Os baixos salarios lastran a economía e o emprego

Fecha: 02 Feb 2023

Continúa a senda de estabilidade aberta tras a entrada en vigor da Reforma Laboral, os contratos indefinidos acadan o 35,3%

Os baixos salarios lastran a economía e o emprego

Urxe mellorar as políticas de emprego para as 145.048 persoas en paro

 

Santiago, 2 de xaneiro de 2023.- Os datos de paro publicados hoxe polo Servizo Público de Emprego (SEPE) mostran un aumento de 2.826 persoas desempregadas neste mes, como é habitual nos meses de xaneiro ao coincidir co fin da campaña de Nadal. Aínda así, o total de parados rexistrados sitúase no nivel máis baixo de desemprego nun mes de xaneiro da serie histórica dende 1996, cun total de 145.048 persoas.

Con respecto á calidade do emprego, o primeiro mes de 2023 continúa a senda de estabilidade aberta tras a entrada en vigor da Reforma Laboral, lanzando unha proporción de contratos indefinidos do 35,3%, moi superior á tradicionalmente rexistrada neste mes. En conxunto, rexistráronse un total de 50.956 contratos, 19.986 menos que o mesmo mes do ano anterior; un dato que é coherente co maior número de contratos indefinidos e o fin da encadenación ilimitada de contratos temporais.

Cabe destacar tamén que a subida do SMI a 1080 aprobada este pasado martes, permitirá a millóns de persoas asalariadas paliar gran parte da perda adquisitiva acumulada durante o ano 2022, axudando a reducir a desigualdade salarial e os altos niveis de pobreza que aínda persisten hoxe en día no noso país.

Con todo, a pesar destes avances, UGT alerta que aínda persisten problemas que hai que tratar, como o paro de longa duración, para o que é necesario reformar as Políticas Activas de Emprego para que realmente melloren as oportunidades de atopar un emprego para todas as persoas que levan máis dun ano en situación de desemprego. Para iso, con todo, é necesario que a nova Lei de Emprego provea aos Servizos Públicos de Emprego dos medios e recursos necesarios para desenvolver o seu labor de maneira efectiva.

Paralelamente, hai que mellorar a cobertura do sistema de prestacións por desemprego: no mes de decembro, tan só beneficiáronse 88.742 persoas dunha prestación, de maneira que a taxa de cobertura situouse no 68%. A cobertura por desemprego amosa as dificultades que están a pasar as persoas no paro, xa que maioritariamente perciben subsidios, 41.302 a Renda Activa de Inserción, 4.747 importes asistenciais e tan só 42.693 prestacións contributivas, o 48%.

En definitiva, tras un ano de Reforma Laboral, é posible constatar as virtudes que a nova norma trouxo para a mellora das condicións laborais da clase traballadora, a pesar do difícil contexto económico. UGT presentou este pasado mes de xaneiro un informe onde se facía evidente o éxito desta reforma, moi positiva para o mercado de traballo e para as empresas e persoas traballadoras deste país. Unha reforma que permitiu a diminución da precariedade laboral, axudando á estabilización da negociación colectiva, igualando as relacións laborais.


 

Datos desemprego Galicia

Entrando polo miúdo na análise concreta dos datos, estes indican que o desemprego sube en Galicia en 2.826 persoas, un 2%, en relación ao mes de decembro, quedando a cifra total en 145.048 persoas en situación de desemprego. En relación a hai un ano, o paro baixa nun 5,8%.

Entre os máis mozos, o desemprego aumenta nun 2,5% pero cae nun 5,7% no ano. Así, hai en Galicia 5.671 mozos e mozas en situación de desemprego.

Por sexos, entre os homes o paro medra nun 1% e crece un 2,7% entre as mulleres. No ano, baixa en ambos casos, un 7,4% entre os homes e un 4,6% entre as mulleres. Non obstante, en termos estruturais, as mulleres representan o 58,3% do total do desemprego.

Por sectores, o paro diminúe no mes no primario, 0,2%, o 0,4% na industria, o 1,2% na construción e o 0,8% no colectivo de sen emprego anterior. Pola contra, medra en servizos, o 3,1%. No ano o desemprego cae en todos os sectores, salvo entre o colectivo de sen emprego anterior, onde sube o 0,3%. Así, baixa un 16,1% no primario; un 9,7% na industria; un 10,1% na construción; e un 4,8% nos servizos.

En canto ao factor territorial, a evolución no mes foi similar en todas as provincias. Subiu o desemprego na Coruña, 2,1%; en Ourense nun 1,7%; en Lugo, nun 1,3%; e o 2,1% en Pontevedra. No ano a baixada do desemprego foi do 6,8% en Lugo; do 6,2% en Pontevedra; do 5,8% na Coruña; e do 3,6% en Ourense.

A contratación indefinida arroxa un excelente dato, cunha porcentaxe histórica para o mes de xaneiro, do 35,3%. En Galicia realizáronse 50.956 contratos, menos que no ano anterior pero de máis calidade. Sectorialmente, as porcentaxes de contratación indefinida foron do 75,44% na construción; do 64,36% no primario; do 34,29% no sector servizos; e do 23,10% na industria.

As cifras de afiliación á Seguridade Social sitúanse en 1.030.738, caendo nun 1,1% no mes e medrando un 0,9% no ano.


 

GALICIA

XANEIRO 2023

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas Estado

2.908.397

70.744

2,5

-214.681

-6,9

Nº persoas paradas

145.048

2.826

2,0

-8.884

-5,8

* homes

60.474

626

1,0

-4.800

-7,4

* mulleres

84.574

2.200

2,7

-4.084

-4,6

* mozos e mozas < 25 anos

5.671

140

2,5

-343

-5,7

Por sectores*

* agricultura

4.809

-9

-0,2

-924

-16,1

* industria

15.051

-56

-0,4

-1.618

-9,7

* construción

10.147

-119

-1,2

-1.135

-10,1

* servizos

103.423

3.100

3,1

-5.242

-4,8

* sen emprego anterior

11.618

-90

-0,8

35

0,3

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (Decembro)

88.742

 

(%) Taxa de cobertura prestación por desemprego (Decembro)

68,0

Por provincias

A Coruña

58.296

1.181

2,1

-3.557

-5,8

Lugo

13.825

177

1,3

-1.003

-6,8

Ourense

16.578

284

1,7

-619

-3,6

Pontevedra

56.349

1.184

2,1

-3.705

-6,2

CONTRATACIÓN

Nº contratos

50.956

-1.088

-2,1

-19.986

-28,2

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

17.986

2.727

17,9

6.575

57,6

* temporais

32.970

-3.815

-10,4

-26.561

-44,6

(%) contratos indefinidos

35,30

 

% Indefinidos primario

64,36

% Indefinidos industria

23,10

% Indefinidos construción

75,44

% Indefinidos servizos

34,29

AFILIACIÓN Á SEGURIDADE SOCIAL

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais) Estado

20.081.224

-215.047

-1,1

454.063

2,3

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais) Galicia

1.030.738

-11.525

-1,1

8.784

0,9

 

 

 

 

 

 

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones


 


 


 


 

Fuente: UGT-Galicia