Pepe Álvarez pon en valor o V AENC e os acordos tripartitos desta lexislatura e insta aos partidos a que aclaren se os manterían no caso de chegar ao Goberno

Acusa á CIG de caer na dinámica do non polo non e de xogar a deconstruír

Fecha: 19 Jun 2023

Pepe Álvarez pon en valor o V AENC e os acordos tripartitos desta lexislatura e insta aos partidos a que aclaren se os manterían no caso de chegar ao Goberno

Acusa á CIG de caer na dinámica do non polo non e de xogar a deconstruír

A Coruña, 19 de xuño de 2023.- O secretario xeral de UGT, Pepe Álvarez, mantivo hoxe na Coruña un encontros informativo cos medios previo á asemblea de traballadores e traballadoras no que explicou os obxectivos deste acto que, inicialmente, eran explicarlle aos traballadores e traballadoras o contido do V AENC pero á vista da convocatoria das eleccións xerais para o día 23 ampliouse tamén a facer un balance da lexislatura.

Ao respecto, fixo unha valoración positiva do V AENC porque trátase dun acordo que dende un punto de vista salarial recolle unha parte moi importante das demandas das organizacións sindicais. No ano 2023 permitirá unha redistribución máis xusta da riqueza, mellorar os salarios e recuperar a figura da cláusula de revisión salarial. Pero é un acordo que presta atención a outros temas fundamentais como o teletraballo, a seguridade e saúde dos traballadores e traballadoras ou a igualdade.

O acordo tamén ten un compromiso explícito coa sanidade pública. Hai unha cláusula que especifica que se un traballador ten un accidente non laboral e non pode ser atendido coa axilidade que corresponde nos servizos de sanidade públicos, este poderá ser desviado, sempre co acordo do médico de cabeceira e do propio traballador, ás mutuas. Sentenciou que non é en ningún caso un intento de privatización, en resposta aos comentarios dalgunha organización sindical galega.

Matizou que as mutuas son organismo colaboradores da propia Seguridade Social, o único que se pretende é que os traballadores e traballadoras deste país non teñan que agardar meses para poder facerse probas, operacións ou a rehabilitación que precisen e poidan acceder a entidades que nestes momentos non están saturadas e que os poden atender de xeito eficiente.

Indicou que non entende estas valoracións da organización nacionalista porque se están desviando traballadores a empresas privadas puras, incluso sen o consentimento dos médicos, e cando nós situamos unha solución co acordo dos médicos de cabeceira e dos traballadores xorden as críticas. Críticas que, ao seu xuízo, son alleas a toda lóxica, a non ser que estean a xogar non a construír, senón a deconstruír. Criticou a actitude de certos sindicatos que non participan nas mesas porque non queren e, polo tanto, como non están nas solucións aos problemas dos traballadores lles é máis doado sempre dicir que non a todo.

En relación ao conflito do metal na provincia de Pontevedra, esixiulle aos empresarios que apliquen xa o acordo e poñan fin a esta situación porque non hai escusas e pediulle á CEOE que interceda e obrigue aos empresarios do metal de Pontevedra a reaccionar neste senso.

De cara ás eleccións do 23 de xullo, demanda das organizacións políticas que se presentan que digan á cidadanía que van facer cos acordos tripartitos en temas tan importantes como mercado de traballo ou contratación. Vai respectar o PP os acordos? Lembrou que na votación parlamentaria da reforma laboral esta iniciativa salvouse grazas ao voto dun deputado do PP, por un erro na propia votación. Pero votaron en contra Bildu, ERC, PP, VOX e dous deputados da Unión do Pobo Navarro, que hoxe están no PP, e o BNG. Isto debería facer reflexionar a moitos.

Subliñou que non se pode esquecer que o que máis criticou a CIG da Reforma laboral é o que quere facer desaparecer agora o PP, coincidencia plena, o fixo descontinuo.

Insistiu en que chegou o momento en que o PP debería de aclarar que é o que vai facer con este acordo. O mesmo co acordo de pensións, que tamén tivo críticas por parte dalgunhas organizacións sindicais. Os pensionistas teñen que saber que unha pensión en Galicia de 1.000 euros gobernando o PP coas súas normas subiríase 35 euros no 2023. Agora, co acordo, esta mesma pensión pasa a ser de 1.190 euros. Esa é a diferenza. A xente ten que saber que nestas eleccións vota iso. Por iso, é moi importante que Feijoo aclare isto antes de todos e todas vaiamos a votar, van a mantelo ou van derrogalo. Neste mesma liña están outros acordos como a Lei Rider, teletraballo.... Creo que os traballadores e traballadoras temos por diante un panorama no que temos que esixir claridade e falemos destas cuestións porque son cuestións moi importantes de cara ao futuro, precisou.

En canto a unha posible influenza salarios sobre a inflación, insistiu en que carece de lóxica económica este argumento, o factor inflacionista número un en España a día de hoxe son os beneficios empresariais, o din todos os organismos internacionais.

Sobre o Estatuto do bolseiro, explicou que “levamos anos cunha explotación de bolseiros indecente, estanse a cubrir postos de tres anos con bolseiros. E isto non podía continuar”. Por iso, este é un bo acordo porque xa é hora de que as prácticas nas empresas estean reguladas.

Fuente: UGT-Galicia