O paro reflicte a desigualdade do mercado laboral, as mulleres representan máis do 57% do desemprego
Fecha: 05 Nov 2019

Se ben é certo que en Galicia baixa o paro nun 0,62%, cunha evolución máis positiva en relación ao que sucede no resto do Estado onde medra nun 0,1%, a pesar disto, a UGT-Galicia seguen a preocuparlle os riscos que afectan ao mercado laboral, o ensanchamento da fenda de xénero no desemprego, as elevadas doses de precariedade ou a estacionalidade do emprego xerado. Só o mantemento da actividade económica consegue que baixe o desemprego pero as eivas do mercado laboral galego continúan aí.
A día de hoxe hai en Galicia un total de 173.709 persoas en situación de desemprego, 1.091 menos que hai un mes. No Estado esta cifra é de 3.289.040 persoas no paro, cun aumento no mes de 3.279 persoas. En relación a hai un ano, dáse unha contracción do 7,7%, 14.498 persoas desempregadas menos, fronte á baixada do 5,2% do resto do Estado.
A FENDA DE XÉNERO TAMÉN SE ENSANCHA NO DESEMPREGO. UGT-GALICIA CHAMA A SECUNDAR A FOLGA CONVOCADA ESTE 8M E PARTICIPAR NAS MOBILIZACIÓNS
Por sexos, dáse, un mes máis, unha mellor evolución do desemprego entre os homes, caendo o paro nun 0,97%, fronte ao 0,36% no caso das mulleres. Incrementándose así a peor posición das mulleres en relación aos homes. O 57,1% do total do desemprego o ocupan as mulleres, 74.453 homes, fronte a 99.256 mulleres.
En relación aos menores de 25 anos, os máis mozos, o desemprego, contrariamente ao que sucede no resto da idades, medra nun 4,02%. A caída no ano tamén é un pouco menor ca do conxunto de idades, dun 6,3%.
Por sectores de actividade, o desemprego baixa en todos, con maior contundencia na construción e no primario, o 2,95% e o 2,72%, respectivamente. Tan só medra no colectivo de sen emprego anterior, un 2,05%. En termos anuais, o desemprego baixa en todas as actividades, o 18,55% na construción; o 8,46%, no primario; o 8,43% na industria; o 8,12% no colectivo de sen emprego anterior; e o 5,96% no sector servizos. Aínda que en termos absolutos, dada a terciarización da economía, no que máis se contrae é nos servizos, en 7.535 persoas.
Fixéronse 68.820 contratos, contraéndose este indicador nun 16,5% en relación ao mes anterior. A porcentaxe de contratación indefinida é de tan só o 9,96%, cando o ano pasado neste mesmo mes de febreiro era do 10,63%.
A precariedade tamén se traslada ao desemprego cunha taxa de cobertura de tan só o 59,8%, deixando fóra do sistema a 78.690 persoas, tendo en conta tanto aos que teñen dereito a cobertura como aos que non o xeraron previamente. No Estado a taxa de cobertura é superior, do 61,9%.
Hai 46.394 persoas beneficiarias de prestacións por desemprego de carácter contributivo, tan só o 48,3% do total, o que apunta unha vez máis á precariedade na cobertura por desemprego. A gran maioría da cobertura é de carácter asistencial.
A afiliación á Seguridade Social medra nun 0,5%, con 997.311 cotizantes. No ano esta variable medrou nun 1,92%.
UGT mostra a súa preocupación por estas cifras de paro e de contratación publicadas, a pesar da positiva evolución anual marcada polo mantemento da actividade económica. Febreiro evidencia, de novo, os perigos do emprego creado:
1) As cifras seguen mostrando a desigualdade no noso mercado de traballo: o 57,1% das persoas en desemprego son mulleres.
2) O carácter estacional da xeración de emprego, ligado ás campañas como a de Nadal e rebaixas que poden ter como consecuencia, tras a súa finalización, un incremento do paro.
3) A elevada dose de precariedade que mostran os contratos rexistrados. No mes só o 9,96% dos contratos asinados foron indefinidos; unha modalidade que caeu en relación a hai un ano, cando era do 10,63%.
4) Tampouco hai que esquecer a extensión da precariedade entre as persoas que se atopan en desemprego. A taxa de cobertura e de tan só o 59,8%. Isto, xunto á elevada cifra de desemprego de longa duración, fai urxente de revisar o sistema de protección por desemprego e as políticas activas de emprego.
NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É JOSÉ CARLOS RODRÍGUEZ DEL RÍO, SECRETARIO DE POLÍTICA INSTITUCIONAL DE UGT-GALICIA. TELÉFONO: 658774009.
GALICIA |
FEBREIRO2019 |
VARIACIÓN SOBRE |
||||
Mes anterior |
Mesmo mes ano anterior |
|||||
nº |
% |
nº |
% |
|||
DESEMPREGO |
||||||
Nº desempregados rexistrados |
173.709 |
-1.091 |
-0,6 |
-14.498 |
-7,7 |
|
* homes |
74.453 |
-733 |
-1,0 |
-7.580 |
-9,2 |
|
* mulleres |
99.256 |
-358 |
-0,4 |
-6.918 |
-6,5 |
|
Nº parados mozos < 25 anos |
8.565 |
331 |
4,0 |
-571 |
-6,3 |
|
Nº desempregados por sectores* |
|
|
|
|
|
|
* agricultura |
6.478 |
-181 |
-2,7 |
-599 |
-8,5 |
|
* industria |
19.492 |
-214 |
-1,1 |
-1.795 |
-8,4 |
|
* construción |
14.518 |
-442 |
-3,0 |
-3.307 |
-18,6 |
|
* servizos |
118.945 |
-541 |
-0,5 |
-7.535 |
-6,0 |
|
* sen emprego anterior |
14.276 |
287 |
2,1 |
-1.262 |
-8,1 |
|
Beneficiarios prestación por desemprego (xaneiro) |
96.110 |
|
||||
Taxa de cobertura prestación por desemprego (xaneiro) |
59,77 |
|||||
Parados totais sen ningún tipo de prestación (xaneiro) |
78.690 |
|||||
CONTRATACIÓN |
|
|
|
|
|
|
Nº contratos |
68.820 |
-13.581 |
-16,5 |
-380 |
-0,5 |
|
Nº contratos indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos) |
6.856 |
-1.342 |
-16,4 |
-499 |
-6,8 |
|
Nº contratos temporais |
61.964 |
-12.239 |
-16,5 |
119 |
0,2 |
|
AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL |
|
|
|
|
||
Nº afiliados/cotizantes (datos provisionais) |
997.311 |
4.941 |
0,5 |
18.822 |
1,9 |
|
Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social |
|