A reforma laboral segue mellorando o emprego
Fecha: 02 Dic 2022

A reforma laboral segue mellorando o emprego
Santiago, 2 de decembro de 2022.- Os datos do paro do mes de novembro volven constatar, un mes máis, que a reforma laboral funciona, pois crece o emprego e a súa calidade. Aínda así, non hai que conformarse: precísanse políticas activas máis eficaces para acabar co paro de longa duración e salarios xustos que garantan o poder adquisitivo das persoas traballadoras, máxime tendo en conta o incremento dos prezos e das marxes empresariais. Do contrario, continuará o conflito.
Os datos de paro rexistrado publicados polo Servizo Público de Emprego (SEPE) e os de afiliación á Seguridade Social mostran un descenso de 962 persoas desempregadas en Galicia (33.512 no Estado) no mes de novembro. Trátase duns datos tan positivos como pouco habituais, debido a que novembro é un mes onde tradicionalmente hai un aumento do paro, de feito, este é o mellor dato da serie histórica dende 1996. Esta mellora na cantidade do emprego prodúcese á vez que a reforma laboral mostra un dos seus efectos máis importantes, a mellora na calidade do emprego.
Isto obsérvase de novo na proporción da contratación indefinida sobre o total, que foi dun 32,37% no mes de novembro. Estes datos son unha mostra máis de que a reforma laboral está a funcionar, pese ao elevado grao de incerteza que lanza a situación internacional provocada polo conflito en Ucraína.
Continúa, por tanto, a creación de emprego, á vez que mellora a súa estabilidade, o que constitúe unha moi boa noticia. Con todo, aínda persiste unha taxa de paro elevada e problemas de funcionamento do mercado laboral que prexudican a integración de determinados grupos de poboación, polo que é necesario implementar novas políticas activas de emprego que dean solución a estas disfuncións.
Ademais, a calidade do emprego depende tamén de que a súa retribución sexa adecuada. E agora, no noso país, non o está sendo, posto que os salarios están a rexistrar unha forte perda de poder adquisitivo por mor da elevada inflación. Concretamente, o aumento medio do IPC no que vai de ano é do 8,8%, mentres que os salarios aumentaron apenas un 2,64% ata outubro. Isto supón unha perda de poder de compra de 5,7 puntos porcentuais. A inflación está a lastrar a demanda dos fogares, algo que xa afectou no terceiro trimestre de 2022 ao crecemento económico e que prexudica á recuperación tras a pandemia e a invasión rusa de Ucraína.
O aumento do nivel xeral dos prezos vén provocado polo incremento das marxes de beneficios que están a realizar empresas. O documento “Os beneficios empresariais crecen á conta dos salarios”, elaborado polo Servizo de Estudos da UGT, fai unha extensa revisión sobre a relación entre as marxes de beneficios, os salarios e a inflación, que apunta ao sinalado anteriormente.
Neste sentido, para esixir un cambio na política salarial das patronais e unha maior responsabilidade á hora de xestionar as marxes empresariais, UGT e CCOO impulsamos intensas mobilizacións durante outono e, de continuar a negativa para implementar incrementos salariais dignos, só quedará continuar co conflito.
En definitiva, UGT-Galicia reclama que haxa unha repartición da riqueza máis equitativa e que non sexan as persoas traballadoras as que paguen as consecuencias dunha crise económica da que non son culpables, como xa sucedeu en situacións anteriores.
Datos desemprego Galicia
Entrando polo miúdo na análise concreta dos datos, estes indican que o desemprego baixa en Galicia en 962 persoas, un 0,67%, en relación ao mes de outubro, quedando a cifra total en 142.758 persoas en situación de desemprego. En relación a hai un ano, o paro baixa nun 6,54%.
Entre os máis mozos, o desemprego, pola contra, aumenta nun 2,74% pero cae nun 9,87% no ano. Así, hai en Galicia 5.963 mozos e mozas en situación de desemprego.
Por sexos, entre os homes o paro mantense e baixa un 1,08% entre as mulleres. No ano, baixa en ambos casos, un 6,32% entre os homes e un 6,70% entre as mulleres. Non obstante, en termos estruturais, as mulleres representan o 58,4% do total do desemprego.
Por sectores, o paro aumenta no mes na construción, nun 0,54%; no colectivo de sen emprego anterior, un 0,45%; e no primario, nun 0,48%. Dáse unha caída na industria, do 1,51%; e no sector servizos, do 0,85%. No ano o desemprego cae en todos os sectores, un 13,33% no primario; un 12,05% na industria; un 7,7% na construción; un 5,61% nos servizos; e un 3,04% no colectivo de sen emprego anterior.
En canto ao factor territorial, a evolución no mes foi desigual. Na Coruña mantéñense as cifras; contráese o desemprego en Ourense nun 2,34%; en Lugo, nun 1,17%; e o 0,77% en Pontevedra. No ano a baixada do desemprego foi do 7,07% en Lugo; do 6,78% en Pontevedra; do 6,6% na Coruña; e do 5,05% en Ourense.
A contratación indefinida arroxa un excelente dato, cunha porcentaxe histórica para o mes de novembro, do 32,37%. En Galicia realizáronse 63.418 contratos, menos que no ano anterior pero de máis calidade. Sectorialmente, as porcentaxes de contratación indefinida foron do 73,65% na construción; do 61,05% no primario; do 31,36% no sector servizos; e do 21,36% na industria.
En canto á taxa de cobertura por desemprego, esta sitúase no 62,3%, con 82.031 beneficiarios. Non obstante, a cobertura amosa as dificultades que están a padecer os desempregados, xa que, maioritariamente, perciben subsidios, 40.158 a Renda Activa de Inserción; 4.602, importes asistenciais; e tan só 37.271, prestacións contributivas, é dicir, o 45,4%.
As cifras de afiliación á Seguridade Social sitúanse en 1.047.608, caendo nun 0,1% no mes e medrando un 1,17% no ano.
|
TOTAL |
|||||
Indef |
Conv |
Temp |
% Conv |
total |
% indef |
|
2022/Novembro |
20.527 |
3.358 |
42.891 |
16,4 |
63.418 |
32,37 |
Variación absoluta mes anterior |
-4.123 |
-676 |
-2.417 |
0,0 |
-6.540 |
-2,9 |
Variación relativa |
-16,73 |
-16,76 |
-5,33 |
|
-9,35 |
|
Variación absoluta mismo mes del año anterior |
8.654 |
-4.241 |
-33.533 |
-47,6 |
-24.879 |
18,9 |
Variación relativa |
72,89 |
-55,81 |
-43,88 |
|
-28,18 |
|
GALICIA |
Novembro 2022 |
VARIACIÓN SOBRE |
|||
Mes anterior |
Mesmo mes ano anterior |
||||
nº |
% |
nº |
% |
||
DESEMPREGO |
|||||
Nº persoas paradas |
142.758 |
-962 |
-0,7 |
-9.989 |
-6,5 |
* homes |
59.459 |
-53 |
-0,1 |
-4.008 |
-6,3 |
* mulleres |
83.299 |
-909 |
-1,1 |
-5.981 |
-6,7 |
* mozos e mozas < 25 anos |
5.963 |
159 |
2,7 |
-653 |
-9,9 |
Por sectores* |
|||||
* agricultura |
4.774 |
23 |
0,5 |
-734 |
-13,3 |
* industria |
14.789 |
-227 |
-1,5 |
-2.027 |
-12,1 |
* construción |
9.924 |
53 |
0,5 |
-828 |
-7,7 |
* servizos |
101.278 |
-865 |
-0,8 |
-6.024 |
-5,6 |
* sen emprego anterior |
11.993 |
54 |
0,5 |
-376 |
-3,0 |
Persoas beneficiarias prestación por desemprego (outubro) |
82.031 |
|
|||
(%) Taxa de cobertura prestación por desemprego (outubro) |
62,7 |
||||
Por provincias |
|||||
A Coruña |
57.129 |
24 |
0,0 |
-4.034 |
-6,6 |
Lugo |
13.717 |
-162 |
-1,2 |
-1.044 |
-7,1 |
Ourense |
16.446 |
-394 |
-2,3 |
-875 |
-5,1 |
Pontevedra |
55.466 |
-430 |
-0,8 |
-4.036 |
-6,8 |
CONTRATACIÓN |
|||||
Nº contratos |
63.418 |
-6.540 |
-9,3 |
-24.879 |
-28,2 |
* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos) |
20.527 |
-4.123 |
-16,7 |
8.654 |
72,9 |
* temporais |
42.891 |
-2.417 |
-5,3 |
-33.533 |
-43,9 |
(%) contratos indefinidos |
32,37 |
|
|||
% Indefinidos primario |
61,05 |
||||
% Indefinidos industria |
21,36 |
||||
% Indefinidos construción |
73,65 |
||||
% Indefinidos servizos |
31,36 |
||||
AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL |
|||||
Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais) |
1.047.608 |
-1.093 |
-0,1 |
12.110 |
1,2 |
Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones |