A reforma laboral mellora drasticamente a calidade do emprego

Fecha: 26 Ene 2023

Increméntase o número de fogares con dificultades, con todos os activos no paro ou sen ingresos. Urxe máis protección social

A reforma laboral mellora drasticamente a calidade do emprego

O emprego crece no ano pero aínda son necesarios cambios de calado nas políticas activas de emprego e actuacións para manter a actividade económica e o poder adquisitivo dos salarios


Santiago, 26 de xaneiro de 2023.- Os datos da EPA do cuarto trimestre de 2022 mostran dúas cuestións: por unha banda, o impacto da desaceleración económica actual no mercado de traballo, nun contexto moi complicado; e por outro, que se mantén a continua mellora da calidade do emprego inducida pola última reforma laboral, que está a cambiar a mellor o paradigma de contratación no noso país. En todo caso, o número de persoas ocupadas segue crecendo a un ritmo anual do 1,2%, o que supón 13.200 persoas máis. E no que respecta á temporalidade, a taxa sitúase no 16,6%, 7,7 puntos porcentuais menos que hai un ano.

En resumo, o comportamento do mercado laboral en 2022 medido pola EPA lanza uns resultados favorables, sobre todo tendo en conta que o conflito bélico en Ucraína trastornou todos os prognósticos sobre crecemento económico e do emprego. Prognósticos como o que fixo Funcas en xaneiro de 2022, que estimaba que o PIB ía crecer no devandito ano un 5,6% e que a taxa de paro ía situarse no 14,0% no Estado. Inmediatamente despois do shock que supuxo a invasión, a previsión do PIB reduciuse a un 4,2%, mentres que a taxa de paro mellorou a súa previsión, cifrándose nun 13,8% (10,6% en Galicia), algo que se debe á fortaleza que mostraba o emprego fronte á incerteza, grazas en gran parte á reforma laboral.

En global, a ocupación tamén aumentou, e nos datos de contratación que ofrece o SEPE apréciase que prosegue o cambio de tendencia sendo o contrato indefinido agora moito máis habitual. Este incremento tamén se observou na EPA, onde no cuarto trimestre de 2022 hai 79.900 asalariados indefinidos máis que no mesmo trimestre do pasado ano (11,9% máis), mentres que os temporais reducíronse en 65.900 (-30,6%).

Estes datos da EPA completan a imaxe do conxunto de 2022, evidenciando que a calidade e cantidade no emprego é mellor agora que antes da reforma laboral. Con todo, o mercado laboral adoece aínda moitos problemas que requiren solucións. Un deles é o paro de longa duración, que neste último trimestre situouse en 47.000 persoas.

Hai que afrontar aínda moitas debilidades do mercado laboral

A pesar de que esta porcentaxe reduciuse lixeiramente, segue sendo un problema latente, e, por desgraza, a Lei de Emprego recentemente aprobada non vai supoñer un cambio de 180 graos en primeiro lugar, porque non se baseou no diálogo social, pero, ademais, porque non introduce unhas Políticas Activas de Emprego á altura das necesidades das persoas paradas de longa duración.

Outro dos retos é a regulación do custo de despedimento en España, por iso UGT presentou unha demanda en Europa e, mentres é resolta, espera poder negociar proximamente co Goberno para que estes custos sexan xustos e dignos.

En definitiva, o emprego mostrou signos indiscutibles de mellora, pero sen alcanzar as súas condicións óptimas, para o que fai falta introducir cambios de calado nas Políticas Activas de Emprego, así como un apoio decidido ás políticas fiscais que se orientan a manter a actividade económica e o poder adquisitivo das persoas con menos recursos nun momento no que a inflación segue sendo un problema importante.

Radiografía da EPA en Galicia

Os datos amosan que hai en Galicia 13.200 ocupados máis con respecto ó mesmo trimestre do ano anterior (un 1,2%) e, en relación ó terceiro trimestre de 2022, hai unha baixada da ocupación, con 9.300 persoas menos.

Aínda así, aínda que a EPA amosa unha certa remisión dos efectos da pandemia, Galicia segue presentando peculiaridades dun mercado laboral pouco dinámico, cunha taxa de actividade de tan só o 52,7%, fronte ó 58,5% do resto do Estado. Ademais, esta taxa baixa en relación hai trimestre anterior, cando era do 53,3%.

Interanualmente, o paro baixou en 3.700 persoas, o que supón o 2,7%. E, en relación ó trimestre anterior, o paro baixou un 0,8%, en 9.300 persoas.

Así, a taxa de paro queda en Galicia, con 131.400 persoas desempregadas, no 10,6%. No caso dos homes esta taxa é do 9,8% e do 11,5% no caso das mulleres. Entre os menores de 25 anos esta sube ata o 30,3%.

Por sectores, o emprego mellora na agricultura e pesca, cunha suba da ocupación dun 3% (2.100 ocupados máis) e no sector servizos, cun aumento do 0,1% (500 ocupados máis). Pola contra, na industria baixa nun 4% (6.800 ocupados menos), e na construción, nun 6,7% (5.000 ocupados menos). En relación ao mesmo trimestre do ano anterior, a ocupación sube na agricultura e pesca (7,7%) e no sector servizos (2,6%). Baixa na industria (6,2%) e na construción (1,8%).

Hai en Galicia un total de 898.200 asalariados, diminuíndo con respecto ó trimestre anterior en 13.400 (1,5%), e ó ano soben en 13.900 (1,6%).

A reforma laboral segue a dar os seus froitos cunha taxa de temporalidade que mellora e moito. Cae ata o 16,6%, case en dous puntos en relación ao trimestre anterior, cando era do 18.3%. Dáse un aumento no trimestre da poboación asalariada con contrato indefinido, do 0,5%, e unha caída dos temporais, dun 10,4%. No ano tamén comeza a notarse a estabilidade do emprego, aumentando a poboación asalariada con contrato indefinido nun 11,9% e baixando a temporal nun 30,6%.

O que si hai que salientar é que a parcialidade segue a estar en niveis altos, do 14,3%, sendo o 46,9% da mesma de carácter involuntario.

Difícil situación para moitos fogares e 47.000 persoas que levan máis dun ano no desemprego. A protección social resulta imprescindible

Outro dos nubarróns da radiografía da situación do emprego en Galicia é a situación dos fogares e o paro de longa duración. Ambas situacións levan á vulnerabilidade de moitas familias.

Hai en Galicia un total de 52.300 fogares con, polo menos, unha persoa activa e nos que todos os seus membros activos están en desemprego. Esta cifra sobe en relación ao trimestre anterior, cando eran 50.800. E 29.300 fogares que non perciben ingresos. No trimestre anterior eran 24.700. Tamén hai unha suba significativa

Das 131.400 persoas que están no desemprego, 47.000 levan máis dun ano nesta situación.

Resulta evidente que o paraugas da protección social é imprescindible para que ninguén quede atrás neste país.


 


 


 


 


 

 

 

2022 IV Trimestre

Variación

trimestre anterior

mesmo trimestre ano anterior

en miles

%

%

Poboación de 16 e máis anos

2.345,6

2,6

0,1

4,8

0,2

Inactivos

1.109,7

15,3

1,4

-4,7

-0,4

Homes

491,8

13,4

2,8

10,0

2,1

Mulleres

617,9

1,9

0,3

-14,8

-2,3

Activos

1.235,9

-12,7

-1,0

9,5

0,8

Homes

630,4

-11,9

-1,9

-7,6

-1,2

Mulleres

605,5

-0,8

-0,1

17,2

2,9

Ocupados

1.104,5

-9,3

-0,8

13,2

1,2

Homes

568,5

-10,6

-1,8

-6,4

-1,1

Mulleres

536,0

1,4

0,3

19,6

3,8

Taxa parcialidade

14,3

1,0

 

0,8

 

%Parcialidade involuntaria

46,9

-2,4

 

-5,9

 

Asalariados

898,2

-13,4

-1,5

13,9

1,6

Con contrato indefinido

749,0

3,9

0,5

79,9

11,9

Homes

385,6

-3,0

-0,8

35,1

10,0

Mulleres

363,3

6,8

1,9

44,7

14,0

Con contrato temporal

149,3

-17,3

-10,4

-65,9

-30,6

Homes

60,9

-11,4

-15,8

-38,9

-39,0

Mulleres

88,4

-5,9

-6,3

-27,0

-23,4

Parados

131,4

-3,4

-2,5

-3,7

-2,7

Homes

61,8

-1,4

-2,2

-1,3

-2,1

Mulleres

69,6

-2,1

-2,9

-2,4

-3,3

Menores 25 anos

16,4

-4,2

-20,4

-2,4

-12,8

Paro longa duración

47,0

 

 

 

 

Nº ocupados por sectores

Agricultura

71,0

2,1

3,0

5,1

7,7

Industria

162,8

-6,8

-4,0

-10,7

-6,2

Construción

70,1

-5,0

-6,7

-1,3

-1,8

Servizos

800,7

0,5

0,1

20,2

2,6

%

2022/IV

2022/III

2021/IV

 

Taxa actividade

52,7

53,3

52,4

 

 

Homes

56,2

57,3

57,0

 

 

Mulleres

49,5

49,6

48,2

 

 

Taxa ocupación

47,1

47,5

46,6

 

 

Homes

50,7

51,7

51,3

 

 

Mulleres

43,8

43,7

42,3

 

 

Taxa desemprego

10,6

10,8

11,0

 

 

Homes

9,8

9,8

9,9

 

 

Mulleres

11,5

11,8

12,2

 

 

Menores de 25 anos

30,3

32,4

35,6

 

 

Taxa temporalidade

16,6

18,3

24,3

 

 

Homes

13,6

15,7

22,2

 

 

Mulleres

19,6

20,9

26,6

 

 

Fonte: IGE

 

 

 

 

 


 


 


 

Fuente: UGT-Galicia
EPA