O Congreso da Unión Comarcal de UGT-Compostela e Barbanza elixe a Mª Luisa Rodríguez Vázquez como nova secretaria xeral

Fecha: 18 Feb 2021

A anterior secretaria xeral, Inma Sieiro, deixa o cargo cunha emotiva despedida

O Congreso da Unión Comarcal de UGT de Compostela e Barbanza celebrado hoxe Baixo o lema “Traballando en igualdade”, elixiu a nova executiva que encabeza Mª Luisa Rodríguez Vázquez,  que substitúe a Inma Sieiro,.

Nun emotivo Congreso no que todos os intervintes, destacando ao secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, suliñaron a figura de Inma Sieiro, elixiuse á nova Comisión Executiva Comarcal, ratificada polo 96 por cento dos votos emitidos e que queda composta por:

Secretaria Xeral

 Mª Luisa Rodríguez Vázquez

Secretaria de Organización e Administración

Ana Reboredo Piedra

Secretario de Formación, Emprego e Saúde Laboral

Ricardo Turnes Mejuto

Secretario de Política Sindical

Ángel Fernández Pintor

Secretaria de Políticas Sociais e Igualdade

Mª Jesús Campos Varela

 

O Congreso, previamente, ratificou a labor desenvolvida pola anterior Comisión Executiva durante este mandato aprobando a súa xestión co 100 por cento dos votos.

Na apertura do Congreso interviron o Presidente da Fundación Luis Tilve, Benito Núñez, Ángel Iglesias, secretario xeral de UGT-A Coruña e Cee, a secretaria xeral de FeSPp-UGT de Galicia, Delia Irene Martínez e Javier Carreiro, secretario xeral de UGT-FICA de Galicia.

Todas e todos eles coincidiron en subliñar a figura da secretaria xeral saínte, Inma Sieiro, e destacaron que este tempo de pandemia sirveu para aprender moitas cousas, entre outras que nos temos que sentir moi orgullosos do traballo desenvolvido polas organizacións sindicais durante toda a pandemia, atendendo e dando cobertura á clase traballadora e desenvolvendo un servizo esencial para o conxunto da sociedade.

En todas as intervencións desta apertura se destacou o papel desenvolvido polos sanitarios e a todos aqueles que estiveron en primeira liña nesta crise sanitaria coidándonos, protexéndonos e alimentándonos, pero temos que sair desta pandemia recoñecendo a labor do resto dos sectores grazas aos que se poido soster ao conxunto da sociedade.

Durante a súa intervención na clausura, o secretario xeral de UGT-Galicia, José Antonio Gómez, afirmou que “a pandemia sirveu para acercar aínda máis o Sindicato aos traballadores e traballadoras. O sindicato estivo á altura, o obxectivo principal era o de protexer a saúde, pero tamén protexer o emprego e as empresas”. Afirmou que eso levou a deixar aparcada a folla de ruta de reivindicacións que tíñamos marcada a principio de 2020 co obxectivo de recuperar dereitos perdidos durante a crise. Pero “ollo que non intenten de novo cargar ás costas dos traballadores o custo de esta crise sanitaria”, alertou.

Gómez afirmou que “imos ter que mobilizarnos para negociar e esixir e lembrarlle ao goberno que «agora si toca» cumprir co prometido no seu programa, en concreto derrogar a reforma laboral, derrogar a reforma das pensións de 2013 e revalorizar o salario mínimo interprofesional (SMI) ata situalo no 60% do salario medio ao remate da lexislatura. E tamén nos mobilizaremos para seguir esixindo o reforzo os servizos públicos e os sectores produtivos estratéxicos.

Finalmente, a recén elixida secretaria xeral de UGT-Compostela e Barbanza agradeceu o apoio recibido e tamén agradeceu os anos de dedicación ao Sindicato de Inma Sieiro, animando aos presentes a seguir este exemplo de implicación e traballar en igualdade, seguindo o lema deste Congreso, na defensa dos dereitos dos traballadores e traballadoras.

Fuente: UGT-Galicia