Por segundo mes consecutivo, increméntase o paro, evidencia dun mercado laboral estacional e precario

Xa por segundo mes consecutivo o desemprego medra en Galicia, o que evidencia que cando se produce unha recuperación do emprego esta é tan débil, baseada en traballos estacionais, que non permite o mantemento estrutural da mellora do mercado laboral galego.

Ademais, este mes, os datos que se rexistran en Galicia teñen aínda peor comportamento que no resto do Estado. O desemprego medra nun 2,37 por cento, cifra superior ao 1,20 por cento estatal, e, mentres no resto do Estado conseguen rexistrar un crecemento da afiliación á Seguridade Social, nesta Comunidade a evolución é contraria, esta baixa nun 0,14 por cento.

Para UGT-Galicia, nun contexto de recuperación das cifras macroeconómicas, a mellora da calidade do emprego e das rendas do traballo resulta fundamental para o sostemento da demanda interna, vía consumo, e da economía no seu conxunto.

Os novos gobernos, tanto en Galicia como no Estado, deberían poñer en marcha, cada un deles dentro das súas competencias, plans de choque polo emprego, con recursos adicionais para a protección das persoas desempregadas de longa duración ao tempo que se incrementen as partidas destinadas ás políticas activas que melloren a empregabilidade e a inserción dos traballadores.

Neste senso, o Sindicato insta ao novo Goberno da Xunta a que nos Orzamentos para o 2017 se comprometa en materia de políticas activas de emprego, rompendo a tendencia deste últimos anos nos que reduciron moi significativamente as

achegas neste eido, a pesar da crítica situación do mercado laboral. UGT-Galicia lémbralle ao novo Executivo que a Xunta ten plenas competencias en materia de políticas activas de emprego e que debe exercelas acompañándoas de partidas orzamentarias que garantan o seu cumprimento e efectividade.

Afondando nos datos facilitados hoxe, estes indican que o desemprego medrou nun 2,37 por cento, 4.604 persoas en paro máis que no mes anterior, fronte ao 1,2 por cento de incremento que se rexistra no resto do Estado.

En relación a hai un ano, o paro baixou nun 10,4 por cento e un 9,85 por cento no resto do Estado.

AS MULLERES E OS MOZOS SEGUEN A SER OS GRANDES PREXUDICADOS EN MATERIA DE DESEMPREGO

A tímida mellora do mercado laboral está a beneficiar máis aos homes que ás mulleres. Persisten as desigualdades. Aínda que no mes o paro aumentou máis entre os homes, nun 3,31 por cento, fronte ao 1,63 por cento no caso das mulleres, segue a haber menos desempregados homes (88.270) fronte ás mulleres (110.670). Así, as mulleres acadan un peso no desemprego do 55,6 por cento.

Por idades, o paro entre os menores de 25 anos sitúase en 9.285 persoas. Medrando no mes moi por enriba do conxunto de idades, nun 7,19 por cento. Sen embargo, no ano a caída é moito máis acusada, do 17,72 por cento. A causa está na saída de efectivos de Galicia cara a busca dun futuro mellor, así como, na falta de relevo xeracional.

Por sectores, o maior incremento do paro dáse no de servizos, 3.257 persoas paradas máis, basicamente polo factor estacionalidade e o fin da temporada de verán. Aínda que tamén resulta destacable o aumento do paro no sector primario, en 1.022 persoas. O desemprego tan só se contrae na construción. Interanualmente, o desemprego contráese en todos os sectores.

Resulta significativo que en termos absolutos o sector servizos rexistre 12.719 desempregados menos nun ano, aportando este sector máis da metade da contracción do desemprego en termos interanuais.

ALTA ROTACIÓN NA CONTRATACIÓN

De novo, o número de contratos rexistrados no mes, 86.274, nun mercado laboral no que o número de asalariados sitúase en torno aos 840.000, proba o alto índice de rotación que hai no mercado laboral galego. Un signo máis da precariedade e estacionalidade do mercado laboral desta Comunidade. Esta idea refórzase cunha porcentaxe de contratación indefinida sobre o total que non supera os 7,69 puntos.

Á vista dos datos feitos públicos hoxe, UGT-Galicia considera que urxe reforzar a protección das persoas, mellorando a cobertura das prestacións por desemprego. O gasto desta partida non debe limitarse a garantir a cobertura coa normativa vixente, dado que dende o ano 2012 véñense promovendo cambios lexislativos que endureceron as condicións de acceso ás prestacións, ampliando o volume de persoas sen cobertura. Así o amosa unha taxa de cobertura que en Galicia non supera os 51,1 puntos, moi por debaixo dos 54,2 do resto do Estado. En termos absolutos isto significa que 103.521 desempregados non perciben ningún tipo de prestación.

Ademais, hai que subliñar que, das 90.815 persoas que perciben algún tipo de prestación, un valor mínimo, tan só 36.621 son beneficiarios de prestacións de carácter contributivo. É evidente o carácter asistencial das prestación nesta Autonomía, o que implica menores contías e que o momento do fin das mesmas está xa máis próximo.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE Secretario de Política Sindical. Emprego e Seguridade Social DE UGT-GALICIA, LUIS BANEIRA GÓMEZ; TELÉFONO: 606649157.



 



 

GALICIA

Outubro 2016

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº desempregados rexistrados

198.940

4.604

2,4

-23.152

-10,4

* homes

88.270

2.824

3,3

-12.545

-12,44

* mulleres

110.670

1.780

1,6

-10.607

-8,75

Nº parados mozos < 26 anos

9.285

623

7,19

-2.000

-17,7

Nº desempregados por sectores*

* agricultura

7.491

1.022

15,8

-887

-10,6

* industria

23.773

263

1,1

-3.510

-12,9

* construción

21.205

-40

-0,2

-4.415

-17,2

* servizos

129.890

3.257

2,6

-12.719

-8,9

* sen emprego anterior

16.581

102

0,6

-1.621

-8,9

Beneficiarios prestación por desemprego (setembro)

90.815

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (setembro)

51,06

Parados totais sen ningún tipo de prestación (setembro)

103.521

CONTRATACIÓN

Nº contratos

86.274

-7.514

-8,0

8.283

10,6

Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

6.638

-128

-1,9

421

6,8

Nº contratos temporais

79.636

-7.386

-8,5

7.862

11,0

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL 

Nº afiliados (datos provisionais)

971.552

-1.335

-0,1

20.346

2,14

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do MEYSS

Fuente: UGT-Galicia