O limbo da dependencia cuantifícase en Galicia en 12.426 persoas
Fecha: 14 Ago 2015

Unha análise das estatísticas e datos referidos á dependencia evidencian que en Galicia existe unha ralentización, que case chega á parálise, do sistema. A pesar de incrementarse progresivamente o peso da poboación de 65 ou máis anos, o que conleva, paralelamente, maiores necesidades en materia de dependencia e maiores solicitudes, isto non está sucedendo.
Como xa denunciou UGT-Galicia en reiteradas ocasións, as reformas erecortes introducidos limitaron o acceso ás prestacións, sobretodo, nunha Autonomía como Galicia na que xa existía unha granlentitude na aplicación inicial da Lei como fora concibida. Todoisto está constituíndo un auténtico mazazo aos dereitos daspersoas en situación de dependencia e, por extensión, ao queUGT-Galicia considera a gran conquista nesta materia en todo operíodo democrático.
Con oito anos de andadura da Lei de Dependencia, na que o Sindicatotiña postas todas as súas esperanzas para recoñecer unha serie dedereitos e prestacións a aqueles que pola súa situación dedependencia os precisaban e, na medida do posible, facilitarlles avida aos afectados e ás súas familias, o balance deixa moitassombras no camiño. Os recortes e os cambios lexislativos dos últimostres anos en materia de dependencia están a prexudicar gravemente aoprimeiro dereito social subxectivo recoñecido por unha norma.
Son moitos os puntos de vista dende os que se pode analizar ocumprimento dos obxectivos iniciais da Lei. Aquí en Galicia oprimeiro que debemos ter en conta é o peso da poboación de 65 oumáis anos que ascende ao 24 por cento do total. Aumentandoconsiderablemente cada ano que pasa, sirva como exemplo ver o quesucedeu entre o 2014 e o 2015. Neste período o incremento nestafranxa de idade foi de 7.796 persoas. Así, a día de hoxe hai enGalicia 655.841 persoas maiores de 65 anos.
A pesar do incremento das demandas nesta materia a realidade éoutra. O sistema está ralentizado e contraído. Os recortes cada vezpoñen máis trabas no camiño para acceder a un servizo ouprestación dignos e algúns cambios normativos da Lei, como o RealDecreto 20/2012, aprobado polo Goberno de Rajoy, incrementaron, emoito, os niveis de copagamento. Os dependentes con rendas superioresao IPREM xa teñen que asumir parte do custo da prestación recibidapero é que a isto hai que sumarlle o copagamento sanitario e, porlóxica, as persoas en situación de dependencia teñen un maiorgasto en medicamentos.
A LISTA DE ESPERA EN GALICIA CHEGA AO 24 POR CENTO E CONSTITÚE UNGRAVE PROBLEMA PARA AFRONTAR A ATENCIÓN ÁS 15.000 PERSOAS CONDEREITO (GRADO 1) A PARTIR DO 1 DE XULLO
Ademais de ter baixado o número de solicitudes, nun 1,6 por cento,se se comparan as cifras a xuño de 2015 coas de xuño de 2014,alarma observar que no limbo da dependencia hai 12.426 persoas queestán agardando por unha prestación. Mentres en xuño de 2015 habíarexistrados 51.342 beneficiarios con dereito a prestación, o númerode beneficiarios con prestación efectiva non supera os 38.916. Istocifra a lista de espera nesta Autonomía no 24 por cento e, ademais,constitúe un gravísimo problema para afrontar a atención ás15.096 persoas con dereito (grado 1) a partir do 1 de xullo desteano.
Neste punto, hai que lembrar que o Real Decreto do ano 2012 eliminoua retroactividade durante os dous primeiros anos, o que supón que aspersoas que estean esperando durante este tempo non supoñen un custopara a Administración. Provocando, nalgúns casos, que os afectadosque perdan a vida neste espazo de tempo non perciban absolutamentenada. Neste senso, hai que subliñar que o Imserso recoñeceoficialmente que o 77 por cento das persoas que causan baixa estandoatendidas o fan por falecemento (datos estatais porque non estándesagregados por comunidades autónomas). É obvio que outro tantosucederá coas persoas que están en lista de espera.
UGT-Galicia incide en que un dos obxectivos da Lei foi a creacióndunha rede pública de servizos de calidade pero a realidade non éasí e unha alta porcentaxe das axudas destínanse ao coidado nocontexto familiar, recibíndoas o 25 por cento dos fogares conpersoas dependentes. É evidente que isto resulta moito máis baratopara a Administración. É moi inferior unha axuda de 500 euros aocusto real dunha praza na rede pública.
Non obstante, este tipo de axudas económicas tamén sufrironrecortes. En xullo de 2013 rebaixouse a contía das axudas económicase o Goberno deixou de pagar a cotización da Seguridade Social daspersoas coidadoras. O que está a provocar que estes coidados quedená marxe da economía, xa que son moitas as persoas que non podenasumir o custo.
Se no ano 2008 había en Galicia 2.484 coidadores non profesionais noeido da dependencia dados de alta na Seguridade Social no 2014 estacifra baixou ata os 1.214 a 30 de xuño de 2015. Pero é que nospuntos álxidos dos anos 2010 e 2011 a cifra superaba as 8.000persoas. Cifra que foi baixando paulatinamente dende o 2012 cando aSeguridade Social deixou de ser aboada pola Administración.
Dende UGT-Galicia insístese en que a situación da dependencia enGalicia non se corresponde coa súa realidade demográfica porque nonresulta coherente que a maior peso da poboación de maior idade nonse estea a incrementar a protección social, todo o contrario,estanse recortando dereitos.
AÍNDA QUE AUMENTAN AS NECESIDADES, A FALLA DE RECURSOS BAIXA ADEMANDA E AUMENTA A DESPROTECCIÓN
A realidade poboacional contrasta co feito de que o número desolicitudes para o recoñecemento da situación de dependenciarexistradas en Galicia volva a descender no último ano para situarseen xuño de 2015 en 79.532, un 1,6 por cento menos.
Neste mesmo senso, tamén resulta paradóxico e un síntoma dadesprotección que existe en Galicia en materia de dependencia, que,segundo os datos do Imserso, a 31 de decembro de 2012, o número deusuarios de servizos sociais destinados a maiores en Galicia ascendíaa 43.236, representando un 2,7 por cento do total estatal, sendo estaporcentaxe significativamente inferior ao peso da poboación maior de65 anos, que é do 7,6 por cento.
En relación á poboación empadroada en Galicia, as solicitudesrexistradas representan o 2,89 por cento, case cinco décimas menosque a media estatal. O 96,92 por cento destas solicitudes foronditaminadas (95,2 por cento no conxunto do Estado), tendo dereito aprestación un total de 51.342 beneficiarios, o que representa o66,61 por cento das solicitudes ditaminadas.
Por grados, a 30 de xuño de 2015, residen en Galicia 22.291beneficiarios cunha situación de gran dependencia, 22.404 persoascon dependencia grave e 4.647 cunha situación de dependenciamoderada.
No relativo aos Programas Individuais de Atención (PIA), o númerototal de beneficiarios, en relación ao peso poboacional total deGalicia, representan o 1,42 por cento, tamén por debaixo da mediaestatal, que é do 1,6 por cento.
O número total de prestacións sitúase nas41.934. Así, o número total de prestacións por persoa beneficiariaé do 1,08 por cento en Galicia, fronte ao 1,27 por cento de mediaestatal.
Pasouse dunha modalidade de protección social a un sistema meramenteasistencialista no que a universalidade no acceso e a atención áspersoas de xeito integral e integrado queda limitado polos axustesimpostos. O Goberno, practicamente, paralizou a aplicación da Lei,coa redución do nivel mínimo de protección, a diminución dascontías a percibir polos beneficiarios, a redución da intensidadeda protección e o incremento do copagamento do beneficiario.
OS RECORTES DO GOBERNO DO PP PROVOCARON UN QUEBRANTO ACUMULADO EN GALICIA ENDEPENDENCIA DENDE O 2012 DE MÁIS DE 84 MILLÓNS DE EUROS. ISTO CREAUNHA DOBRE DISCRIMINACIÓN
De feito, a Asociación estatal de directores e xerentes en servizossociais cifra o quebranto acumulado en dependencia, pola supresióndo nivel acordado e o recorte do nivel mínimo (13%) aprobadomediante RD-Lei 20/2012, en 84.390.661,47 euros dende o ano 2012 atao 2014.
Estasson meras cifras estatísticas de aforro orzamentario para aAdministración no contexto de aplicar recortes sociais nunhapolítica centrada na redución do gasto público, pero produceefectos sociais e laborais moi negativos. Por unha banda, a situacióninxusta e discriminatoria das persoas e as súas familias queprecisan atención e que non dispoñen de recursos para facer frontea esta necesidade cos seus aforros ou recursos propios, quedando undereito recoñecido postergado e a cobertura suxeita a capacidade depago; e dende o punto de vista laboral a imposibilidade de crear postos de traballo nun ámbito recoñecido como nicho de emprego quenon é so gasto senón que xera importantes retornos económicos.
OS PXE DE 2016 CONSOLIDAN A POLÍTICA DE RECORTES CUNHA DOTACIÓNUN 16,4 POR CENTO INFERIOR Á DO ANO 2011, A PESARES DE QUE HAI QUEINCLUÍR OS NOVOS BENEFICIARIOS DE GRAO 1 E OS QUE ESTÁN EN LISTA DEESPERA
Por outra banda, atendendo ao Proxecto de Presupostos Xerais doEstado para o 2016 obsérvase por parte do Goberno un intento deconfundir á opinión pública en todo o relativo á partidadestinada a atender á dependencia, denominada “Programa deautonomía persoal e atención á dependencia” anunciando unha subaporcentual global. O que non se conta é que dende os PXE do ano2011, antes dos primeiros recortes nesta materia, ata o 2016, orecorte orzamentario foi dun 16,4 por cento, ao pasar de 1.498.422miles de euros aos 1.252.289 actuais.
Pero é que se no 2011 falábase de 1.092.872 beneficiariosestimados, resulta curioso como os orzamentos para o 2016 nonestablecen a cifra de beneficiarios globais estimados, pero é quenin tan sequera prevé a cuantificación dos beneficiarioscorrespondentes ao nivel moderado. Pero UGT, para o 2016, e facendounha estimación da traxectoria constante de persoas beneficiarias dosistema estima que se situará na contorna dos 745.000beneficiarios, máis os 300.000 (15.096 en Galicia) dependentesmoderados que a priori se deben incorporar ao sistema, máis os case131.000 (12.426 en Galicia) beneficiarios que se atopan en lista deespera.
Así, dedúcese que os actuais orzamentos continúan a mesmatraxectoria que os anos precedentes, isto é, cumprir coa reducióndo déficit aínda que isto supoña unha perda de dereitos sociaisque en ningún momento se pretende reparar. Estes orzamentos supoñenunha consolidación de recortes sociais que sufriu a lei, en lugar deincrementar cada ano a intensidade, á vez que finalizar aimplantación e a consolidación da mesma, asístese a unafianzamento de modificacións que quebrantan a lei e a ruptura dosistema. Catro anos máis que se perderon polo camiño.
As contías presupostadas durante estes últimos catro últimos anosson claramente insuficientes para atender ás persoas que se atopanno sistema para a dependencia, máxime neste exercicio que xa vanformar parte do sistema os dependentes moderados. O único que buscaé consolidar os recortes sucesivos á protección á dependencia eque supuxo unha redución nas contías a percibir polosbeneficiarios, as intensidades da protección e un incremento nocopagamento do beneficiario.
UGT INSTA Á CORRECCIÓN DO PROXECTO DE PRESUPOSTOS DO ESTADO 2016 PARA AATENCIÓN ÁS PERSOAS DEPENDENTES E Á XUNTA PÍDELLE QUE OSORZAMENTOS GALEGOS SE FAGAN CON CRITERIOS DE SUFICIENCIA PARAGARANTIR A COBERTURA DOS SERVIZOS E DAS PRESTACIÓNS Á DEPENDENCIA
Por todo isto, UGT demanda a modificación no trámite parlamentariodas partidas do Proxecto de Presupostos 2016 do Estado para corrixiro déficit de atención ás persoas dependentes e a merma de postosde traballo e de retornos económicos que se derivarían dos mesmos.Ademais, o Sindicato pídelle á Xunta de Galicia que aposte por unhaaxenda social real e que a elaboración do seu Proxecto dePresupostos para o ano 2016 se faga con criterios de suficienciafinanceira da cobertura de servizos e prestacións en materia dedependencia aos que teñen dereito os galegos e galegas.
NOTA:O VOCEIRO DESTE TEMA É JOSÉ MANUEL RODRÍGUEZ PORTELA, SECRETARIODE POLÍTICAS SOCIAIS, SAÚDE LABORAL E MEDIO AMBIENTE DEUGT-GALICIA. TELÉFONO: 686993983.