A reforma laboral funciona, agora toca endurecer o despedimento

Fecha: 04 Abr 2023

A reforma laboral funciona, agora toca endurecer o despedimento


 

Santiago, 4 de abril de 2023.- UGT achaca a boa evolución do emprego e a súa calidade á reforma laboral pactada no marco do diálogo social pero advirte que aínda quedan materias pendentes para mellorar o noso mercado de traballo. Neste sentido, reclama unha Lei de Emprego eficaz, que dote de recursos aos Servizos Públicos de Emprego e facilite a reinserción das persoas paradas de longa duración; reformar as causas e o custo do despedimento; e reforzar a Inspección de Traballo, para que vixíe o cumprimento da normativa laboral, perseguindo as prácticas fraudulentas dalgunhas empresas.

O Servizo Público de Emprego (SEPE) publicou hoxe os datos de paro rexistrado correspondentes ao mes de marzo, mostrando un descenso de 2.245 persoas paradas con respecto ao mes anterior e 11.489 persoas menos que hai un ano. En total, contabilízanse 141.847 persoas paradas, o dato máis baixo desde 1996. Pola súa banda, a afiliación á Seguridade Social rexistra un crecemento de 7.707 persoas, situándose en 1.043.530 persoas afiliadas.

O emprego, por tanto, continúa crecendo, e o que é aínda máis positivo, ségueo facendo a través do contrato indefinido, que xa se converteu na modalidade de referencia dentro do noso mercado laboral. De feito, en marzo asináronse un total de 57.905 contratos, dos que o 38,11% son indefinidos. A práctica substitución de contratos temporais de curta duración por contratos indefinidos causa que, en conxunto, se rexistren 12.282 contratos menos que o mesmo mes do ano pasado. Isto reflíctese nunha taxa de temporalidade do 16,6%.

Ante estes datos, non hai dúbida de que a nova normativa laboral supuxo un verdadeiro éxito reducindo a temporalidade e mellorando a calidade da contratación sen afectar ao dinamismo do emprego. Agora, con todo, é o momento de consolidar estas tendencias e continuar aumentando os dereitos das persoas traballadoras centrando o debate sobre as cuestións que aínda quedan pendentes.

Por unha banda, hai que mellorar o funcionamento dos Servizos Públicos de Emprego, dotándoos dos recursos económicos e de persoal necesarios para que poidan desempeñar o seu labor con eficacia. Algo que a nova Lei de Emprego non vai solucionar, ao non resolver ningún dos problemas que afectan ás Políticas Activas de Emprego, como é a provisión duns Servizos para o Emprego personalizados en función das necesidades específicas das persoas desempregadas. Non hai máis que ver as cifras: 47.000 persoas levan en Galicia máis dun ano no desemprego.

Igualmente, o sindicato demanda ampliar a cobertura do sistema de prestacións por desemprego, pois no mes de febreiro tan só beneficiáronse 88.621 persoas dunha prestación, situándose a taxa de cobertura no 67.05%.

Doutra banda, segue sendo necesario reformar as causas e o custo do despedimento para dotar de maior estabilidade e seguridade ás relacións laborais do noso país, obstaculizando o recurso fácil ao despedimento barato e recuperando todas as garantías que perderon os contratos indefinidos coa reforma laboral de 2012.

Por último, UGT fai un chamamento ao Goberno para que reforce dunha vez o actual persoal da Inspección de Traballo, imprescindible para que se continúe vixiando con eficacia a actividade das empresas, regularizando posibles prácticas fraudulentas e velando con iso polo adecuado cumprimento da nova normativa laboral.

DATOS GALICIA

Concretando os datos que se fan públicos hoxe, en Galicia o desemprego baixou en 2.245 persoas con respecto ao mes anterior (1,56%) e no Estado esta cifra baixou un 1,67%. No ano tamén se rexistrou unha contracción do desemprego, baixando en 11.489 persoas, un 7,49% menos.

Así, o número total de desempregados sitúase en 141.847 persoas, a cifra máis baixa nun mes de marzo da serie histórica, dende 1996.

Por idades, entre os menores de 25 anos, sen embargo, o desemprego incrementouse nun 2,83% e baixou no ano nun 8,25%.

Por sexos, o paro cae en ambos casos, entre as mulleres nun 1,27% e nun 1,97 entre os homes. No ano tamén baixou en ambos casos, o 8,37% entre os homes e o 6,86% entre as mulleres. Aínda sí, en termos estruturais, as mulleres seguen a representar o 58,51% do total do desemprego en Galicia.

En canto aos sectores, dáse unha baixada do paro en todos, salvo no colectivo de sen emprego anterior. Así, baixou un 1,92% no primario; un 2,14% na industria; o 2,49% na construción; e nun 1,90% nos servizos. No ano sucede o mesmo, baixa en todos, excepto no colectivo de sen emprego anterior, onde medra un 1,1%. Baixa un 16,1% no primario; o 12,13% na industria; o 9,35% na construción; e o 7,13% no sector servizos.

Territorialmente, só a provincia de Ourense rexistra un incremento dun 0,19%. Pola contra, cae o desemprego no mes nun 2,56% en Lugo; o 1,6% en Pontevedra; e o 1,78% na Coruña. No ano baixa en todas as provincias, en Lugo nun 9,5%; 9,1% en Pontevedra; 6,4% na Coruña; e o 4,4% en Ourense.

O dato de contratación indefinida é do 38,11%, aínda por abaixo do resto do Estado onde é do 46,8%. Realizáronse en marzo un total de 57.905 contratos en Galicia, menos que no ano anterior pero de moita máis calidade.

Por sectores, destacan as porcentaxes de contratación indefinida na construción, do 72%, e do 63%, no primario. Tamén foron elevadas, aínda que non tanto, nos servizos, do 36,7%, e na industria, do 29,3%.

En canto á taxa de cobertura, esta sitúase no 67,05%, con 88.621 persoas beneficiarias. Deste total, 42.541 perciben a renda activa de inserción e 4.685 importes asistenciais. Tan só 41.395 prestacións contributivas.

A afiliación á Seguridade Social sitúase en 1.043.530 de media mensual, medrando un 0,74% no mes e un 1,47% no ano.


 

GALICIA

2023/Marzo

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas Estado

2.862.260

-48.755

-1,7

-246.503

-7,9

Nº persoas paradas

141.847

-2.245

-1,6

-11.489

-7,5

* homes

58.858

-1.181

-2,0

-5.378

-8,4

* mulleres

82.989

-1.064

-1,3

-6.111

-6,9

* mozos e mozas < 25 anos

6.039

166

2,8

-543

-8,2

Por sectores*

* agricultura

4.648

-91

-1,9

-892

-16,1

* industria

14.463

-317

-2,1

-1.996

-12,1

* construción

9.813

-251

-2,5

-1.012

-9,3

* servizos

100.634

-1.947

-1,9

-7.723

-7,1

* sen emprego anterior

12.289

0

0,0

134

1,1

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (Febreiro)

88.621

 

(%) Taxa de cobertura prestación por desemprego (Febreiro)

67,1

Por provincias

A Coruña

56.931

-1.030

-1,8

-3.859

-6,3

Lugo

13.266

-349

-2,6

-1.391

-9,5

Ourense

16.553

32

0,2

-756

-4,4

Pontevedra

55.097

-898

-1,6

-5.483

-9,1

CONTRATACIÓN

Nº contratos

57.905

11.706

25,3

-12.282

-17,5

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

22.070

4.169

23,3

1.536

7,5

* temporais

35.835

7.537

26,6

-13.818

-27,8

(%) contratos indefinidos

38,11

 

% Indefinidos primario

62,97

% Indefinidos industria

29,33

% Indefinidos construción

72,00

% Indefinidos servizos

36,65

AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais) Estado

20.376.552

206.410

1,0

542.049

2,7

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais) Galicia

1.043.530

7.707

0,7

15.073

1,5

 

 

 

 

 

 

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones


 

Fuente: UGT-Galicia