Os salarios da xuventude galega son un 9,4 por cento máis baixos que a media estatal

Con motivo dacelebración, mañá, do Día internacional da xuventude, UGT-Galiciafai unha análise da situación do mercado laboral da xuventude galega que resulta devastadora. Altas taxas de desemprego,temporalidade, parcialidade, salarios moi por debaixo que no restodas idades e taxas de pobreza ou exclusión social alarmantes.Situación que se agudizou aínda máis coa entrada en vigor daReforma laboral imposta polo Goberno do PP.

Estaanálise leva a concluír que as políticas de emprego dos gobernosdo PP, tanto no Estado como en Galicia, non están logrando osobxectivos que anunciaban, especialmente a Reforma laboral. O que siestán conseguindo é empeorar as condicións de traballo e de vidada poboación en xeral, pero dun xeito máis incisivo entre aspersoas novas. Empeoran as condicións de traballo, diminúe aestabilidade no emprego e redúcese a calidade do mesmo. Isto conducea un continuado descenso das rendas do traballo que impedirá retomara demanda interna e mellorar a economía no seu conxunto.

Atemporalidade e a contratación a tempo parcial son os dous camiñospolos que está a transcorrer a creación de “subemprego”. Estatendencia hai que mudala xa. Primeiro, derrogando as reformaslaborais impostas; modernizando os servizos públicos de emprego;poñendo en marcha un Plan de choque polo emprego (con medidasespecíficas para os colectivos con maiores dificultades, entre osque se atopan os mozos e mozas); acabando coas políticas deausteridade compulsiva tanto en España como na UE; reforzando aspolíticas activas de emprego e estendendo o sistema de protecciónpor desemprego; potenciando o Plan de Garantía Xuvenil; oumellorando a formación profesional dual, entre outras medidas.

Ataagora os datos de redución do desemprego que se produciron teñenque ver máis cos colectivos de mozos e mozas que emigran ou os quedeixan de buscar emprego porque retoman os estudos ou polo efectodesánimo, máis que pola contratación real que se rexistra, que secentra no emprego temporal.

Unhaanálise do mercado laboral galego, centrada nas persoas novas,reflicte desigualdade con respecto ao resto do grupo de idades,incluso dentro de Galicia. Desigualdade que se acrecenta dende aentrada en vigor da reforma laboral e os recortes impostos polosgobernos do PP en Galicia e no resto do Estado. Pero é que axuventude galega tampouco presenta unha situación moi vantaxosa,todo o contrario, con respecto á mocidade do conxunto do Estado.

Segundoos datos da EPA, dende a aplicación da reforma laboral a taxa deparo incrementouse dous puntos entre os menores de 35 anos, pasandodo 24,6 por cento no segundo trimestre de 2011 ao 26,6 por cento nosegundo trimestre de 2016. Ademais, sitúase nove puntos por enribada que se rexistra no resto de idades en Galicia, do 17,7 por cento.

Ea isto hai que engadir que o 67,53 por cento (datos de 2015, o últimodato que ofrece o SEPE desagregado por idades) dos mozos e mozasmenores de 30 anos que están en paro non teñen ningún tipo decobertura por desemprego, fronte ao xa moi elevado 55 por cento doconxunto de idades.

MÁIS DO 40 PORCENTO DA XUVENTUDE GALEGA EN DESEMPREGO LEVA MÁIS DUN ANO NESTASITUACIÓN

Odesemprego de longa duración, aqueles que levan máis dun ano nestasituación, tamén golpea aos máis mozos. Segundo os datos do IGE edo INE, con respecto ao segundo trimestre de 2011, xusto antes dareforma, este subiu en 1.700 mozos e mozas, ao pasar de 32.500 a34.200. Do total das persoas desempregadas menores de 35 que hai hoxeen Galicia, o 40,4 por cento levan máis dun ano nesta situación.

ParaUGT-Galicia, un dos principais problemas do mercado laboral galego éa perda de poboación activa, que ten a súa orixe, basicamente, nacaída demográfica, a emigración laboral e o abandono da buscaactiva de emprego polo efecto desánimo ante a falta deoportunidades.

HAI UN 26 POR CENTOMENOS DE POBOACIÓN ACTIVA E UN 28 POR CENTO MENOS DE PERSOASOCUPADAS EN GALICIA MENORES DE 35 ANOS QUE ANTES DA REFORMA LABORAL

Haiun 26 por cento menos de poboación activa menor de 35 anos agora no2016 con respecto a 2011.

Nestasidades, a poboación ocupada redúcese en Galicia nun 28 por centodende a entrada en vigor da reforma laboral. No segundo trimestre de2016 a mocidade ocupada en Galicia sitúase nas 233.700 persoas,baixando en relación ao 2011 en 89.000. En só cinco anos rexístrasemáis da cuarta parte de perda de ocupación entre a mocidade. Unhabaixada moito máis acusada que no resto do Estado onde esta foi do22,8 por cento.

Porsectores, só o de servizos ocupa ao 73,8 por cento da mocidadegalega, seguido da industria, a moi longa distancia, cun 15,8 porcento, e xa cun 5,8 por cento, a construción, e cun 3 por cento aagricultura e cun 1,6 por cento a pesca .

CADA VEZ MENOSCONTRATOS INDEFINIDOS PARA A XUVENTUDE

Antesda aplicación da reforma laboral, en xuño de 2011 esta porcentaxeera entre os menores de 25 anos de 7,4 puntos, situándose no 2016 no5,8 por cento (sendo no conxunto das idades o 8,3 por cento), o queevidencia que cada vez realízanse menos contratos de modalidadeindefinida sobre o total da contratación rexistrada.

Taménse constata que a menor idade, maior porcentaxe de contrataciónrexistrada de modalidade temporal sobre o total.

TAXAS DETEMPORALIDADE ALARMANTES ENTRE AS MOZAS E MOZOS GALEGOS, DO 47 PORCENTO

Asmozas e mozos galegos sofren taxas de temporalidade alarmantes, do46,84 por cento, fronte ao 25,8 por cento que se rexistra no conxuntode idades. O 86,2 por cento das persoas novas ocupadas traballan porconta allea e, deste total, tan só o 53,2 por cento teñen contratoindefinido.

O 19 POR CENTO DAXUVENTUDE EN GALICIA TRABALLA A TEMPO PARCIAL E O 65 POR CENTO O FANDE XEITO INVOLUNTARIO

Axuventude galega tamén é vítima da parcialidade, na maioría doscasos de carácter involuntario. Se no segundo trimestre de 2011 aparcialidade dos e das menores de 35 anos en Galicia era do 17,6 porcento, no segundo trimestre de 2016 aumentou ata o 19,1 por cento. Nototal da poboación esta taxa é do 14 por cento.

Candoo contrato parcial é unha opción persoal e voluntaria non haiproblema pero é que o 65 por cento dos mozos e mozas que estánnesta situación indican que o motivo é non atopar un traballo axornada completa.

O 14 POR CENTO DAMOCIDADE GALEGA TEN UN SUBEMPREGO

Perose o desemprego, a temporalidade e a parcialidade non eransuficientes, a mocidade galega tamén ten que sufrir o subemprego porinsuficiencia de horas de traballo. O 13,6 por cento da xuventudegalega está nesta situación. No conxunto de idades esta taxa é do9,5 por cento.

A XUVENTUDE GALEGAPERCIBE UN 9,4 POR CENTO MENOS DE SALARIO QUE UN MOZO OU MOZA DOCONXUNTO DO ESTADO, E UN 18 POR CENTO MENOS QUE A GANANCIA MEDIAANUAL GALEGA

Enmateria salarial, pódese afirmar que a mocidade galega, de entre 25e 34 anos, percibe un 9,4 por cento menos de salario ao ano que unmozo ou moza no conxunto do Estado (son datos do ano 2013 porque é oúltimo dato dispoñible da Enquisa anual de estrutura salarial), eun 17,9 por cento menos que a media anual que percibe un traballadorou traballadora en Galicia.

MOITAS EMPRESASUTILIZAN AS BOLSEIRAS E BOLSEIROS EN LUGAR DE REALIZAR UN CONTRATO DETRABALLO

Existeunha gran falta de control sobre as prácticas que imposibilitacoñecer o número real de bolseiros e bolseiras que estánrealizando prácticas en empresas. Pero si hai constancia, a travésdas estatísticas de emprego e contratación da EPA , que recorrer aesta modalidade no día a día laboral increméntase en tempos decrise, mesturándose as relacións laborais e as non laborais,abusando dos mozos e mozas que, a pesar de terminar a súa formaciónacadémica, se ven empuxados a aceptar unha bolsa en substitucióndun contrato laboral.

MÁIS DO 16 PORCENTO DAS PERSOAS CON TITULACIÓN UNIVERSITARIA TEÑEN UN CONTRATO ENPRÁCTICAS, DE FORMACIÓN OU SON BOLSEIRAS

Seben no conxunto do Estado esta situación é preocupante, xa que o11,76 por cento das persoas que acadaron a súa titulaciónuniversitaria no ano 2009/2010, no 2014 a súa situación profesionalera ter un contrato en prácticas, de formación ou unha bolsa, enGalicia esta porcentaxe elévase ata o 16,23 por cento.

Aíndaque, tras a sentenza do Tribunal Supremo, desde maio de 2013restableceuse a obriga das empresas de cotizar polas bolseiras ebolseiros que recibisen contrapartida económica, tamén é certo



 

quea cotización é moi escasa e ronda a precariedade, xa que só secotiza na base mínima por continxencias comúns e profesionais, senincluír a cotización ao desemprego, Formación Profesional e Fondode Garantía Salarial. Polo que cando se utiliza un bolseiro oubolseira para substituír un contrato de traballo, esta actuaciónnon só prexudica ao mozo ou moza, senón a todo o sistema daSeguridade Social.

Etodo isto tendo en conta que, segundo un estudo da Comisión Europea,o 61 por cento das persoas que teñen unha bolsa en España nonreciben ningunha compensación económica polas súas prácticas.Desde UGT-Galicia cremos que, antes de aumentar a idade dexubilación, deberíanse incluír no sistema de Seguridade Social atodos os bolseiros e bolseiras, así como, a todas as persoasempregadas na economía mergullada. Denunciamos que se deberían derealizar máis actuacións da Inspección de Traballo e cremosfirmemente que se debería recorrer aos contratos formativos.

NOTA:A VOCEIRA DESTE TEMA É A SECRETARIA DE IGUALDADE, XUVENTUDE EMOVEMENTOS SOCIAIS DE UGT-GALICIA, MÓNICA RODRÍGUEZ. TELÉFONO:628470657.

CADROSADXUNTOS:

GALICIA

2011/II

2016/II

Total

de 16 a 34 anos

Total

de 16 a 34 anos

taxa de actividade

54,8

69,7

53,5

64,5

taxa de ocupación

45,7

52,5

44,0

47,3

taxa de paro

16,6

24,6

17,7

26,6

I.G.E.- Instituto Galego de Estatística

Paradose paradas de longa duración por grupos de idade. Galicia


 

de 16 a 34 anos

2011/II

32.500

2016/II

34.200

Diferenza 2016/2011

+ 1.700

IGE-INE. Enquisa de poboación activa

I.G.E.- Instituto Galego de Estatística

GALICIA

Poboación ocupada de 16 a 34 anos

2011TII

323.100

2012TII

286.000

2013TII

262.100

2014TII

252.200

2015/II

241.800

2016/II

233.700

Fonte:I.G.E. - Instituto Galego de Estatística



 

PERSOASOCUPADAS POR GRUPO DE IDADE E SECTOR ECONÓMICO 2016/ IIT

GALICIA

Total idades

% s/ total de total idades

de 16 a 34 anos

% s/ total de 16 a 34 anos

% 16 a 34 s/ total idades

Total

1.034.000

100,0

233.600

100,0

22,6

Agricultura, gandaría, caza e silvicultura

44.900

4,3

7.100

3,0

15,8

Pesca e acuicultura

23.000

2,2

3.700

1,6

16,1

Industria

158.000

15,3

36.900

15,8

23,4

Construción

71.900

7,0

13.500

5,8

18,8

Servizos

736.200

71,2

172.300

73,8

23,4

I.G.E.- Instituto Galego de Estatística

PERSOAS ASALARIADAS POR GRUPOS DE IDADE E TIPO DE CONTRATO 2016TII


 

Total

de 16 a 34 anos

% DE 16 A 34 S/ TOTAL

Total

810.900

201.300

24,8

Contrato indefinido

602.000

107.000

17,8

Contrato temporal

208.900

94.300

45,1

Taxa de temporalidade

25,8

46,8


 

I.G.E.- Instituto Galego de Estatística


 

Total

Parcial

% Parcial

Total

de 16 a 34 anos

Total

de 16 a 34 anos

Total

de 16 a 34 anos

2011/II

1.097.500

323.100

139.100

57.000

12,7

17,6

2012/II

1.042.000

286.000

135.800

51.300

13,0

17,9

2013/II

1.005.400

262.100

141.500

49.000

14,1

18,7

2014/II

991.500

252.200

138.700

50.100

14,0

19,9

2015/II

1.009.900

241.800

148.000

50.300

14,7

20,8

2016/II

1.034.000

233.700

144.300

44.700

14,0

19,1

I.G.E.- Instituto Galego de Estatística



 

Distribución% da Mocidade (de entre 16 e 34 anos) por motivo da xornada parcial(DATO Estatal, non hai este desagregación a nivel de Galicia)2ºT2016


 

%

Total

100,0

Seguir cursos de ensinanza ou formación

15,1

Enfermidade ou incapacidade propia

0,3

Coidado de nenos ou de adultos enfermos, incapacitados ou maiores

6,5

Outras obrigas familiares ou persoais

1,6

Non haber podido atopar traballo de xornada completa

65,1

Non querer traballo de xornada completa

4,5

Outros motivos de ter xornada parcial

6,7

Non sabe o motivo

0,2

Fonte:INE. Instituto Nacional de Estadística



 



 



 



 



 

Fuente: UGT-Galicia