Os datos desemprego, con boas cifras de contratación indefinida e afiliación, vense embazados coa perda de poder adquisitivo e a dificultade de acceder á vivenda

O sindicato chama a secundar a folga xeral do 11 de novembro para esixir que a riqueza xerada polas persoas traballadoras tradúzase en salarios dignos e vivenda alcanzable

Fecha: 04 Nov 2026

paronov26
O sindicato chama a secundar a folga xeral do 11 de novembro para esixir que a riqueza xerada polas persoas traballadoras tradúzase en salarios dignos e vivenda alcanzable

Os datos desemprego, con boas cifras de contratación indefinida e afiliación, vense embazados coa perda de poder adquisitivo e a dificultade de acceder á vivenda

UGT-Galicia alerta da brecha por razón de xénero e entre os máis mozos e dos peores datos de emprego de Galicia

Santiago, 4 de novembro de 2026.-  As afiliacións á Seguridade Social, a pesar de ter baixado en Galicia neste mes, rexistran a cuarta mellor cifra histórica. Pola súa banda, o paro rexistrado aumentou en 2.412 persoas, segundo os datos publicados polo Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións e polo Ministerio de Traballo e Economía Social. Estes datos explícase, como en anteriores ocasións, polo peche definitivo da tempada turística, o que contribúe a que unha parte de quen traballou na hostalería e o comercio durante o verán vexa agora finalizados os seus contratos. 

 

Non obstante, UGT interpreta estas cifras como unha proba máis da fortaleza do emprego, cunha afiliación que supera xa o millón de persoas e alcanza o cuarto nivel máis alto da serie histórica, pero lembra que esa fortaleza non se traslada adecuadamente ao poder de compra de quen traballa. 

 

Máis aló do efecto estacional, a tendencia de fondo é sólida: no último ano, o sistema gaña 24.286 afiliacións, o que sitúa o ritmo de creación de emprego no 2,2%, aínda que hai que salientar que en Galicia este é inferior ao do resto do Estado, onde é do 3,59%.

 

Adicionalmente ao xa sinalado, a regularización extraordinaria de situacións administrativas de persoas migrantes segue tendo un peso notable nos resultados deoutubro. Para UGT, cada unha desas altas é un traballo que logramos sacar da economía irregular e que, por tanto, pasa a cotizar, con dereitos laborais e protección social. Con todo, o ritmo de resolución das solicitudes segue sendo lento e esiximos reforzar os medios das oficinas de estranxeiría para que ningunha persoa quede atrapada na espera nin exposta a abusos mentres tanto.

 

En canto á contratación, o 30,84% dos contratos asinados en outubro son indefinidos e a temporalidade da afiliación sitúase no 14,39%, moi lonxe do 28,75% que se rexistraba en outubro de 2021, antes da reforma laboral.

 

Estas cifras confirman o acerto dunha reforma que UGT impulsou e acordou no marco do diálogo social e que cambiou de raíz a forma de contratar no noso país: hoxe o emprego estable é a norma e non a excepción, o que se traduce en máis seguridade e en mellores condicións para millóns de persoas traballadoras. O reto agora é consolidar ese avance e estendelo aos colectivos e sectores onde a temporalidade é maior, como ocorre entre las persoas mozas.

 

Pola súa banda, o paro rexistrado sobe en 2.412 persoas respecto a setembro (+2,15%) e sitúase en 114.849, o segundo menor rexistro para un mes de outubro da serie histórica. Boa parte do incremento explícase, de novo, pola inscrición como demandantes de persoas tras a regularización da súa situación administrativa, que acoden aos servizos públicos para buscar emprego ou mellorar o que teñen. Aínda así, detrás de cada cifra hai persoas que necesitan unha resposta: UGT insiste en dotar aos servizos públicos de emprego de máis persoal e máis orientadores, capaces de deseñar itinerarios personalizados para quen máis o necesitan.

 

O gran reto, con todo, está nos salarios. O IPC adiantado de outubro mantense no 4,9%, en máximos desde principios de 2023, mentres que as subidas pactadas nos convenios roldan o 3% (os convenios asinados en 2026 o 3,61%). Esa diferenza supón unha perda continuada de capacidade de compra para millóns de fogares, que resulta aínda máis dura para quen cobra o salario mínimo, revalorizado só un 3,1% este ano. Por iso, UGT pide fixar para 2027 un incremento de, polo menos, o 7%. Ao mesmo tempo, a CEOE debe levantar o bloqueo do VI AENC e aceptar subidas salariais que superen a inflación, acompañadas de cláusulas de revisión que protexan aos traballadores e traballadoras se os prezos seguen escalando.

 

En conclusión, os datos de outubro confirman que os indicadores de emprego seguen a ser bos e que a reforma laboral segue consolidando a estabilidade no emprego, pero ese crecemento non está a chegar como debería aos petos de quen o fai posible. E onde máis se nota é na vivenda: alugar ou comprar unha casa volveuse inalcanzable para moitas persoas, cuns prezos que se dispararon na última década moi por encima dos soldos e que se levan unha parte cada vez maior duns salarios que xa perden fronte á inflación. Por iso, é urxente frear e reducir o prezo da vivenda, acabar coa especulación e ampliar o parque público de vivenda. Salarios e vivenda son as dúas caras do mesmo problema, e é o que levou a UGT e CCOO, xunto con outras organizacións sindicais e sociais, a convocar unha folga xeral o vindeiro mércores 11 de novembro. A riqueza que xera a clase traballadora ten que volver ás súas mans, en forma de salarios dignos e dun fogar ao alcance de todas as persoas. O 11 de novembro, paramos. 

 

Radiografía desemprego en Galicia

Concretando os datos que se fan públicos hoxe, en Galicia o desemprego subiu en 2.412 persoas con respecto ao mes anterior (2,15%) e no Estado esta cifra tamén subiu, pero menos, un 1,81%. Nesta Comunidade esta tendencia repítese en relación a hai un ano, o desemprego sube en 1.463 persoas, un 1,29%. Pola contra, no resto do Estado baixa un 0,86%. Así, o número total de desempregados sitúase nesta Comunidade en 114.849 persoas, a segunda menor cifra do desemprego da serie histórica nun mes de outubro.

Por idades, entre os menores de 25 anos, o desemprego tamén medrou, nun 1,99% no mes e nun 13,20% no ano.

Por sexos, no mes o desemprego sube en ambos, un 2,45% entre os homes e no caso das mulleres nun 1,93%. No ano sube o desemprego entre os homes, nun 0,64%, e nun 1,75% nas mulleres. Dende UGT-Galicia alértase de que, en termos estruturais, as mulleres seguen a representar o 59,12% do total do desemprego en Galicia. O paro afecta a un total de 67.899 mulleres, fronte a 46.950 homes.

En canto aos sectores, o desemprego no mes sube en todos, salvo no colectivo de sen emprego anterior. Así, sube un 6,97% no primario; no 1,61% na industria;  no 0,42% no sector da construción; o 2,52% no sector servizos; e baixa o 0,07% entre o colectivo de sen emprego anterior. No ano baixa en todos, excepto no grupo de sen emprego anterior. Así, diminúe un 1,16% no primario; o 1,35% na industria; o 5,34 na construción; o 0,40% nos servizos; e sube o 22,09% entre as persoas que non teñen un emprego anterior.

Territorialmente, o desemprego sube no mes en todas as provincias, nun 2,38% na Coruña, 0,90% en Lugo, 2,40% en Ourense e un 2,15% en Pontevedra. No ano subiu na Coruña nun 2,55%; o 4,38% en Lugo; o 1,43% en Ourense; e baixou o 0,86% en Pontevedra.

O dato de contratación indefinida segue a ser moi bo, do 30,84%, aínda que distante do 43,26% estatal. Realizáronse en outubro un total de 65.770 contratos en Galicia, un 14,51% menos que no mes anterior. Con respecto a hai un ano tamén diminuíu, nun 4,19%. No mes de outubro de 2021, a porcentaxe de contratación indefinida non superaba o 8,87%. É dicir, estase 21,97 puntos por enriba.

Por sectores, destacan as porcentaxes de contratación indefinida na construción, do 65,91%, e no sector primario, do 53,48%. Tamén foron elevadas, aínda que non tanto, nos servizos, do 29,78%, e na industria, do 22,62%.

A afiliación á Seguridade Social sitúase en 1.127.270 de media mensual, baixando o 0,06% no mes e aumentando un 2,20% no ano. Rexistrándose así máximos históricos de afiliación á Seguridade Social, a cuarta mellor cifra, tras xullo, agosto e setembro.  

Por outra banda, a temporalidade da afiliación da Seguridade Social sitúase no 14,39% en Galicia, fronte ao dato estatal do 12,08%. En outubro de 2021 esta porcentaxe era do 28,75%, o que ratifica os bos resultados da reforma laboral. 

Finalmente, a cobertura de protección por desemprego foi en Galicia no mes de setembro do 79,39%, con 39.879 prestacións contributivas; 30.101 subsidios; e 19 rendas activas de inserción. Tan só o 50% son prestacións contributivas, o que fai alertar das dificultades que poden ter moitos fogares para chegar a fin de mes pola baixa contía das prestacións non contributivas.

Fuente: UGT-Galicia