As políticas europeas de migración e asilo, lonxe de dar unha resposta solidaria, baseada no respecto aos dereitos humanos das persoas migrantes e refuxiadas, puxeron en grave risco as vidas de miles de persoas, moitas delas mulleres e nenos, convertendo o mar Mediterráneo na maior fosa común no mundo onde morreron máis de 25.000 persoas nos últimos 15 anos.
Concentracións o mércores 16 en toda Galicia contra o acordo UE-Turquía para deportar as persoas refuxiadas
As organizacións convocantes consideran que esta actuación vulnera a Carta de Dereitos Humanos, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE e a Convención do Estatuto do Refuxiado. Ante esta situación, instan o Goberno español a non apoiar o devandito acordo e convocan os galegos e
UGT-Galicia adhírese á iniciativa “pasaxes seguras” e apoia a marcha europea polos dereitos dos refuxiados
UGT-Galicia apoia as mobilizacións convocadas para o vindeiro día 27 de febreiro en diferentes cidades galegas, así como no resto do Estado e Europa, para esixir solucións á crise humanitaria que están padecendo miles de persoas que xa se atopan en territorio da Unión Europea ou que están intentando chegar a el.