Os delegados de UGT ratifican en asemblea o preacordo do Convenio do metal da provincia de Pontevedra

Fecha: 12 Jul 2017

Opreacordo do Convenio do metal da provincia de Pontevedra ven de serratificado en asemblea polos delegados de UGT-FICA, como paso previoá sinatura hoxe á tarde do acordo que sentará as bases dascondicións socioalaborais dos máis de 30.000 traballadores que osector ten na provincia.

Lembrar que foi o na madrugada do pasado día 6 cando UGT, CCOO e aparte empresarial pecharon o preacordo que hoxe será ratificado econvertido xa en Convenio colectivo.

Foron varios meses de negociación, dende comezos de ano, unha vezcaducado o anterior convenio a finais de decembro de 2016, e ata demobilizacións nas últimas semanas que desembocaron no acordo quehoxe se ratificará.

Neste senso, dende UGT-FICA faise fincapé en que este acordo éposible grazas ás mostras de apoio dos traballadores do metal daprovincia de Pontevedra en todos aqueles actos de protesta convocadospolos sindicatos no seu momento para amosar o desacordo coaestratexia empresarial de ir dilatando a negociación.

OACORDO GARANTE, COMO MÍNIMO, UN INCREMENTO DUN 4,5 POR CENTO PARA OSPRÓXIMOS TRES ANOS

Dende o Sindicato aclárase que o acordo despexa o horizonte dospróximos tres anos garantindo o poder adquisitivo dos traballadoresafectados.

Concretandoos puntos do preacordo, este establece:

Unhavixencia de tres aos (2017-2019).

Incrementosalarial de: 2% para 2017 (con efecto retroactivo); 1,25% para 2018;e

1,25% para2019.

Revisiónsalarial. No caso de que o IPC real a final de ano superase un 2% en2017 e un 1,25% en 2018 e en 2019.

Inclusiónno ámbito funcional do convenio das empresas multiservizos queactúen no sector.

Mellorasen licenzas e desprazamentos (preferencia para non desprazarse amulleres embarazadas, traballador@s en permiso de lactación evítimas de violencia de xénero).

Finalmente,UGT-FICA cualifica este como un bo acordo, a pesar de que outros sededicasen a desprestixialo ao mesmo tempo que serán os primeiros enbeneficiarse das melloras que recolle, sobre todo, a recuperación da cláusula de revisión salarial, despois de dous convenios nos quenon se recollía. Isto permitirá que os traballadores non teñanperdidas de poder adquisitivo. Outra das melloras máissignificativas é a referencia ás empresas multiservizos, un claroexpoñente de precarización das condicións laborais que trouxo areforma laboral do PP.



Fuente: FICA