

2016

2017

2018 IT

PIB pm

1,5

-3,6

0,2

-1,3

-3,2

-0,4

1,3

2,4

3,1

3,1

3,1

Total Emprego

-0,4

-5,6

-3,3

-3,9

-5,0

-2,3

-1,6

1,0

2,0

1,8

1,6

Emprego Asalariado

-0,4

-5,0

-4,7

-3,3

-5,6

-2,7

-0,7

1,2

1,8

2,1

2,5

Fonte: Gabinete Económico UGT Galicia a partir de IGE. Contas económicas trimestrais​

Fuente: UGT-Galicia