A recuperación do emprego vén da man da temporalidade, estacionalidade e non corrixe o paro estrutural
Fecha: 26 Oct 2017

UGT-Galicia saúda a diminución do desemprego rexistrada en Galicia no terceiro trimestre do ano, aínda que insiste en que esta dáse da man da temporalidade, precariedade, estacionalidade e non está a corrixir o problema do paro estrutural, aquel que afecta ás persoas que levan máis de dous anos na procura dun posto de traballo.
Tal e como é habitual neste trimestre, o terceiro do ano, basicamente polas contratacións relacionadas coa temporada estival, rexístrase unha contracción do paro, caendo un 9,79 por cento en Galicia (19.700 persoas) e un 4,66 por cento no resto do Estado (182.600 persoas menos no desemprego). Nesta mesma liña, medra a ocupación no trimestre, un 2,25 por cento en Galicia (23.600 persoas máis) e un 1,25 por cento no resto do Estado (235.900 persoas máis).
Así, en Galicia hai 1.072.500 persoas ocupadas, aínda que a taxa está no 45,8 por cento, aínda moi afastada do 50 por cento que se rexistraba antes da crise.
En termos interanuais, o paro baixa en Galicia o 12,1 por cento (25.000 persoas menos) e o 13,63 por cento no Estado (589.100 persoas menos). Hai 181.700 persoas en situación de desemprego nesta Comunidade, cunha taxa de paro do 14,49 por cento.
CADA VEZ MENOS POBOACIÓN EN IDADE DE TRABALLAR. TAXA DE ACTIVIDADE DE TAN SÓ 53,6 PUNTOS
Para UGT-Galicia, a evolución destas cifras é a habitual no terceiro trimestre do ano. Agora ben, e xa dun xeito estrutural, constátase a persistencia da diminución
da poboación de 16 ou máis anos, 9.400 menos no ano, e, deles, 1.700 menores de 25 anos. Isto quere dicir que cada vez hai menos poboación en idade de traballar nun mercado laboral moi contraído. E non só cae a poboación en idade de traballar, senón que cae aínda máis no caso dos que están formando parte ou desexan formar parte do mercado laboral, baixa a poboación activa en 10.400 persoas e medra a inactiva en 900. Galicia rexistra unha taxa de actividade de tan só 53,6 puntos, fronte aos 58,92 do resto do Estado.
O desemprego segue a atizar aos fogares galegos. As vivendas nas que todos os activos están no paro son 61.700 e 33.600 non perciben ingresos. Estas dúas variables continúan en valores insostibles, sobre todo, se se comparan cos valores rexistrados no terceiro trimestre do ano 2009, 44.800 e 19.700, respectivamente.
Por sectores, a ocupación medra en todos, a excepción da construción. En termos absolutos destaca o crecemento do sector servizos, loxicamente por tratarse da época estival, en 15.300 persoas, o 65 por cento do incremento de toda a ocupación. En relación a hai un ano, medra a ocupación en todos os sectores, de novo, salvo en construción, onde diminúe en 5.400 persoas.
AGRÁNDASE A BRECHA NO DESEMPREGO ENTRE HOMES E MULLERES
Lembrar que a taxa de paro é en Galicia de 14,49 puntos pero é que no caso das mulleres esta sube ata os 15,8 puntos. Volve a agrandarse a brecha no desemprego entre homes e mulleres, con 2,6 puntos de diferenza.
Entre os menores de 25 anos, esta taxa é do 32,6 por cento, case 33 mozos e mozas de cada cen da poboación activa menor de 25 anos en Galicia está en situación de desemprego.
O número de asalariados é en Galicia de 847.900 persoas, medrando no trimestre nun 3,24 por cento, en maior medida que o total da ocupación, no terceiro trimestre por mor da temporada estival e as novas contratacións son no sector servizos.
Medran tanto os asalariados con contrato indefinido, 1,9 por cento, como os temporais, 6,8 por cento. Moito máis no segundo caso. Clara tendencia do mercado laboral cara o emprego temporal e dos nefastos efectos das reformas laborais.
Síntoma disto tamén é a moi elevada taxa de temporalidade, do 28,13 por cento. Subindo progresivamente dende o ano 2013. No primeiro trimestre do 2013 esta era do 21,84 por cento.
2.300 PERSOAS CON CONTRATOS DE TAN SÓ UN DÍA E 7.000 DE MENOS DUN MES
En canto á duración dos contratos, dos 238.500 asalariados con contrato temporal, 2.300 teñen un contrato que tan só dura un día e 7.000 menos dun mes. Isto é un claro expoñente da precariedade que UGT ven denunciando reiteradamente e á que hai que buscarlle unha solución porque mentres estas cifras de temporalidade, precariedade e parcialidade continúen enriba da mesa non se pode falar de recuperación real.
CASE O 60 POR CENTO DOS CONTRATADOS A TEMPO PARCIAL O SON DUN XEITO INVOLUNTARIO
Precisamente, en termos de temporalidade, existen cifras certamente preocupantes, do total dos ocupados en Galicia, o 13 por cento (138.900 persoas) teñen un contrato a tempo parcial pero é que destes o 59,6 por cento están nesta situación de xeito involuntario. A parcialidade involuntaria é outra das consecuencias das reformas laborais impostas.
O paro estrutural é outra das grandes lacras polas que resulta imposible falar de recuperación real das familias. 103.500 persoas levan máis dun ano na procura dun emprego pero é que 77.200 levan dous ou máis anos.
É evidente que urxen medidas. UGT propón un plan de choque polo emprego, que conteña políticas activas dende o público, así como, a protección das persoas, tendo como obxectivos a creación de emprego de calidade e con dereitos. Só así o país conseguirá encarar unha recuperación sostible, para todos, diminuíndo os niveis de desigualdade pobreza.
NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE Secretario de Política Sindical. Emprego e Seguridade Social DE UGT-GALICIA, LUIS BANEIRA GÓMEZ; TELÉFONO: 606649157.
| Taxa de temporalidade |
2013/I | 21,84 |
2013/II | 22,41 |
2013/III | 24,38 |
2013/IV | 22,54 |
2014/I | 21,35 |
2014/II | 23,77 |
2014/III | 24,55 |
2014/IV | 24,12 |
2015/I | 23,58 |
2015/II | 25,03 |
2015/III | 27,49 |
2015/IV | 25,50 |
2016/I | 24,99 |
2016/II | 25,76 |
2016/III | 27,40 |
2016/IV | 26,66 |
2017/I | 25,80 |
2017/II | 27,19 |
2017/III | 28,13 |
Fonte: Elaboración propia UGT Galicia a partir dos datos da EPA do IGE
| 2017/IIIT | Variación | |||
| trimestre anterior | mesmo trimestre ano anterior | |||
| Nº | % | Nº | % | |
Poboación de 16 e máis anos | 2.339,9 | -4,0 | -0,2 | -9,4 | -0,4 |
Inactivos | 1.085,6 | -8,0 | -0,7 | 0,9 | 0,1 |
Homes | 469,0 | -3,1 | -0,7 | 8,4 | 1,8 |
Mulleres | 616,6 | -4,9 | -0,8 | -7,5 | -1,2 |
Activos | 1.254,2 | 3,9 | 0,3 | -10,4 | -0,8 |
Homes | 650,6 | 1,0 | 0,2 | -13,4 | -2,0 |
Mulleres | 603,7 | 2,9 | 0,5 | 3,1 | 0,5 |
Ocupados | 1.072,5 | 23,6 | 2,2 | 14,6 | 1,4 |
Homes | 564,4 | 14,4 | 2,6 | 4,6 | 0,8 |
Mulleres | 508,1 | 9,2 | 1,8 | 10,0 | 2,0 |
Asalariados | 847,9 | 26,6 | 3,2 | 10,0 | 1,2 |
Con contrato indefinido | 609,4 | 11,4 | 1,9 | 1,1 | 0,2 |
Homes | 316,3 | 8,1 | 2,6 | -3,4 | -1,1 |
Mulleres | 293,1 | 3,4 | 1,2 | 4,6 | 1,6 |
Con contrato temporal | 238,5 | 15,2 | 6,8 | 8,9 | 3,9 |
Homes | 115,8 | 8,3 | 7,7 | 6,0 | 5,5 |
Mulleres | 122,6 | 6,7 | 5,8 | 2,8 | 2,3 |
Parados | 181,7 | -19,8 | -9,8 | -25,0 | -12,1 |
Homes | 86,2 | -13,4 | -13,5 | -18,1 | -17,4 |
Mulleres | 95,6 | -6,3 | -6,2 | -6,9 | -6,7 |
Menores 25 anos | 21,8 | 0,5 | 2,3 | -3,0 | -12,1 |
Nº ocupados por sectores |
|
|
|
|
|
Agricultura | 78,3 | 5,3 | 7,3 | 4,9 | 6,7 |
Industria | 175,5 | 4,4 | 2,6 | 9,3 | 5,6 |
Construción | 66,5 | -1,4 | -2,1 | -5,4 | -7,5 |
Servizos | 752,2 | 15,3 | 2,1 | 5,9 | 0,8 |
Fogares |
|
|
|
|
|
Vivendas sen perceptores de ingresos | 33,6 | -2,20 | -6,1 | -1,20 | -3,4 |
Vivendas familiares con polo menos un activo e nas que todos os activos son parados | 61,7 | -6,80 | -9,9 | -10,40 | -14,4 |
% | 2017/III | 2017/II | 2016/III |
Taxa actividade | 53,6 | 53,3 | 53,8 |
Homes | 58,1 | 57,9 | 59,0 |
Mulleres | 49,5 | 49,2 | 49,0 |
Taxa ocupación | 45,8 | 44,8 | 45,0 |
Homes | 50,4 | 49,0 | 49,8 |
Mulleres | 41,6 | 40,8 | 40,7 |
Taxa desemprego | 14,5 | 16,1 | 16,3 |
Homes | 13,2 | 15,3 | 15,7 |
Mulleres | 15,8 | 17,0 | 17,1 |
Menores de 25 anos | 32,6 | 35,0 | 37,6 |
Taxa temporalidade | 28,1 | 27,2 | 27,4 |
Homes | 26,8 | 25,9 | 25,6 |
Mulleres | 29,5 | 28,6 | 29,3 |