O bo dato do paro rexistrado do mes de agosto en Galicia non pode ocultar o descenso do número de desempregados que cobran prestación
Fecha: 21 Sep 2015

UGT- Galicia valora como positivo o descenso do paro rexistrado no mes de agosto na nosa Comunidade, que contrasta co aumento no conxunto de España, aínda que seguimos alertando do preocupante descenso que se produce no número de beneficiarios con prestación que, ademais tamén cobran prestacións por debaixo da media estatal. Tamén amosamos a nosa inquietude pola situación de máis de 108.000 galegos e galegas que, estando rexistrados como desempregados, non teñen acceso a ningunha prestación.
No mes de agosto de 2015 houbo 2.639 desempregados menos en Galicia, diminuíndo o 1,22 por cento con respecto ao mes anterior, o que nos da un total de 213.732 desempregados. Galicia está entre as 6 comunidades que baixa en termos absolutos no mes, en concreto na que máis baixa. Pola contra, no estado sube en 21.679 persoas, o que representa un 0,54 por cento máis que no mes anterior.
En Galicia a variación interanual foi de baixada do desemprego nun 9,79 por cento , que son 23.207 desempregados menos, mentres que en España a redución foi do 8,13 por cento.
O paro rexistrado en estranxeiros baixa con respecto ao mes anterior en 120 persoas, o 1,14 por cento, e interanualmente en 918 persoas, o 8,08 por cento. Cifras que se sitúan por debaixo do conxunto do Estado co reducións do 1,42 por cento mensual e do 8,70 por cento interanual.
Xullo | Variación mensual | Variación interanual |
1999 | -0,8 | -10,3 |
2000 | -0,9 | -2,0 |
2001 | 0,6 | -3,7 |
2002 | -0,3 | 7,2 |
2003 | -0,4 | 2,9 |
2004 | 0,0 | 0,1 |
2005 | -0,1 | -2,6 |
2006 | -1,1 | -6,9 |
2007 | 0,2 | -4,2 |
2008 | 2,1 | 8,7 |
2009 | 1,2 | 28,1 |
2010 | 0,8 | 8,3 |
2011 | 0,7 | 6,2 |
2012 | -1,1 | 14,6 |
2013 | -1,4 | 0,1 |
2014 | -1,4 | -8,0 |
2015 | -1,2 | -9,8 |
O paro segue afectando máis ás mulleres
Por sexos, no mes, cae en ambos sexos, pero moito máis no caso dos homes, que redúcese un 1,88 por cento, que nas mulleres, que so cae nun 0,67 por cento. En termos interanuais o descenso do desemprego beneficia tamén máis aos homes, un 13,70 por cento menos, que ás mulleres cun 6,29 por cento menos.
Provincialmente, cae en todas no mes; na que máis en Ourense cun 2,26 por cento menos; no resto das provincias redúcese, de xeito bastante parecido, levemente por encima do 1 por cento.
En termos interanuais, o desemprego rexistrado contráese en todas; na que máis, cun 11,34 por cento, en Pontevedra e co 9,10 por cento menos en A Coruña. Tamén contraese en Lugo cun 8,98 por cento e en Ourense cun 7.24 por cento de redución.
Por idades o paro para os menores de 25 anos sitúase en 10.710 persoas, cae de xeito similar á caída do conxunto do idades. No ano cae nun 21,80 por cento, en termos absolutos son 2.985 persoas desempregadas que saíron dos rexistros; as razóns desta caída podemos atopala en parte na saída de efectivos da nosa comunidade así como o cambio poboacional.
No mes, por sectores, cae en todos eles, sendo os que máis descenden en termos relativos Agricultura e Construción, co 1.8 por cento de diminución. Interanualmente destacan os descensos de Industria e Construción cun descenso do 16,79 por cento e do 17,79 por cento, respectivamente.
Os beneficiarios con prestación seguen baixo mínimos
A cifra de beneficiarios con prestacións en Galicia situase en mínimos, en xullo (último dato dispoñible), é de 108.239. O carácter contributivo desta prestación está en mínimos, tan só 44.047 son beneficiarios de prestación contributiva, o 40,69 por cento do total; hai 49.330 beneficiarios de subsidio, 12.483 de RAI e 2.379 do Programa de Activación de Emprego. Son 108.000 as persoas que estando no paro non teñen ningunha prestación.
Pero tamén estamos no furgón de cola respecto ás contías que se perciben en Galicia por prestación por desemprego. A contía media bruta da prestación contributiva percibida por beneficiario cada mes durante agosto do ano 2015 en Galicia foi de 758,7 euros, mentres que en España percíbense 779,2 euros por prestación contributiva de media.
A media de afiliados á Seguridade Social é no mes de agosto en Galicia de 963.196 persoas, o que supón un aumento no mes en 5.317 afiliados, o 0,56 por cento de crecemento, mentres que en España baixa nun 0,78 por cento. Interanualmente hai 21.558 persoas afiliadas á SS máis e, en termos relativos, son o 2,29 por cento de aumento, pola súa parte, no Estado medra en 531.378 persoas a afiliación á Seguridade Social, o que representa un 3,19 por cento.
NOTA: O VOCEIRO DESTE TEMA É O SECRETARIO DE POLÍTICA SINDICAL, RELACIÓNS LABORAIS E FORMACIÓN DE UGT-GALICIA, JOSÉ DOMINGO BARROS. TELÉFONO: 679451570.