Primeiro de Maio: Subir salarios, baixar prezos e repartir beneficios

Fecha: 21 Abr 2023

Primeiro de Maio: Subir salarios, baixar prezos e repartir beneficios

 

UGT-Galicia chama á cidadanía a mobilizarse nas rúas das cidades e vilas galegas este Primeiro de Maio para demandar que se suban os salarios, que se baixen os prezos e que se repartan os beneficios.
Será xa o segundo Primeiro de Maio que se celebre nun contexto de guerra ás portas de Europa, polo que UGT quere manifestar a súa solidariedade internacional e compromiso coa paz. Unha situación que está a lastrar tamén a evolución da economía.
Precisamente, no eido económico, esta data debe servir para alzar a voz sobre unha situación que está a lastrar as economías familiares, a crise da inflación, propiciada polos efectos exteriores pero tamén polo exceso de beneficios empresariais. Neste contexto hai que situar ás persoas no centro das políticas públicas, se ben é certo, e hai que poñer en valor a resposta pública neste senso, hai que seguir incidindo e reforzar e avaliar medidas.
Neste Primeiro de Maio UGT pon en valor os acordos co Goberno en materia de pensións, SMI ou prestacións por desemprego e incide na necesidade de desenvolver e fortalecer a negociación e o AENC. O contrario, nunha conxuntura inflacionista como o actual, vai supoñer saír ás rúas porque ou “Salario ou conflito”. O emprego, en calidade e cantidade, segue a ser un dos principais obxectivos do Sindicto, aínda que a reforma laboral contribuíu, e moito, á mellora do emprego neste país, aínda hai case 3 millóns de parados aos que lles hai que dar saída. Tamén en materia de emprego, UGT insta ao Goberno a que cumpra a Carta Social Europea e avance cara un coste do despedimento suficientemente disuasorio, xusto e adaptado ás circunstacias sociais, vitais e reempregabilidade das persoas vítimas de decisións inxustas.

 

MANIFESTO

Fuente: UGT-Galicia