A reforma laboral crea máis e mellores empregos

Fecha: 27 Abr 2023

A reforma laboral crea máis e mellores empregos

Santiago, 27 de abril de 2023. A EPA do primeiro trimestre reflicte un aumento do emprego creado en termos anuais, o incremento das persoas con contrato indefinido e unha nova diminución da temporalidade.

Os datos da EPA do primeiro trimestre de 2023, publicados hoxe, mostran unha aceleración da creación de emprego e unha nova confirmación da mellora da calidade do emprego creado. Concretamente, a ocupación incrementouse un 1,1% anual, o que supón 12.300 novos empregos. Ademais, transcorrido un ano desde que entraron en vigor as medidas centrais sobre contratación da reforma laboral, séguese reducindo a taxa de temporalidade, que para este primeiro trimestre do ano cífrase nun 16,4%.

Desta maneira, UGT afirma que a reforma laboral acordada por Goberno e sindicatos segue demostrando ser un éxito, ampliando o número de persoas traballadoras con contrato indefinido (57.800 máis que no primeiro trimestre de 2022) e reducindo os temporais (52.900 menos), polo que os asalariados en xeral tamén crecen (5.000 máis).

O inicio de 2023 estivo marcado por unha constante mellora das previsións sobre a evolución da economía española, fundamentalmente causadas pola boa marcha do mercado de traballo e polas favorables revisións das principais variables macroeconómicas e da actividade. Con todo, para o sindicato aínda existen problemas que hai que resolver na economía e, especificamente, no ámbito do emprego.

O paro de longa duración e a parcialidade, problemas do noso mercado de traballo

Neste sentido, UGT lembra que o mercado de traballo adoece aínda de deficiencias que requiren correccións para aumentar o benestar e a xustiza social. A primeira delas fai referencia ao elevado paro de longa duración, que fai que o 35,30% dos parados manteñan unha procura de emprego superior a un ano. Para reducir estas cifras, é crucial que se leven a cabo políticas activas de emprego enfocadas en orientar, acompañar e facilitar o acceso deste colectivo a un novo emprego. Iso esixe un maior número de orientadores, plans mellores deseñados, nova formación ofrecida polos Servizos Públicos de Emprego e maior coordinación entre o nivel da administración central e rexional. Lamentablemente, a nova Lei de Emprego supón unha oportunidade errada para lograr estes obxectivos.


 

O segundo problema é a elevada parcialidade, e particularmente a parcialidade involuntaria. A insuficiencia de horas traballadas, derivada dunha parcialidade non desexada, é un dos problemas que xera maior pobreza laboral. En Galicia a taxa de parcialidade é do 14,1% e o 48,3% das persoas que teñen un contrato a tempo parcial están nesta situación involuntariamente, por non atopar un traballo a tempo completo. É fundamental seguir mellorando a calidade do tecido produtivo e a creación de emprego para que se poidan xerar contratos a tempo completo e salarios dignos.

Sen salarios non hai estado de benestar

UGT considera que outra disfunción a constitúen as malas condicións salariais, que nos últimos tres anos supuxeron perdas de capacidade adquisitiva para as persoas traballadoras de 8,4 puntos porcentuais de media en todo o Estado. Sen salarios dignos non pode haber crecemento económico sólido nin mellora da calidade de vida da maioría da poboación.

Ademais, o sindicato reclama a necesidade de completar a reforma laboral mellorando a regulación do custo de despedimento improcedente en España, para que a súa indemnización sexa efectivamente disuasoria e reparadora do dano provocado, polo que, ante a negativa do Goberno para abordar esta cuestión, UGT presentou unha reclamación ante o Comité Europeo de Dereitos Sociais do Consello de Europa.

En definitiva, hai que aproveitar a aceleración económica observada no inicio de 2023 para seguir cun proceso de transformación da economía española que cimente un emprego digno e de calidade, cunha remuneración salarial suficiente, e que teña por obxectivo reducir as desigualdades e mellorar a calidade de vida da maioría das persoas. Para iso, como di o lema de UGT para este Primeiro de Maio, fai falta “subir salarios, baixar prezos e repartir beneficios”.

Radiografía da EPA en Galicia

Os datos amosan que hai en Galicia 12.300 ocupados máis con respecto ó mesmo trimestre do ano anterior (un 1,1%) e, en relación ó cuarto trimestre de 2022, hai unha baixada da ocupación, con 800 persoas menos.

Aínda así, aínda que a EPA amosa unha certa remisión dos efectos da pandemia, Galicia segue presentando peculiaridades dun mercado laboral pouco dinámico, cunha taxa de actividade de tan só o 52,8%, fronte ó 58,6% do resto do Estado.

Interanualmente, o paro baixou en 5.900 persoas, o que supón o 4,2%. E, en relación ó trimestre anterior, o paro subiu un 2,8%, en 3.700 persoas.

Así, a taxa de paro queda en Galicia, con 135.100 persoas desempregadas, no 10,9%. No caso dos homes esta taxa é do 10,1% e do 11,8% no caso das mulleres. Entre os menores de 25 anos esta sube ata o 28,7%.

Por sectores, interanualmente, o emprego mellora na agricultura e pesca, cunha suba da ocupación dun 6,1% (3.800 ocupados máis) e no sector servizos, cun aumento do 2% (15.500 ocupados máis). Pola contra, na industria baixa nun 4,1% (7.000 ocupados menos), e na construción, nun 0,3% (200 ocupados menos).

Con respecto ao trimestre anterior, a perda concéntrase no sector primario, con 5.300 ocupados menos (7,5%); 900 empregos menos na industria (0,6%); e 200 empregos menos nos servizos. Sube en 5.300 na construción (7,6%).

Hai en Galicia un total de 897.200 asalariados, diminuíndo con respecto ó trimestre anterior en 1.000 (0,1%), e ó ano soben en 5.000 (0,6%).

A reforma laboral segue a dar os seus froitos cunha taxa de temporalidade que mellora e moito. Cae ata o 16,4%. Dáse un aumento no trimestre da poboación asalariada con contrato indefinido, do 0,1%, e unha caída dos temporais, dun 1,2%. No ano tamén comeza a notarse a estabilidade do emprego, aumentando a poboación asalariada con contrato indefinido nun 8,4% e baixando a temporal nun 26,4%.

O que si hai que salientar é que a parcialidade segue a estar en niveis altos, do 14,1%, sendo o 48,3% da mesma de carácter involuntario.

Difícil situación para moitos fogares e 47.700 persoas paradas de longa duración. A protección social resulta imprescindible

Outro dos nubarróns da radiografía da situación do emprego en Galicia é a situación dos fogares e o paro de longa duración. Ambas situacións levan á vulnerabilidade de moitas familias.

Hai en Galicia un total de 57.200 fogares con, polo menos, unha persoa activa e nos que todos os seus membros activos están en desemprego. E 31.200 fogares que non perciben ingresos. No trimestre anterior eran 29.300. Tamén hai unha suba significativa.

Das 131.400 persoas que están no desemprego, 47.000 levan máis dun ano nesta situación.

Resulta evidente que o paraugas da protección social é imprescindible para que ninguén quede atrás neste país.


 

 

 

2023

I Trimestre

Variación

 

trimestre anterior

mesmo trimestre ano anterior

en miles

%

%

Poboación de 16 e máis anos

2.346,5

0,9

0,0

6,3

0,3

Inactivos

1.107,8

-1,9

-0,2

0,1

0,0

Homes

487,3

-4,5

-0,9

7,1

1,5

Mulleres

620,4

2,5

0,4

-7,2

-1,1

Activos

1.238,7

2,8

0,2

6,3

0,5

Homes

636,0

5,6

0,9

-4,4

-0,7

Mulleres

602,7

-2,8

-0,5

10,7

1,8

Ocupados

1.103,7

-0,8

-0,1

12,3

1,1

Homes

571,9

3,4

0,6

-3,8

-0,7

Mulleres

531,7

-4,3

-0,8

16,0

3,1

Taxa parcialidade

14,1

-0,3

 

-0,2

 

%Parcialidade involuntaria

48,3

1,4

 

-1,6

 

Asalariados

897,2

-1,0

-0,1

5,0

0,6

Con contrato indefinido

749,7

0,7

0,1

57,8

8,4

Homes

390,4

4,8

1,2

22,6

6,1

Mulleres

359,3

-4,0

-1,1

35,2

10,9

Con contrato temporal

147,5

-1,8

-1,2

-52,9

-26,4

Homes

59,8

-1,1

-1,8

-30,8

-34,0

Mulleres

87,7

-0,7

-0,8

-22,1

-20,1

Parados

135,1

3,7

2,8

-5,9

-4,2

Homes

64,1

2,3

3,7

-0,6

-0,9

Mulleres

71,0

1,4

2,0

-5,4

-7,1

Menores 25 anos

16,2

-0,2

-1,2

-1,3

-7,4

Paro longa duración

47,7

 

 

 

 

Nº ocupados por sectores

 

 

 

 

 

Agricultura

65,7

-5,3

-7,5

3,8

6,1

Industria

161,9

-0,9

-0,6

-7,0

-4,1

Construción

75,4

5,3

7,6

-0,2

-0,3

Servizos

800,5

-0,2

0,0

15,5

2,0

%

2023/I

2022/IV

2022/I

 

 

Taxa actividade

52,8

52,7

52,7

 

 

Homes

56,6

56,2

57,1

 

 

Mulleres

49,3

49,5

48,5

 

 

Taxa ocupación

47,0

47,1

46,6

 

 

Homes

50,9

50,7

51,4

 

 

Mulleres

43,5

43,8

42,3

 

 

Taxa desemprego

10,9

10,6

11,4

 

 

Homes

10,1

9,8

10,1

 

 

Mulleres

11,8

11,5

12,9

 

 

Menores de 25 anos

28,7

30,3

31,9

 

 

Taxa temporalidade

16,4

16,6

22,5

 

 

Homes

13,3

13,6

19,8

 

 

Mulleres

19,6

19,6

25,3

 

 


 

Fuente: UGT-Galicia
EPA