O Congreso extraordinario de UGT-Galicia elixe a delegación ao 42 Congreso confederal de marzo

Fecha: 28 Ene 2016

Ao longo de mañá de hoxe celebrouse en Santiago o Congreso extraordinario de UGT-Galicia, previo ao 42 Congreso confederal de UGT que terá lugar entre o 9 e o 12 de marzo en Madrid. Este Congreso extraordinario contou coa presencia do secretario de Organización e Comunicación confederal, José Javier Cubillo.

Analizouse a xestión da Comisión Executiva confederal neste último mandato que, en termos xerais valorouse como positiva, xa que na actual conxuntura e con todas as dificultades engadidas conseguiu posicionar a UGT como unha organización de referencia para a sociedade española, con niveis de afiliación e representación moi importantes.

O Congreso extraordinario de UGT-Galicia tamén remarcou a transcendencia histórica do vindeiro Congreso confederal no que se producirá un cambio de liderado e unha refundación a nivel organizativo para facer un sindicato máis eficiente e con maior capacidade de dar resposta aos problemas das persoas traballadoras e avanzar no crecemento de emprego de calidade e de recuperación de dereitos sociais e laborais.

Finalmente, se levou a cabo a elección das 16 persoas que acudirán ao Congreso confederal en representación de UGT-Galicia. A relación de delegados e delegadas é a seguinte: José Antonio Gómez, Delia Irene Martínez, José Domingo Barros, Mónica Rodríguez, José Carrillo, Ana Belén Valiño, Inmaculada Sieiro, César Fraga, Ángel Tomé, Ramón Vidal, Laura López, Yago de Ron Fernández, RobertoTeijido, Rosa Arcos, Juan Manuel Carreira e Celestino Criado.

Todas estas persoas representan a totalidade das estruturas territoriais e das Federacións de Nacionalidade do Sindicato en Galicia.


 


 


 


 

Fuente: UGT-Galicia