A reforma laboral reduciu a fraudulenta temporalidade no noso país

Fecha: 04 May 2023

A reforma laboral reduciu a fraudulenta temporalidade no noso país


Os datos de paro do mes de abril reflicten unha nova baixada, aínda que en Galicia en menor medida que no resto do Estado


Santiago, 4 de maio de 2023.- Os datos de paro publicados hoxe polo Servizo Público de Emprego (SEPE) contabilizaron un descenso de 2.504 persoas desempregadas no mes de abril. Con respecto ao ano anterior, o paro tamén se reduce en 11.259 persoas, situándose nun total de 139.343, o mellor dato da serie histórica, dende 1996. Pola súa banda, a afiliación creceu este mes en 6.784 persoas, sendo o maior aumento mensual de afiliados de toda a serie histórica.

Un mes máis, hai que destacar a positiva influencia da reforma laboral no mercado de traballo, cun dinamismo do emprego grazas á contratación indefinida, de maneira que o 37,79% do total de contratos asinados en abril foron indefinidos. Isto é, 19.521 contratos indefinidos dun total de 51.657 contratos rexistrados. Non esquezamos que, antes da pandemia e a reforma laboral, apenas un de cada dez contratos era indefinido, sendo o resto contratos temporais con precarias condicións laborais.

Unha cuestión que cambiou tras a entrada en vigor da reforma, xa que a contratación temporal foi reducindo a súa importancia ata situarse en mínimos históricos. Concretamente, en abril, a taxa de temporalidade da afiliación do réxime xeral mantense no mínimo histórico do 23,7%, cando era antes da reforma do 35,6%. Confírmase así un mes máis o éxito da nova norma para cumprir co seu principal obxectivo: reducir a excesiva e fraudulenta temporalidade do noso mercado laboral.

 

Aínda existen deficiencias no mercado de traballo

 

Para UGT, estes resultados históricos non deben distraernos, con todo, doutros aspectos do emprego que aínda teñen que cambiar. Un deles é a temporalidade do sector público, que segundo a última EPA ascendeu ao 32,3% no primeiro trimestre, a diferenza da do sector privado, que se reduciu ao 12%, achegándose á existente na Unión Europea. Isto advírtenos que, a pesar da súa mellora, a temporalidade aínda continúa estando presente nalgúns ámbitos, como na propia Administración Pública, que precisamente debería ser un exemplo para o resto de sectores e incentivar a contratación estable e de calidade nos seus diversos organismos.

Outra materia que debe atenderse é o desemprego de longa duración, que aínda afecta a 47.700 persoas que non teñen perspectiva de mellorar no curto prazo. O principal motivo é a nova Lei de Emprego, que non foi impulsada desde o diálogo social, e cuxo contido non ofrece solución ás principais deficiencias dos Servizos Públicos de Emprego do noso país. Por iso, UGT reclama desenvolver canto antes aqueles artigos da lei que permitan ampliar o orzamento e o persoal dedicado á orientación profesional, para que as persoas desempregadas poidan obter un bo diagnóstico das súas necesidades e un itinerario personalizado que inclúa a formación, os servizos e o resto de políticas de emprego necesarias para mellorar a súa inserción laboral.

Ademais, UGT demanda ampliar a cobertura do sistema de prestacións por desemprego, pois no mes de marzo tan só beneficiáronse 85.501 persoas dunha prestación, situándose a taxa de cobertura no 66%; e abordar a reforma das causas e o custo do despedimento. Para iso, e dado que o actual goberno négase a avanzar nesta dirección, UGT presentou unha reclamación ante o Comité Europeo de Dereitos Sociais do Consello de Europa para que o custo do despedimento recupere o efecto disuasorio e de reparación do dano que nunca debeu perder.

Radiografía desemprego en Galicia

Concretando os datos que se fan públicos hoxe, en Galicia o desemprego baixou en 2.504 persoas con respecto ao mes anterior (1,77%) e no Estado esta cifra baixou un 2,58%. No ano tamén se rexistrou unha contracción do desemprego, baixando en 11.259 persoas, un 7,48% menos.

Así, o número total de desempregados sitúase en 139.343 persoas, a cifra máis baixa nun mes da serie histórica, dende 1996.

Por idades, entre os menores de 25 anos, desemprego baixou nun 9,42% e baixou no ano nun 14,6%.

Por sexos, o paro cae en ambos casos, entre as mulleres nun 1,7% e nun 1,9% entre os homes. No ano tamén baixou en ambos casos, o 8,7% entre os homes e o 6,6% entre as mulleres. Aínda así, en termos estruturais, as mulleres seguen a representar o 58,57% do total do desemprego en Galicia.

En canto aos sectores, dáse unha baixada do paro en todos. Así, baixou un 1,96% no primario; un 1,59% na industria; o 1,24% na construción; un 1,83% no colectivo sen emprego anterior; e nun 1,82% nos servizos. No ano sucede o mesmo, baixa en todos. Baixa un 16,86% no primario; o 13,74% na industria; o 9,88% na construción; e o 6,58% no sector servizos. A baixada foi moi leve no colectivo sen emprego anterior, dun 0,41%.

Territorialmente, cae o desemprego no mes en todas as provincias, nun 2,34% en Lugo; o 1,66% en Pontevedra; o 1,49% na Coruña; e o 2,62% en Ourense. No ano baixa en todas as provincias, en Lugo nun 9,1%; 9,14% en Pontevedra; 5,52% na Coruña; e o 7,1% en Ourense.

O dato de contratación indefinida é do 37,79%, aínda por abaixo do resto do Estado onde é do 45,84%. Realizáronse en abril un total de 51.657 contratos en Galicia, menos que no ano anterior pero de moita máis calidade.

Por sectores, destacan as porcentaxes de contratación indefinida na construción, do 76,94%, e do 58,97%, no primario. Tamén foron elevadas, aínda que non tanto, nos servizos, do 36,84%, e na industria, do 26,82%.

En canto á taxa de cobertura, esta sitúase no 66%, con 85.501 persoas beneficiarias. Deste total, 42.216 perciben a renda activa de inserción 4.749 persoas. Tan só 38.536 prestacións contributivas.

A afiliación á Seguridade Social sitúase en 1.050.315 de media mensual, medrando un 0,65% no mes e un 1,58% no ano.


 


 

GALICIA

2023/Abril

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas Estado

2.788.370

-73.890

-2,6

-234.133

-7,7

Nº persoas paradas

139.343

-2.504

-1,8

-11.259

-7,5

* homes

57.724

-1.134

-1,9

-5.527

-8,7

* mulleres

81.619

-1.370

-1,7

-5.732

-6,6

* mozos e mozas < 25 anos

5.470

-569

-9,4

-935

-14,6

Por sectores*

* agricultura

4.557

-91

-2,0

-924

-16,9

* industria

14.233

-230

-1,6

-2.268

-13,7

* construción

9.691

-122

-1,2

-1.063

-9,9

* servizos

98.798

-1.836

-1,8

-6.954

-6,6

* sen emprego anterior

12.064

-225

-1,8

-50

-0,4

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (Marzo)

85.501

 

(%) Taxa de cobertura prestación por desemprego (Marzo)

66,0

Por provincias

A Coruña

56.085

-846

-1,5

-3.278

-5,5

Lugo

12.955

-311

-2,3

-1.293

-9,1

Ourense

16.119

-434

-2,6

-1.239

-7,1

Pontevedra

54.184

-913

-1,7

-5.449

-9,1

CONTRATACIÓN

Nº contratos

51.657

-6.248

-10,8

-12.639

-19,7

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

19.521

-2.549

-11,5

-7.658

-28,2

* temporais

32.136

-3.699

-10,3

-4.981

-13,4

(%) contratos indefinidos

37,79

 

% Indefinidos primario

58,97

% Indefinidos industria

26,82

% Indefinidos construción

76,94

% Indefinidos servizos

36,84

AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais) Estado

20.614.989

238.436

1,2

595.908

3,0

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais) Galicia

1.050.315

6.784

0,7

16.317

1,6

 

 

 

 

 

 

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones


 


 


 


 


 

Fuente: UGT-Galicia