Para un mundo sostible, libre da pobreza e da desigualdade

​O 17 de outubro, día internacional para a erradicación das causas da pobreza, a cidadanía mundial mostra o rexeitamento colectivo ás políticas que xeran pobreza, desigualdade e destrución do medio ambiente. En Galicia, España, en Europa e no resto do mundo, ademais mostramos o noso rexeitamento aos tratados de libre comercio e investimento que se están negociando ás costas da poboación co único propósito de beneficiar ás elites políticas e económicas.