O Plan de recuperación debe xerar empregos de calidade e con dereitos
Fecha: 05 May 2021
As cifras non permiten caer en triunfalismos polas variacións que se ven mes a mes froito das modificacións das restricións e da situación sanitaria e porque hai un ano a parálise do país era practicamente total
O Plan de recuperación debe xerar empregos de calidade e con dereitos
A parálise laboral, persoas en desemprego máis persoas en ERTE, achégase en Galicia ás 200.000
Santiago, 5 de maio de 2021.- Os datos de paro correspondentes ao mes de abril, publicados hoxe polo Servizo Público de Emprego, mostran un novo descenso das persoas desempregadas, concretamente de 9.941 persoas. Este descenso débese á Semana Santa, á melloría nas cifras de contaxios e ao avance da vacinación, que permitiron que aumente a confianza nas perspectivas económicas e que se reactive parcialmente a actividade e a demanda.
Así, o último día de abril 170.778 persoas atopábanse en desemprego en Galicia, o que implica un descenso do 5,5% respecto a marzo.
Para UGT-Galicia, a pesar das melloras no emprego durante os últimos dous meses, a recuperación é moi dependente aínda das ondas de contaxios e do ritmo de vacinación. Por tanto, a mellor alternativa para garantir unha mellora palpable no emprego e na economía é continuar aumentando o ritmo de vacinación como se leva facendo nas últimas datas. Mentres tanto, hai que asegurar a máxima protección sanitaria, incluíndo as medidas de restrición necesarias para evitar unha nova onda de contaxios, polo prexudicial que sería para a recuperación que se repetisen os peches dalgunhas actividades.
Manter a protección ó desemprego vía ERTE e outras prestacións, reforzar o tecido produtivo e impulsar as políticas activas de emprego
Neste sentido, o sindicato considera fundamental seguir mantendo a protección ao emprego, que comprobou ter uns resultados sumamente positivos, vía ERTE e outras prestacións adicionais, así como reforzar ao tecido produtivo, posto que ambos os factores serán as claves para que a recuperación sexa canto antes. De forma paralela, será necesario impulsar as políticas activas de emprego a través dos Servizos Públicos de Emprego.
Ademais, para UGT-Galicia é imprescindible que o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia se traslada á realidade e faga un bo uso dos fondos de reconstrución europeos para que a economía española tórnese nunha economía e sociedade máis dixitalizadas, produtivas e respectuosas co medio ambiente. E isto implica un cambio de modelo produtivo que xere empregos de calidade.
E isto pasa tamén pola derrogación da reforma laboral de 2012, que só xerou despedimentos, pobreza e desigualdade entre a poboación do noso país, unha reforma de pensións que faga xustiza ás persoas traballadoras que terminaron o seu ciclo laboral e aumentar o SMI, entre outras medidas. En definitiva, que o Goberno cumpra todos os compromisos adoptados coas persoas.
Entrando polo miúdo na análise dos datos facilitados hoxe, como xa se comentaba en parágrafos precedentes, en Galicia o paro baixa no mes nun 5,5%, o 0,99% no resto do Estado. No ano, a caída é nesta Comunidade dun 10,9%, cando no Estado aumenta un 2,1%. Non obstante, UGT-Galicia insiste na cautela ante análises triunfalistas porque comparar a situación actual coa que se vivía hai un ano, en pleno estado de alarma e cunha parálise case absoluta do país, excepto os sectores esenciais, é, cando menos, arriscado e pouco obxectivo.
Ademais, hai que ter en conta que ós 170.778 desempregados que hai en Galicia, hai que engadirlle 30.180 que, aínda estando apuntados no desemprego, compútanse como ocupados. Así, en Galicia hai en abril, de media, 27.000 traballadores en ERTE, 11.202 homes e 15.796 mulleres.
|
Galicia |
Estado |
2021 Abril |
170.778 |
3.910.628 |
Variación absoluta mes anterior |
-9.941 |
-39.012 |
Variación relativa |
-5,50 |
-0,99 |
Variación absoluta mismo mes del año anterior |
-20.851 |
79.425 |
Variación relativa |
-10,88 |
2,07 |
Entre os máis mozos, os menores de 25 anos, o desemprego afecta a 6.892, caendo no mes nun 13.83% e tamén no ano un 27.83%, evolución máis acusada que no total de idades e tanto en termos intermensuais como interanuais.
Por sexos, o paro cae máis entre os homes, nun 6,37%, fronte ó 4,86% no caso das mulleres. O mesmo sucede no ano. Entre os homes o desemprego baixa nun 15,31% e un 7,35% no caso das mulleres.
Hai en Galicia 26.836 mulleres máis desempregadas que homes
En termos estruturais as mulleres seguen a representar nada menos que o 57,9% do total de desemprego en Galicia, afecta a un total de 98.807 mulleres, fronte a 71.971 homes. 26.836 mulleres desempregadas máis que homes.
2021/Abril |
Menores 25 anos |
Homes |
Mulleres |
6.892 |
71.971 |
98.807 |
|
Variación absoluta mes anterior |
-1.106 |
-4.898 |
-5.043 |
Variación relativa |
-13,83 |
-6,37 |
-4,86 |
Variación absoluta mismo mes del año anterior |
-2.658 |
-13.011 |
-7.840 |
Variación relativa |
-27,83 |
-15,31 |
-7,35 |
No mes, ao analizar por sector de actividade dáse contracción en todos eles. Hai unha considerable caída no colectivo de sen emprego anterior, o 10.35%; no primario, 7.33%; na construción, o 5.78%; nos servizos, o 5.37%; e na Industria, o 2.28%
No ano, todos os sectores aparecen beneficiados, cun contexto base no ano anterior de mínimos. Baixa un 23.13% na construción, 10.5% no colectivo de sen emprego anterior, 10.1% nos servizos, 8.02% na industria e 7.35% no primario.
|
Paro total |
Agricultura / Gandería |
Industria |
Construción |
Servizos |
Sen emprego anterior |
2021/Abril |
170.778 |
5.916 |
19.520 |
12.574 |
120.566 |
12.202 |
Variación absoluta mes anterior |
-9.941 |
-468 |
-455 |
-771 |
-6.839 |
-1.408 |
Variación relativa |
-5,50 |
-7,33 |
-2,28 |
-5,78 |
-5,37 |
-10,35 |
Variación absoluta mismo mes del año anterior |
-20.851 |
-469 |
-1.701 |
-3.784 |
-13.465 |
-1.432 |
Variación relativa |
-10,88 |
-7,35 |
-8,02 |
-23,13 |
-10,05 |
-10,50 |
En termos provinciais todas teñen o mesma evolución, caída no mes e forte contracción no ano. En todas as provincias supérase no mes o 5% de contracción e no ano 12,6% en Pontevedra, 11% na Coruña, 7,6% en Ourense e 7,2% en Lugo.
|
Abril / 2021 |
Var. Absoluta mes |
Var. % mes |
Var. Absoluta ano |
Var. % ano |
A Coruña |
68.535 |
- 3.641 |
-5,0 |
- 8.436 |
-11,0 |
Lugo |
17.002 |
- 1.086 |
-6,0 |
- 1.311 |
-7,2 |
Ourense |
19.121 |
- 1.144 |
-5,6 |
- 1.568 |
-7,6 |
Pontevedra |
66.120 |
- 4.070 |
-5,8 |
- 9.536 |
-12,6 |
A contratación, a pesar de mellorar en relación a hai un ano, cun país paralizado, segue a estar baixo mínimos
Cos datos de abril compróbase que tan só se realizaron 65.622 contratos, cifra mínima, pero con respecto ao ano anterior no mes de abril hai un aumento claro, xa que só se realizaran 21.285. En 2019, un contexto sen pandemia. no mesmo mes realizáronse 83.967 contratos.
UGT-Galicia denuncia que a contratación temporal é á carta. O modelo ten que mudar
Como se comproba, a contratación temporal é a carta, así vese que o groso dos movementos en contratación danse na contratación temporal.
|
Total contratos |
Total Temporais |
Abril / 2021 |
65.622 |
58.159 |
Variación absoluta mes anterior |
3.618 |
5.376 |
Variación relativa |
5,84 |
10,19 |
Variación absoluta mismo mes del año anterior |
41.748 |
36.874 |
Variación relativa |
174,87 |
173,24 |
En canto á taxe de cobertura por desemprego, en marzo 2021 (último dato dispoñible), esta sitúase nun 63,8% (60.46% no Estado).
As persoas beneficiarias de prestacións de desemprego sitúanse en 106.540. Destas, hai unha contracción no número de persoas beneficiarias de prestación contributiva, son 51.538, o 48,3% (no mes anterior era maior o peso das contributiva, o 52,8%). Isto indica que volve haber maior peso dos desempregados e desempregadas sen prestacións contributivas
Marzo 2021 |
Prestación contributiva |
subsidio |
renda activa de inserción |
Totais |
GALICIA |
51.538 |
47.585 |
7.417 |
106.540 |
En canto á evolución nas cifras de afiliación á Seguridade Social (media mensual), sitúase en Galicia no mes en 1.001.994. Medra no mes só no 0,33%, o que indica pouco movemento, e, con respecto ao mes de abril do ano anterior, o 2,79%.
No Estado a afiliación (media mensual) é de 19.055.298, algo máis de dinamismo das cifras no mes ao medrar o 0,71% no mes e no ano o aumento foi do 3.23%.
2021/Abril |
Galicia |
Estado |
1.001.994 |
19.055.298 |
|
Variación absoluta mes anterior |
3.261 |
134.396 |
Variación relativa |
0,33 |
0,71 |
Variación absoluta mismo mes del año anterior |
27.223 |
596.631 |
Variación relativa |
2,79 |
3,23 |
Case 27.000 persoas en ERTE en Galicia
No Estado abril remata con 638.283 persoas en ERTE ( 650.180 de media no mes). En Galicia remata o mes en 26.998 (de media no mes 27.635).
Por sexos, utilizando os datos do último día do mes, xa que non se ofrecen datos de media mensual, son 11.202 homes e 15.796 mulleres. Resulta evidente que a pandemia afecta máis ás mulleres.
A afectación da parálise laboral, persoas no desemprego máis persoas en ERTE achégase en Galicia ás 200.000 persoas
Estamos a falar en total de 638.283 persoas en ERTE a final de mes e 3.910.628 desempregados no Estado. En total case 4,5 millóns de persoas afectadas. En Galicia 26.998 persoas en ERTE a final de mes e 170.778 desempregados. Máis de 198.000 afectadas.
GALICIA |
abr-21 |
VARIACIÓN SOBRE |
|||
Mes anterior |
Mesmo mes ano anterior |
||||
nº |
% |
nº |
% |
||
DESEMPREGO |
|||||
Nº persoas paradas |
170.778 |
-9.941 |
-5,50 |
-20.851 |
-10,9 |
* homes |
71.971 |
-4.898 |
-6,37 |
-13.011 |
-15,3 |
* mulleres |
98.807 |
-5.043 |
-4,86 |
-7.840 |
-7,4 |
* mozos e mozas < 25 anos |
6.892 |
-1.106 |
-13,8 |
-2.658 |
-27,8 |
Por sectores* |
|
|
|
|
|
* agricultura |
5.916 |
-468 |
-7,3 |
-469 |
-7,3 |
* industria |
19.520 |
-455 |
-2,3 |
-1.701 |
-8,0 |
* construción |
12.574 |
-771 |
-5,8 |
-3.784 |
-23,1 |
* servizos |
120.566 |
-6.839 |
-5,4 |
-13.465 |
-10,0 |
* sen emprego anterior |
12.202 |
-1.408 |
-10,3 |
-1.432 |
-10,5 |
Persoas beneficiarias prestación por desemprego (marzo) |
106.540 |
|
|||
Taxa de cobertura prestación por desemprego (marzo) |
63,75 |
||||
Por provincias |
|
|
|
|
|
A Coruña |
68.535 |
-3.641,0 |
-5,0 |
-8.436,0 |
-11,0 |
Lugo |
17.002 |
-1.086,0 |
-6,0 |
-1.311,0 |
-7,2 |
Ourense |
19.121 |
-1.144,0 |
-5,6 |
-1.568,0 |
-7,6 |
Pontevedra |
66.120 |
-4.070,0 |
-5,8 |
-9.536,0 |
-12,6 |
CONTRATACIÓN |
|
|
|
|
|
Nº contratos |
65.622 |
3.618 |
5,8 |
41.748 |
174,9 |
* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos) |
7.463 |
-1.758 |
-19,1 |
4.874 |
188,3 |
* temporais |
58.159 |
5.376 |
10,2 |
36.874 |
173,2 |
AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL |
|
|
|
|
|
Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais) |
1.001.994 |
3.261 |
0,3 |
27.223 |
2,8 |
Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones |