O emprego estable debe ser a base para consolidar a recuperación

Fecha: 04 Oct 2021

UGT-Galicia reclama uns Orzamentos, tanto ó Goberno central como á Xunta, que teñan en conta ás persoas traballadoras e, especialmente, ás máis vulnerables

O emprego estable debe ser a base para consolidar a recuperación

O Sindicato alerta que, un mes máis, mulleres e mozos son os sectores máis vulnerables

Santiago, 4 de outubro de 2021.- Os últimos datos do paro reflicten a necesidade de consolidar a melloría na actividade e o emprego, froito do aumento da poboación vacinada e a atenuación do número de contaxios pola COVID-19. Ante iso, UGT-Galicia pídelle ós gobernos, central e autonómico, que actúen de forma urxente, pensando nas persoas traballadoras, reflectindo que a saída da crise, efectivamente, asentarase sobre bases máis equilibradas e xustas tanto económica como socialmente. Non hai que esquecer que, se queremos conseguir un crecemento económico inclusivo e sostible, a longo prazo, este debe basearse ineludiblemente na xeración de emprego de calidade. Iso esixe a derrogación dunha vez por todas da reforma laboral de 2012.

Mellor dotación dos SEPE e das políticas activas de emprego

UGT-Galicia considera necesario que tanto os Orzamentos xerais do Estado como os de Galicia teñan en conta estas necesidades. Demándase unha mellora na dotación de recursos do Servizo Público de Emprego, minguados tras anos e anos de recortes. O SEPE debe converterse no punto de apoio das empresas para solicitar empregados aptos para as súas necesidade de contratación. Tamén urxe contar cun impulso decidido ás políticas activas de emprego, necesarias para acabar coas altas cifras de paro, especialmente de longa duración, e coa precariedade que, de maneira estrutural, reinan no noso mercado laboral.

El SEPE debe convertirse en el punto de apoyo de las empresas para solicitar empleados de calidad y aptos para sus necesidades de contratación.

Implementar xa os Next Generation EU, incentivando a transformación do tecido produtivo cara un modelo con emprego de máis calidade

Igualmente, os fondos europeos Next Generation EU deben ser implementados, canto antes, de maneira eficiente e transparente para impulsar proxectos que beneficien ao conxunto da poboación, incentivando a necesaria transformación do tecido produtivo cara a un modelo que permita xerar emprego de calidade, con salarios dignos e contratos estables, á vez que loitar contra os retos tecnolóxicos e ambientais aos que nos enfrontamos como sociedade.

Tamén é preciso mellorar o escudo social, empezando pola protección por desemprego, e continuando polo mantemento dos ERTE mentres sexan necesarios.

Baixando ó terreo das estatísticas, estas reflicten que en Galicia no mes o paro incrementouse nun 1,18%, en 1.790 persoas, evolución marcada, de seguro, polo fin da temporada estival e das contratacións eventuais propias desta e que evidencian, unha vez máis, a forte temporalidade e estacionalidade do mercado laboral galego. Esta evolución é contraria ó que sucede no resto do Estado onde o paro baixa nun 2,28%, en 76.113 persoas.

Interanualmente, o paro baixa en ambos contextos dun xeito similar, nun 13,32% en Galicia e nun 13,73% no Estado. Non obstante, ó analizar a evolución internanual hai que ter en conta os diferentes contextos sanitarios nos que se fai a mesma. A situación actual está marcada polo avance da vacinación e a mellora da situación sanitaria, o que, evidentemente, fixo mellorar a actividade económica.

Así, sitúase o número total de desempregados en Galicia no mes de setembro de 2021 en 153.054.

 

Galicia

Estado

2021 /setembro

153.054

3.257.802

Variación absoluta mes anterior

1.790

-76.113

Variación relativa

1,18

-2,28

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-23.520

-518.683

Variación relativa

-13,32

-13,73


 


 

Ano

Setembro

Var. Mensual 

Var. Interanual

2007

140.960

0,5

-4,0

2008

156.834

2,9

11,3

2009

200.465

2,7

27,8

2010

216.095

2,2

7,8

2011

232.918

3,7

7,8

2012

259.373

0,8

11,4

2013

260.733

1,2

0,5

2014

238.203

0,5

-8,6

2015

215.737

0,9

-9,4

2016

194.336

0,7

-9,9

2017

184.057

1,6

-5,3

2018

166.320

1,2

-9,6

2019

156.984

2,1

-5,6

2020

176.574

-0,2

12,5

2021

153.054

1,2

-13,3


 

En canto ós máis mozos, os menores de 25 anos, o paro medra dun xeito moi acusado nun 10,8%, por enriba do resto de idades, e no ano cae nun 34,14%. Unha evolución tamén moito máis acusada pero lóxica na temporada estival marcada pola contratación de mozos e mozas para cubrir empregos eventuais propios do verán.

Por sexos, o desemprego aumenta dun xeito máis acusado entre as mulleres, nun 1,6% e nun 0,6% entre os homes. Aquí amósase como as mulleres soportar un maior grado de terciarización na súa ocupación, sufrindo máis a estacionalidade e precariedade. No ano, a contracción do desemprego beneficia máis ós homes, cunha caída do 16,11%, que no caso das mulleres baixa ata o 11,29%.

As mulleres representan case o 60% do desemprego

En termos estruturais, as mulleres representan o 59,2% do total do desemprego en Galicia, 90.678 mulleres en paro, fronte a 62.376 homes.


 

setembro 2021

Menores 25 anos

Homes

Mulleres

6.130

62.376

90.678

Variación absoluta mes anterior

595

366

1.424

Variación relativa

10,75

0,59

1,60

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-3.178

-11.981

-11.539

Variación relativa

-34,14

-16,11

-11,29


 

Por sectores, o paro aumenta nos servizos, nun 1,86%, e entre o colectivo de sen emprego anterior, nun 1,77%. Pola contra, diminúe na construción, un 1,49%, no primario, un 1,12% e na industria, nun 0,98%. No ano o desemprego baixa en todos, destacando o caso dos servizos cunha baixada en termos absolutos de 14.142 persoas.

 

Paro total

Agricultura / Gandería

Industria

Construción

Servizos

Sen emprego anterior

2021/setembro

153.054

5.040

17.143

10.845

108.049

11.977

Variación absoluta mes anterior

1.790

-57

-170

-164

1.973

208

Variación relativa

1,18

-1,12

-0,98

-1,49

1,86

1,77

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-23.520

-1.231

-1.750

-2.496

-14.142

-3.901

Variación relativa

-13,32

-19,63

-9,26

-18,71

-11,57

-24,57

 

En termos provinciais, todos os territorios teñen a mesma evolución, destacando o forte aumento no mes na provincia de Lugo, cun 3,9% máis de desemprego. Na que menor aumento se da é na de Pontevedra, un 0,1%.

No ano a contracción é forte en todas as provincias, cunha caída máis contundente na de Coruña, dun 14,33% e en Lugo, do 14,09%.

 

A Coruña

Lugo

Ourense

Pontevedra

2021/setembro

61.785

14.964

17.607

58.698

Variación absoluta mes anterior

983

555

194

58

Variación relativa

1,62

3,85

1,11

0,10

Variación absoluta mismo mes del año anterior

-10.332

-2.455

-2.102

-8.631

Variación relativa

-14,33

-14,09

-10,67

-12,82


 

En termos de contratación, en setembro realizáronse 96.615 contratos pero tan só o 8,71% foron indefinidos. UGT-Galicia reitera a súa denuncia do forte peso da contratación temporal porque, ademais, obsérvase que o groso dos movementos danse nesta modalidade.


 

 

TOTAL

Indef

Conv

Temp

% Conv

total

% indef

2021/Setembro

8.414

3.318

88.201

39,43

96.615

8,71

Variación absoluta mes anterior

2.278

479

14.106

-6,8

16.384

1,1

Variación relativa

37,13

16,87

19,04

 

20,42

 

Variación absoluta mismo mes del año anterior

1.551

156

11.902

-6,6

13.453

0,5

Variación relativa

22,60

4,93

15,60

 

16,18

 


 

A afiliación á Seguridade Social sitúase en Galicia en 1.034.229, caendo no mes nun 0,5%, cando no resto do Estado aumenta nun 0,29%.

A taxa de cobertura en agosto 2021 por desemprego (último dato dispoñible) sitúase no 62,8%. As persoas beneficiarias de prestacións de desemprego son 87.594. Destas, 40.844, o 46,6%, son beneficiarias de prestacións contributivas, o resto, dependen de prestacións de carácter asistencial, moito máis desfavorables.

10.190 persoas en ERTE en Galicia, 5.601 mulleres. A pandemia no eido laboral afecta máis ás mulleres

No relativo ós ERTE, remata setembro con 9.842 persoas en ERTE (10.190 de media no mes).


 

GALICIA

Setembro 2021

VARIACIÓN SOBRE

Mes anterior

Mesmo mes ano anterior

%

%

DESEMPREGO

Nº persoas paradas

153.054

1.790

1,18

-23.520

-13,3

* homes

62.376

366

0,59

-11.981

-16,1

* mulleres

90.678

1.424

1,60

-11.539

-11,3

* mozos e mozas < 25 anos

6.130

595

10,7

-3.178

-34,1

Por sectores*

 

 

 

 

 

* agricultura

5.040

-57

-1,1

-1.231

-19,6

* industria

17.143

-170

-1,0

-1.750

-9,3

* construción

10.845

-164

-1,5

-2.496

-18,7

* servizos

108.049

1.973

1,9

-14.142

-11,6

* sen emprego anterior

11.977

208

1,8

-3.901

-24,6

Persoas beneficiarias prestación por desemprego (agosto)

87.594

 

Taxa de cobertura prestación por desemprego (agosto)

62,79

Por provincias

 

 

 

 

 

A Coruña

61.785

983,0

1,6

-10.332,0

-14,3

Lugo

14.964

555,0

3,9

-2.455,0

-14,1

Ourense

17.607

194,0

1,1

-2.102,0

-10,7

Pontevedra

58.698

58,0

0,1

-8.631,0

-12,8

CONTRATACIÓN

 

 

 

 

 

Nº contratos

96.615

16.384

20,4

13.453

16,2

* indefinidos (inclúe transformación de contratos en indefinidos)

8.414

2.278

37,1

1.551

22,6

* temporais

88.201

14.106

19,0

11.902

15,6

AFILIACÍON Á SEGURIDADE SOCIAL

 

 

 

 

Nº persoas afiliadas/cotizantes (datos provisionais)

1.034.229

-5.241

-0,5

22.430

2,2

Fonte: Gabinete Económico Comisión Executiva UGT Galicia, a partir dos datos do Ministerio de Trabajo y Economía Social e do Ministerio de Inclusión, Seguridad Social y Migraciones

 


 

Fuente: UGT-Galicia