Os gobernos, central e galego, fían a creación de emprego á estacionalidade

Fecha: 03 Nov 2017

Os datos do paro feitos públicos hoxe, cun incremento do 1 por cento en Galicia, 1.846 persoas máis en situación de desemprego en outubro en relación a setembro, evidencian que a débil recuperación do emprego está relacionada con actividades estacionais e temporais, moi ligados a trimestres como os do verán.

Así, hai en Galicia un total de 185.903 persoas en situación de desemprego. No resto do Estado o paro incrementouse nun 1,7 por cento con 3.467.026 persoas no paro.

En relación ás cifras rexistradas hai un ano, o paro baixa un 6,6 por cento en Galicia, de xeito menos acusado que no resto do Estado, onde descende un 7,9 por cento.

AS MULLERES E OS MOZOS OS GRANDES PREXUDICADOS DO DESEMPREGO

Por sexos, as mulleres representan o 57,2 por cento do total das persoas desempregadas, a pesar de que no mes medrou máis o paro entre os homes, un 1,6 por cento, fronte ao 0,6 por cento entre as mulleres. Aínda así, a realidade é evidente, 79.574 homes en situación de desemprego, fronte a 106.329 mulleres. A discriminación por sexo perdura e faise máis evidente na análise da evolución do desemprego interanual, cando se observa que o paro cae entre os homes nun 9,9 por cento e entre as mulleres só o fai nun 3,9 por cento.

Xunto coas mulleres, os máis mozos tamén son os grandes prexudicados da debilidade do mercado laboral galego. De feito, o paro no mes entre os menores de 25 anos subiu nun 5,1 por cento, moi por enriba do que sucede no conxunto de idades. E, en relación a hai un ano, a evolución tamén é totalmente contraria ao conxunto de idades. O paro medra no caso dos menores de 25 anos nun 4,1 por cento.

Por sectores de actividade, o paro medra no mes en todos, salvo na construción, onde cae un 2 por cento, e no colectivo de sen emprego anterior, onde baixa un 0,4 por cento. En termos relativos o maior aumento dáse no sector primario, cunha suba dun 4,1 por cento. En termos absolutos a maior suba rexístrase nos servizos, con 1.768 persoas paradas máis, dado o maior peso da terciarización da economía.

Interanualmente, obsérvase un acusado descenso no conxunto de actividades, con porcentaxes máis elevadas na construción, onde baixa un 19,5 por cento; no sector primario, un 10,5 por cento; e na industria, un 9.7 por cento.

TAN SÓ O 8,4 POR CENTO DOS CONTRATOS FORON INDEFINIDOS

Os datos de contratación evidencian que as empresas galegas seguen facendo maioritariamente contratos de carácter temporal, abusando claramente desta modalidade de contratación. Todo isto, a pesar de non ser outubro un mes que se caracterice pola estacionalidade. De feito, en outubro ratificáronse 94.870 contratos para un mercado laboral de tan só 989.904 afiliados á Seguridade Social. Isto evidencia unha excesiva rotación na contratación que sempre leva consigo precariedade e temporalidade. Ademais, de todos os contratos asinados, tan só o 8,4 por cento tiveron un carácter indefinido.

Pero é que a precariedade non afecta tan só aos que traballan, os que están no desemprego tamén son vítimas dun sistema de coberturas que xa non os protexe. En setembro de 2017 (último dato dispoñible) o número de beneficiarios de prestacións era de 83.972 persoas, 6.843 menos que hai un ano.

A TAXA DE COBERTURA POR DESEMPREGO SEGUE CAENDO. HAI FÓRA DO SISTEMA MÁIS DE 100.000 DESEMPREGADOS EN GALICIA

A taxa de cobertura é de 50,1 puntos, deixando fóra do sistema de protección a 100.085 persoas en situación de desemprego. Neste senso, UGT-Galicia denuncia que existe un forte diferencial entre as taxas de cobertura do Estado, de 54,8 puntos, e a galega, que apenas supera os 50.

Pero é que, ademais de estar ante taxas de cobertura insuficientes, as existentes son cada vez máis precarias. Tan só 34.687 beneficiarios, o 41,3 por cento, perciben unha prestación contributiva. O resto perciben prestacións de carácter asistencial, ben sexa un subsidio (37.732 persoas); renda activa de inserción (9.800 persoas) ou beneficiarios dun programa de activación do emprego (1.753 beneficiarios).

É evidente que as contías nestes últimos casos son certamente precarias e moi por debaio das que perciben os beneficiarios de prestacións contributivas. Aínda que neste caso en Galicia tamén son certamente baixas, cunha media de 776,9 euros ao mes.

Neste mes tampouco son bos os datos de afiliación á Seguridade Social. 989.904 cotizantes, caendo en 2.356 nos mes, un 0,2 por cento. Evolución contraria ao resto do Estado, onde aumenta un 0,51 por cento. No ano medra en Galicia nun 1,9 por cento pero, unha vez máis, por debaixo do Estado, onde sube nun 3,46 por cento.

Para UGT-Galicia, resulta evidente que son moitas as cousas que están a fallar nunha economía que medra a un ritmo do 3,2 por cento, algo que contrasta coas cifras que se veñen de analizar que evidencian que se mantén unha fonda crise do emprego. O Sindicato denuncia unha vez máis que a recuperación non chega ás persoas traballadoras, non chega aos fogares. E, mentres isto non suceda, non se poderá falar de recuperación real, tan só de recuperación macroeconómica.

Neste contexto, urxe un diálogo xa cos interlocutores sociais para deseñar un verdadeiro plan de choque polo emprego, con recursos adicionais para a protección das persoas desempregadas maiores de 50 anos, ao tempo que debería aumentar a partida de políticas activas que melloren a empregabilidade e a inserción dos traballadores.

Hai que acadar un plan que impulse a creación de emprego estable e con dereitos e aumente a protección dos desempregados, co fin de que a recuperación sexa real e duradeira para as familias.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE Secretario de Política Sindical. Emprego e Seguridade Social DE UGT-GALICIA, LUIS BANEIRA GÓMEZ; TELÉFONO: 606649157.



GALICIA

Outubro 2017

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº desempregados rexistrados

185.903

1.846

1,0

-13.037

-6,6

* homes

79.574

1.231

1,6

-8.696

-9,85

* mulleres

106.329

615

0,6

-4.341

-3,92

Nº parados mozos < 26 anos

9.664

469

5,1

379

4,1

Nº desempregados por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

6.702

261

4,1

-789

-10,5

* industria

21.473

233

1,1

-2.300

-9,7

* construción

17.078

-355

-2,0

-4.127

-19,5

* servizos

124.305

1.768

1,4

-5.585

-4,3

* sen emprego anterior

16.345

-61

-0,4

-236

-1,4

Beneficiarios prestación por desemprego (setembro)

83.972

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (setembro)

50,09

Parados totais sen ningún tipo de prestación (setembro)

100.085

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

94.870

-1.499

-1,6

8.596

10,0

Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

7.957

161

2,1

1.319

19,9

Nº contratos temporais

86.913

-1.660

-1,9

7.277

9,1

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

 

Nº afiliados/cotizantes (datos provisionais)

989.904

-2.356

-0,2

18.352

1,89

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do MEYSS





Fuente: UGT-Galicia