Os datos do paro do mes de abril inciden nun mercado laboral marcado pola temporalidade, parcialidade e alta rotación

Fecha: 09 May 2016

Os datos do desemprego do mes de abril, feitos públicos hoxe, reflicten unha tímida mellora que ten un marcado carácter estacional polo comezo da temporada turística. Ademais, aínda que baixa o paro tamén en Galicia o fai en menor medida que no resto do Estado. Isto hai que acompañalo de altos índices de temporalidade, parcialidade involuntaria e alta rotación na contratación que non se consolida. En definitiva, uns datos que apuntan a que as políticas do PP, tanto no Estado como en Galicia, empobrecen a calidade do emprego, a calidade de vida das persoas e, polo tanto, á clase traballadora e á sociedade no seu conxunto.

Os datos concretos apuntan a unha caída de 3.644 persoas desempregadas en Galicia no mes de abril, o que supón unha baixada do 1,57 por cento con respecto ao mes anterior. Así, o mes remata con 228.153 persoas desempregadas nesta Comunidade. No resto do Estado a baixada do desemprego foi maior, do 2,04 por cento.

En relación ao ano anterior, o desemprego baixou nun 6,8 por cento en Galicia e un 7,43 por cento no Estado.

CONTRACCIÓN DA POBOACIÓN EN IDADE DE TRABALLAR

Un mes máis, constátase contracción na poboación en idade de traballar, basicamente, pola saída da poboación cara fóra e o retorno de inmigrantes cara os seus países de orixe. De feito, segue a caída do desemprego entre as persoas estranxeiras, dun 4,2 por cento.

Por sexos, no mes cae o desemprego máis entre os homes, nun 2,23 por cento, que nas mulleres, nun 1,01 por cento. Así, as mulleres acadan o 54,2 por cento do total do desemprego en Galicia. En termos interanuais o desemprego cae en ambos sexos pero os máis beneficiados tamén son os homes, contraendo as cifras do paro nun 8,25 por cento, fronte á menor caída das mulleres, dun 5,51 por cento.

Por provincias, o paro baixa en todas, un 1,83 por cento en A Coruña, un 1,55 por cento en Pontevedra, un 1,51 por cento en Lugo e un 0,81 por cento en Ourense. En relación a hai un ano tamén baixa en todas as provincias.

Por idades, entre os máis mozos, os menores de 25 anos, no mes o paro cae dun xeito similar a como o fai no resto das idades. Sen embargo, interanualmente, a caída é máis acusada, do 11,16 por cento. A razón desta forte caída está na saída de efectivos da Comunidade galega e a falta de relevo xeracional.

En canto aos sectores, o paro baixa en todos, salvo no de sen emprego anterior no que sube un 0,21 por cento.

Os datos de contratación apuntan a un incremento do 0,86 por cento, fronte ao 2,18 por cento que se rexistra no resto do Estado. Caen no mes os contratos indefinidos, nun 4,63 por cento, e medran os temporais, un 1,41 por cento.

A porcentaxe de contratos indefinidos sobre o total no mes de abril é do 8,67 por cento. En Galicia fixéronse 67.941 contratos en tan só un mes, o que evidencia a precariedade destes contratos que non se consolidan e os altos niveis de rotación laboral.

CRONIFICACIÓN DO PARO DE LONGA DURACIÓN E BAIXOS NIVEIS DE COBERTURA

A UGT-Galicia preocúpalle moito a cronificación do paro de longa duración e os baixos niveis de cobertura por desemprego. A cifra de beneficiarios con prestación en Galicia é de 108.721 persoas. O carácter contributivo desta prestación está en mínimos, tan só 43.399 persoas son beneficiarias da prestación contributiva, o 40 por cento do total. A taxa de cobertura é do 50,99 por cento (53,3 por cento no resto do Estado), acadando mínimos. A prestación por desemprego xa é de carácter asistencial. A contía media mensual da prestación de carácter contributivo é de 779,7 euros ao mes, fronte aos 804,5 no Estado. Pero é que as contías medias das prestacións asistenciais son de 426 euros.

A día de hoxe hai en Galicia 123.076 parados sen ningún tipo de cobertura, o 54 por cento dos desempregados. Isto orixina serios riscos de traspasar as liñas da exclusión social e pobreza.

A media de afiliados á Seguridade Social é de 943.356. Cifra afastada do millón de afiliados de antes da crise.

Este mercado laboral, fortemente deteriorado, onde predomina o emprego temporal, precario e a tempo parcial involuntario, cunha elevada rotación no emprego e baixos salarios, indica que urxe acometer catro grandes reformas: un plan de choque polo emprego; a ampliación da cobertura aos desempregados, entre outras medidas, ampliando o acceso ao Programa de Activación polo Emprego; reactivar o contrato de relevo para facilitar o emprego dos mozos, ao tempo que se asegura a cobertura aos desempregados maiores de 55 anos; e unha estratexia estatal industrial que aposte pola industrialización do tecido produtivo.

Estas reformas son, para UGT-Galicia, ineludibles e urxentes para lograr unha recuperación económica en España sostible, duradeira e para toda a sociedade.

NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE POLÍTICA SINDICAL, RELACIÓNS LABORAIS E FORMACIÓN DE UGT-GALICIA, JOSÉ DOMINGO BARROS. TELÉFONO: 679451570.

GALICIA

abr-16

VARIACIÓN SOBRE

 

 

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

 

 

%

%

DESEMPREGO

Nº desempregados rexistrados

228.153

-3.644

-1,57

-16.608

-6,8

* homes

104.414

-2.382

-2,2

-9.388

-8,25

* mulleres

123.739

-1.262

-1,0

-7.220

-5,51

Nº parados mozos < 26 anos

12.012

-192

-1,57

-1.509

-11,2

Nº desempregados estranxeiros

11.439

-185

-1,6

-505

-4,2

Nº desempregados por sectores*

 

 

 

 

* agricultura

8.519

-154

-1,8

-89

-1,0

* industria

27.228

-590

-2,1

-4.260

-13,5

* construción

26.875

-716

-2,6

-3.846

-12,5

* servizos

146.915

-2.223

-1,5

-6.699

-4,4

* sen emprego anterior

18.616

39

0,2

-1.714

-8,4

Beneficiarios prestación por desemprego (marzo)

108.721

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (marzo)

50,99

Parados totais sen nengún tipo de prestación (marzo)

123.076

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

67.941

577

0,9

761

1,1

Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

5.890

-286

-4,6

665

12,7

Nº contratos temporais

62.051

863

1,4

96

0,2

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº afiliados (datos provisionais)

943.356

2.808

0,30

13.898

1,50



 

Fuente: UGT-Galicia