A reforma laboral mellora a calidade e cantidade do emprego

Fecha: 02 Mar 2023

A reforma laboral mellora a calidade e cantidade do emprego

Santiago, 2 de marzo de 2023.- Os datos de paro mostran unha diminución de máis de 10.000 persoas desempregadas en relación a febreiro de 2022 e un incremento da afiliación de 5.086 persoas respecto ao mes anterior, manténdose por encima do millón de persoas.

Os datos de paro correspondentes ao mes de febreiro, publicados hoxe polo Servizo Público de Emprego (SEPE), mostran un lixeiro descenso de 956 persoas desempregadas respecto ao mes de xaneiro. En relación ao ano anterior, o paro rexistrado baixa en 10.417 (-6,7%), situándose nun total de 144.092, o dato máis baixo desde febreiro de 1996. Pola súa banda, a afiliación á Seguridade Social aumenta en 5.086 persoas, manténdose por encima do millón de persoas (1.035.824).

Estes datos reflicten a estabilidade do mercado laboral tras máis dun ano de implantación da reforma laboral, cuxo dinamismo se mantén á vez que o fai a calidade do emprego creado, en tanto que o contrato indefinido segue aumentando o seu peso mes tras mes. Así, en febreiro, asináronse un total de 46.199 contratos, dos que o 38,75% son indefinidos. En conxunto, rexistráronse 18.789 contratos menos que o mesmo mes do ano pasado, un dato coherente co menor uso de contratos temporais de moi curta duración e a consecuente estabilización que entraña a contratación indefinida.

Con todo, UGT considera que esta positiva dinámica de contratación e emprego non pode ocultar aspectos do mercado laboral que seguen mostrando un comportamento moi preocupante. Por exemplo, os datos do paro de longa duración, que seguiron manténdose moi elevados. Segundo os últimos datos da EPA, en Galicia 47.000 persoas levan máis dun ano en situación de desemprego.


 

A nova Lei de Emprego debe mellorarse substancialmente


 

Estes datos poñen en evidencia a ineficacia das Políticas Activas de Emprego existentes, algo que a nova Lei de Emprego aprobada recentemente non vai solucionar, en tanto que non resolve ningún dos problemas que tradicionalmente arrastraron os Servizos Públicos de Emprego, como é a falta de orientadores profesións que sexan capaces de prover ás persoas desempregadas dun itinerario personalizado de inserción no emprego acorde ás súas necesidades.

Ademais, o sindicato manifesta a necesidade de mellorar a cobertura do sistema de prestacións por desemprego, pois no mes de xaneiro tan só beneficiáronse 90.673 persoas dunha prestación, situándose a taxa de cobertura no 68%.

Para UGT, a efectividade que está a mostrar a reforma laboral na creación de emprego de calidade non debe ser motivo para deixar de lado a outra cara do mercado de traballo, condenando ás persoas desempregadas a un futuro carente de oportunidades laborais. É por iso que UGT rexeita a nova Lei de Emprego, que nin sequera se apoiou no Diálogo Social, e esixe melloras inmediatas e profundas que verdadeiramente concedan aos Servizos para o Emprego o lugar prioritario que deberían ter na configuración das Políticas de Emprego.

Datos desemprego en Galicia

No mes o paro medra no Estado en 2.618 persoas (0.09%) e en Galicia se contrae en 956 (-0.66%). No entanto, no ano, hai unha clara contracción das cifras, baixando nun 6.74% en Galicia, con 10.417 persoas desempregadas menos, e nun 6.45% de caída no Estado, 200.669 menos.

O paro en Galicia sitúase en 144.092 persoas desempregadas, a cifra máis baixa de desemprego nun mes de xaneiro da serie histórica, dende 1996. No Estado sitúase en 2.911.015.

En materia de contratación, dáse unha cifra récord de contratación indefinida nun mes de febreiro, co 38.75% total de contratación pero aínda por baixo da do Estado, onde acada o 45.46%.

Hai un ano, en Galicia en febreiro de 2023 a porcentaxe de contratación indefinida co inicio da reforma era do 23.13%.

Por idades, son 5.873 os mozos e mozas menores de 25 anos en desemprego, aumento no mes do 3.56%. A contracción no ano foi do 7.8%.

Por sexos, cae no mes o desemprego para as mulleres nun 0.62% e nos homes un 0.72%. No ano evolución de contracción en ambos sexos, máis acusada nos homes, o 7.66%, e do 6.07% nas mulleres. En termos estruturais as mulleres seguen a representar nada menos que o 58.33% do total de desemprego en Galicia. O paro afecta a un total de 84.053 mulleres, fronte a 60.039 homes.

En canto aos sectores de actividade, dáse un aumento considerable do desemprego, do 2.67%, no colectivo sen emprego anterior e rexístrase contracción nos restantes. Baixada do 1.46% no primario, de 1.8% na industria, de 0.82% na construción e de 0.81% nos servizos.

No ano dáse caída en todos os sectores, salvo no colectivo de sen emprego anterior, no que medra o 0.37%. Nos restantes, rexístrase unha contracción, do 16.35% no primario, do 11.09% na industria, do 8.17% na construción e de 6.21% no servizos.


 

 

Paro total

Agricultura / Gandería

Industria

Construción

Servizos

Sen emprego anterior

2023/Febreiro

144.092

4.739

14.780

10.064

102.581

11.928

Variación absoluta mes anterior

-956

-70

-271

-83

-842

310

Variación relativa

-0,66

-1,46

-1,80

-0,82

-0,81

2,67

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-10.417

-926

-1.843

-895

-6.797

44

Variación relativa

-6,74

-16,35

-11,09

-8,17

-6,21

0,37


 

En termos territoriais, no mes a evolución é similar á de Galicia, iso si con distintas intensidades. Cae o 1.52% en Lugo, 0.63% en Pontevedra, 0.57% na Coruña e o 0.34% en Ourense.

No ano, tamén contracción en todas elas. Caídas máis contundentes en Pontevedra, 8.17%; en Lugo, 7.87%; na de Coruña, 5.91%; e a menor caída dáse na provincia de Ourense, do 3.7%.

En canto á contratación, obsérvase un excelente dato, mellora da indefinida, chegando ao 38.75%, porcentaxe histórica nun mes de febreiro. Cos datos de febreiro compróbase que en Galicia se realizaron 46.199 contratos. Realízanse menos contratos que no ano anterior pero de moita calidade, tal e como se comproba na táboa seguinte:


 


 


 


 


 

 

TOTAL

Indef

Conv

Temp

% Conv

total

% indef

2023Febreiro

17.901

2.548

28.298

14,2

46.199

17.901

Variación absoluta mes anterior

-85

-179

-4.672

-1

-4.757

-85

Variación relativa

-0,47

-6,56

-14,17

 

-9,34

-0,47

Variación absoluta mismo mes del año anterior

2.869

-3.399

-21.658

-25

-18.789

2.869

Variación relativa

19,09

-57,15

-43,35

 

-28,91

19,09


 

Evolución % contratación indefinida (iniciais e conversións)

2021/Xaneiro

10,30

2021/Febreiro

11,46

2021/Marzo

14,87

2021/Abril

11,37

2021/Maio

9,60

2021/Xuño

8,62

2021/Xullo

6,92

2021/Agosto

7,65

2021/Setembro

8,71

2021/Outubro

8,87

2021/Novembro

13,45

2021/Decembro

9,46

2022/Xaneiro

16,08

2022/Febreiro

23,13

2022/ Marzo

29,26

2022/Abril

42,27

2022/Maio


 

37,96

2022/Xuño

37,09

 

2022/Xullo

34,72

2022/ Agosto

29,08

2022/ Setembro

35,48

2022/Outubro

35.24

2022/Novembro

32,37

2022/Decembro

29,32

2023/Xaneiro

35,30

2023/ Febreiro

38,75


 

Por sectores, destacan as porcentaxes de contratación indefinida do 74.2% na construción, do 60.5% no primario, nos servizos do 36.8% e na industria do 29.5%.

A taxa de cobertura por desemprego en xaneiro de 2023 (último dato dispoñible) sitúase no 67.96% (69.25% no Estado). As persoas beneficiarias de prestacións por desemprego sitúanse en 90.673. Pero a cobertura de desemprego amosa as dificultades que están a pasar os desempregados, xa que maioritariamente perciben subsidio, 42.125 deles, e Renda Activa de Inserción, 4.646 importes asistenciais, e tan só 43.902 son de prestación contributiva, o 48,4%.

En canto á evolución nas cifras de afiliación á Seguridade Social (media mensual), sitúase en Galicia no mes en 1.035.824. Medra nun 0,49% no mes e un 0,94% no ano. No Estado a afiliación no mes aumenta un 0,44% pero aumento máis acusadamente que en Galicia no ano, o 2.42%.


 


 


 


 


 


 


 

 

 

 

 

 

 

GALICIA

2023/ Febreiro

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas Estado

2.911.015

2.618

0,1

-200.669

-6,4

Nº persoas paradas

144.092

-956

-0,7

-10.417

-6,7

* homes

60.039

-435

-0,7

-4.982

-7,7

* mulleres

84.053

-521

-0,6

-5.435

-6,1

* mozos e mozas < 25 anos

5.873

202

3,6

-497

-7,8

Por sectores*

* agricultura

4.739

-70

-1,5

-926

-16,3

* industria

14.780

-271

-1,8

-1.843

-11,1

* construción

10.064

-83

-0,8

-895

-8,2

* servizos

102.581

-842

-0,8

-6.797

-6,2

* sen emprego anterior

11.928

310

2,7

44

0,4

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (Xaneiro)

90.673

 

(%) Taxa de cobertura prestación por desemprego (Xaneiro)

68,0

Por provincias

A Coruña

57.961

-335

-0,6

-3.640

-5,9

Lugo

13.615

-210

-1,5

-1.163

-7,9

Ourense

16.521

-57

-0,3

-635

-3,7

Pontevedra

55.995

-354

-0,6

-4.979

-8,2

CONTRATACIÓN

Nº contratos

46.199

-4.757

-9,3

-18.789

-28,9

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

17.901

-85

-0,5

2.869

19,1

* temporais

28.298

-4.672

-14,2

-21.658

-43,4

(%) contratos indefinidos

38,75

 

% Indefinidos primario

60,48

% Indefinidos industria

29,52

% Indefinidos construción

74,17

% Indefinidos servizos

36,84

AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais) Estado

20.170.142

88.918

0,4

475.870

2,4

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais) Galicia

1.035.824

5.086

0,5

9.678

0,9

 

 

 

 

 

 

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones


 


 


 


 

Fuente: UGT-Galicia