O mercado de traballo na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, a debate en Vigo
Fecha: 15 Feb 2017

A Confederación Europea de Sindicato (CES) organiza hoxe e mañá en Vigo, no Auditorio Afundación, un seminario sobre os consellos sindicais interrexionais co fin de analizar o papel que estes xogan nos mercados laborais transfronteirizos, como se pode facilitar a libre circulación de traballadores ou determinar as necesidades en materia de emprego e formación.
Baixo o lema “Consellos sindicais interrexionais-CSIR: Contribución dos CSIR áctivación dos mercados de traballo interrexionais, euro-rexionais e macro-rexionais” celebraranse as dúas xornadas do día 15 e do 16.
Concretamente, na xornada de mañá, día 16, participarán os secretarios xerais de UGT, Pepe Álvarez; de CCOO, Ignacio Fernández Toxo; de UGT-P, Carlos Silva; e de CGTP-IN, Arménio Carlos.
Todos eles intervirán en sendos paneis sobre as “Fronteiras, espazos de contacto e cohesión-Os dereitos dos traballadores” e sobre “Cooperación sindical para a cohesión social e territorial e para combatir o dumping”.
Xa a clausura, correrá a cargo do secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, despois de que a secretaria confederal da CES de lectura ás conclusións.
De seguido, pola tarde, terá lugar o IX Cumio Ibérico no que as delegacións sindicais analizarán a debaterán sobre a situación política actual, económica, laboral e social de ambos países, España e Portugal, así como, no resto de Europa. Tamén se porán enriba da mesa as accións conxuntas que se deberían acometert para acadar unha Europa máis social.
A xornada organizada pola CES sobre o CSIR en Vigo enmárcase nun proxecto máis amplo ao que se achegan catro reunións preparatorias e catro seminarios descentralizados, entre o que se inclúe o de Vigo. Xa se celebrou outro en Bruxelas e, para vindeiras datas está previsto outro en Budapest e outro en Trieste. Xa en setembro terá lugar a conferencia final en Bruxelas.
Os obxectivos son determinar o xeito en que os CSIR poden axudar a establecer propostas encamiñadas a desenvolver as economías interrexionais, eurorrexionais e macrorrexionais.