O 75,8% dos mozos e mozas galegas de entre 18 e 29 anos aínda viven cos seus pais que evitan que as taxas de pobreza suban ata os 20 puntos nesta franxa de idade
Os mozos e mozas galegas sofren unha fenda salarial de 18,3 puntos co conxunto de idades e de 13,6 puntos en relación co resto de mozos e mozas do Estado
Fecha: 10 Ago 2026
A reforma laboral fixo posible que a porcentaxe de contratos indefinidos entre os mozos pasase do 7,7% no 2021 ao 29,6% no
2025. UGT-Galicia aposta polo diálogo e concertación para chegar a novos acordos que melloren o resto das variables
O 75,8% dos mozos e mozas galegas de entre 18 e 29 anos (62,7% de entre 18 e 34 anos) aínda viven cos seus pais que evitan que as taxas de pobreza suban ata os 20 puntos nesta franxa de idade
Os mozos e mozas galegas sofren unha fenda salarial de 18,3 puntos co conxunto de idades e de 13,6 puntos en relación co resto de mozos e mozas do Estado
Santiago, 10 de agosto de 2026.- Co gallo da celebración do Día internacional da Xuventude, que se conmemorará este mércores, 12 de agosto, UGT-Galicia fai pública unha radiografía do mercado laboral galego centrada nos máis mozos que amosa falta de oportunidades, a pesar de ter Galicia pouca poboación nesta franxa de idade, que se reflicte en taxas de actividade moi baixas, altos índices de desemprego, baixos salarios e, como consecuencia de todo o anterior e dos problemas para acceder a unha vivenda, baixísimas taxas de emancipación. Aínda que si hai unha variable que está a mellorar, a da temporalidade, grazas á reforma laboral que segue a dar os seus froitos e está a permitir que a contratación indefinida mellore tamén neste sector da poboación. Precisamente, UGT-Galicia considera que este é o camiño, o do diálogo e concertación para chegar a novos acordos que vaian na liña de mellora do mercado laboral en xeral e tamén de todo o que afecta aos máis mozos. E isto é algo que o Sindicato lle esixe tanto ao Goberno da Xunta como ao central.
Galicia segue perdendo poboación moza, a pesar do forte tirón dos mozos nados fóra que crecen nun 30,8% entre o 2011 e o 2025
A análise que se presenta hoxe, a radiografía da mocidade galega, comeza polo aspecto demográfico. E, nestes termos, as estatísticas indican que entre 2011 e 2025 a poboación de entre 15 e 29 anos baixou en Galicia un 11,5% pero cun comportamento totalmente desigual segundo o lugar de nacemento. Así, pola contra, a poboación nada no estranxeiro medra nun 30,8%, fronte a aqueles que naceron en Galicia ou noutra comunidade autónoma, neste caso diminuíron nun 17,3%.
En termos de representación, hai que subliñar que hai 25 anos a porcentaxe de poboación estranxeira entre a xuventude era do 6,8%; subiu ao 12% no 2011; e xa chegou ao 17,8% no 2025.
Poboación segundo lugar de nacemento e idade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|
| ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| Poboación total | Poboación nada Estado | Poboación nada estranxeiro | % s/ total | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2001 | 2.695.880 | 2.581.766 | 114.114 | 4,2% | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2011 | 2.772.928 | 2.559.783 | 213.145 | 7,7% | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2021 | 2.698.177 | 2.449.210 | 248.967 | 9,2% | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2022 | 2.692.825 | 2.435.065 | 257.760 | 9,6% | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2023 | 2.699.424 | 2.417.062 | 282.362 | 10,5% | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2024 | 2.705.833 | 2.400.582 | 305.251 | 11,3% | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
2025 | 2.714.741 | 2.382.706 | 332.035 | 12,2% | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Variación absoluta 2025/2011 | -58.187 | -177.077 | 118.890 |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Variación % 2025/2011 | -2,1% | -6,9% | 55,8% |
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
|
|
|
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Fonte: Instituto Galego de Estatística – INE. Censo de Poboación.
Galicia ten cada ano que pasa menos mozos e mozas (de 16 a 29 anos), cun peso cada vez menor no conxunto de idades. Hai dende o ano 2011 unha perda de 48.000 persoas que se enmarcan no rango de idades de entre 15 e 29 anos, o que, en termos relativos, supón unha perda do 11,5%, fronte ao conxunto de idades, onde a perda foi do 2,1%.
Se no IV trimestre de 2011 a mocidade tiña un peso sobre o total de idades do 16,1%, no IV trimestre de 2025 esta porcentaxe cae ao 14,2%. Hai en Galicia un total de 339.700 mozos e mozas (16-29 anos), segundo os datos da EPA do cuarto trimestre do ano 2025
Isto, inicialmente, podería levar a unha interpretación que resulta errónea. Ó existir menos poboación nesta franxa etaria as oportunidades no mercado laboral deberían ser máis e mellores pero isto non é así. Todo o contrario. Os máis mozos son o grupo diana das grandes eivas do mercado laboral galego.
Poboación de 16 a 29 anos. Galicia
(en miles) | Poboación
| % s/ total idades | Poboación activa | % s/ total idades | Poboación ocupada | % s/ total idades | Poboación parada | % s/ total idades | Poboación Inactiva | % s/ total idades |
2009/IV | 424,4 | 17,6 | 258,0 | 19,7 | 196,3 | 17,2 | 61,7 | 36,8 | 166,4 | 15,1 |
2010/IV | 405,5 | 16,8 | 236,4 | 18,2 | 170,2 | 15,5 | 66,1 | 32,6 | 169,2 | 15,3 |
2011/IV | 387,7 | 16,1 | 226,8 | 17,2 | 156,2 | 14,5 | 70,7 | 29,5 | 160,8 | 14,9 |
2012/IV | 371,0 | 15,5 | 214,8 | 16,4 | 137,4 | 13,3 | 77,3 | 27,9 | 156,3 | 14,5 |
2013/IV | 355,4 | 15,0 | 196,0 | 15,3 | 121,6 | 12,1 | 74,5 | 26,5 | 159,4 | 14,6 |
2014/IV | 342,3 | 14,5 | 178,7 | 14,1 | 113,8 | 11,4 | 65,0 | 24,6 | 163,5 | 14,9 |
2015/IV | 332,3 | 14,1 | 170,8 | 13,6 | 116,1 | 11,2 | 54,8 | 24,6 | 161,5 | 14,7 |
2016/IV | 325,2 | 13,8 | 164,4 | 13,1 | 120,9 | 11,5 | 43,6 | 21,4 | 160,8 | 14,7 |
2017/IV | 320,0 | 13,7 | 159,5 | 12,9 | 117,5 | 11,1 | 42,0 | 23,1 | 160,5 | 14,6 |
2018/IV | 318,0 | 13,6 | 155,8 | 12,6 | 122,3 | 11,2 | 33,5 | 22,5 | 162,1 | 14,8 |
2019/IV | 317,7 | 13,6 | 154,4 | 12,4 | 122,0 | 11,1 | 32,4 | 22,2 | 163,3 | 14,9 |
2020/IV | 318,7 | 13,6 | 140,4 | 11,5 | 103,4 | 9,6 | 37,0 | 25,9 | 178,5 | 16,0 |
2021/IV | 319,4 | 13,6 | 148,0 | 12,1 | 113,4 | 10,4 | 34,6 | 25,8 | 171,5 | 15,3 |
2022/IV | 322,6 | 13,7 | 145,0 | 11,7 | 116,3 | 10,5 | 28,8 | 21,9 | 177,7 | 15,9 |
2023/IV | 327,7 | 13,9 | 154,2 | 12,3 | 128,7 | 11,3 | 25,3 | 22,0 | 173,6 | 15,6 |
2024/IV | 335,1 | 14,1 | 165,7 | 13,1 | 135,7 | 11,8 | 30,0 | 27,4 | 169,3 | 15,2 |
2025IV | 339,7 | 14,2 | 170,7 | 13,2 | 139,0 | 11,7 | 31,7 | 26,7 | 169,0 | 15,4 |
Fonte: IGE- EPA e Elaboración propia
Destes 339.700 mozos e mozas, 170.700 son poboación activa, 139.000 son poboación ocupada, 31.700 persoas paradas e 169.000 son persoas inactivas.
Galicia está entre as 4 comunidades autónomas coa taxa de actividade xuvenil máis baixa do Estado, co 50,34%, fronte ó 53,74% de media ou datos como o de Cataluña, case dez puntos (9,5) por enriba da rexistrada en Galicia
De aquí conclúese un dos datos máis destacable e negativo da análise que hoxe se fai pública. Segundo os datos da EPA (dato do cuarto trimestre de 2025), Galicia rexistra a cuarta menor taxa de actividade no Estado entre a súa poboación máis nova (de 16 a 29 anos), sendo menor tan só en Cantabria, Andalucía e Asturias. Mentres a media do Estado é do 53,74%, esta Comunidade rexistra un 50,34%, moi por debaixo de autonomías como Cataluña, cun 59,9%.
% | taxa de actividade |
TOTAL | 53,74 |
Andalucía | 48,97 |
Aragón | 56,42 |
Asturias (Principado de) | 49,46 |
Baleares (Islas) | 53,97 |
Canarias | 57,86 |
Cantabria | 47,20 |
Castilla y León | 52,19 |
Castilla-La Mancha | 56,80 |
Cataluña | 59,85 |
Comunidad Valenciana | 52,51 |
Extremadura | 51,65 |
Galicia | 50,34 |
Madrid (Comunidad de) | 54,62 |
Murcia (Región de) | 51,86 |
Navarra (Comunidad Foral de) | 53,09 |
País Vasco | 51,75 |
Rioja (La) * | 56,11 |
(*) Los datos inferiores a 5.000 están sujetos a fuertes variaciones , debidas al error de muestreo.
Boletín INJUVE Cifras jóvenes en la EPA. Jóvenes de 16 a 29 años. 4º trimestre 2025
A taxa de paro xuvenil sube en Galicia ata o 18,6%, moi afastada do 8,3% do conxunto de idades
Outro dos indicadores máis devastadores do mercado laboral galego é a taxa de paro entre os máis mozos, do 18,6%, fronte ao 8,3% que se rexistra no conxunto de idades. Unha análise máis polo miúdo por tramos de idade apunta a que canto máis se baixa en idade, máis se sube en taxa de desemprego. Chegando ao 28,6% no tramo de 16 a 24 anos.
A dependencia do sector servizos dos máis mozos é do 72,3%. UGT-Galicia alerta da falta de relevo xeracional no sector primario
Poboación ocupada por rama de actividade
Total 16 a 29 (en miles) | Distribución % 16 a 29 anos | % s/ total idades | Total idades (en miles) | Distribución % total idades | |
total | 138,6 | 100,0 | 11,8 | 1.178,1 | 100,0 |
Agricultura, gandería, silvicultura e pesca (códigos CNAE-25: 01,02 e 03) | 5,2 | 3,8 | 7,7 | 67,0 | 5,7 |
Industria da alimentación, téxtil, coiro, madeira e papel (códigos CNAE-25: do 10 ao 18) | 12,2 | 8,8 | 16,2 | 75,5 | 6,4 |
Industrias extractivas, refino de petróleo, industria química, farmacéutica, industria do caucho e materias plásticas, fornezo enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado, subministración de auga, xestión de residuos. Metalurxia (códigos CNAE-25: del 05 ao 09, do 19 ao 25, 35 e do 36 ao 39) | 5,4 | 3,9 | 9,2 | 59,1 | 5,0 |
Construción de maquinaria, equipo eléctrico e material de transporte. Instalación e reparación industrial (códigos CNAE-25 do 26 ao 33) | 6,5 | 4,7 | 12,5 | 52,0 | 4,4 |
Construción (códigos CNAE-25: del 41 ao 43) | 9,1 | 6,6 | 11,2 | 81,2 | 6,9 |
Comercio por xunto e polo miúdo e as súas instalacións e reparacións. Hostalería (códigos CNAE-25: 46,47, 55 e 56) | 39,5 | 28,5 | 16,1 | 245,6 | 20,8 |
Transporte e almacenamento. Información e comunicacións (códigos CNAE-25 do 49 ao 53 e do 58 ao 63) | 10,3 | 7,4 | 11,5 | 89,9 | 7,6 |
Intermediación financeira, seguros, actividades inmobiliarias, servizos profesionais, científicos, administrativos e outros (códigos CNAE-25: do 64 ao 66, 68, do 69 ao 75 e do 77 ao 82) | 18,7 | 13,5 | 13,9 | 134,5 | 11,4 |
Administración Pública, educación e actividades sanitarias (códigos CNAE-25: 84, 85 e do 86 ao 88) | 20,0 | 14,4 | 7,0 | 283,7 | 24,1 |
Outros servizos) (códigos CNAE-25: do 90 ao 99) | 11,6 | 8,4 | 13,0 | 89,6 | 7,6 |
Elaboración propia a partir Microdatos EPA 1ºtrimestre 2026
Tomando como referencia os datos do primeiro trimestre do ano 2026 (coa clasificación CNAE 2025, cas modificacións introducidas), a análise por sectores apunta á gran dependencia do sector servizos na ocupación da mocidade, o 72,3% (do 71,6% no total de idades). Dos datos adxuntos, tamén se deduce a falta de relevo xeracional no sector primario no que a ocupación na mocidade é moi baixa, 3,7%
Poboación ocupada mocidade e total idades e sector económico IT 2026
Total sectores | total de 16 a 29 anos (en miles) | Distribución % de 16 a 29 | total idades (en miles) | Distribución % | % De 16 a 29 S/ total idades | |
138,6 | 100,0% | 1.178,1 | 100,0% | 11,8% | ||
Agricultura, gandería, silvicultura e pesca | 5,2 | 3,7% | 67,0 | 5,7% | 7,7% | |
Industria | 24,2 | 17,4% | 186,6 | 15,8% | 13,0% | |
Construción | 9,1 | 6,5% | 81,2 | 6,9% | 11,2% | |
Servizos | 100,2 | 72,3% | 843,3 | 71,6% | 11,9% |
Elaboración propia a partir Microdatos EPA 1ºtrimestre 2026
Case o 28% dos mozos traballan a tempo parcial, 14 puntos por enriba do conxunto de idades. Pero a parcialidade chega aos 43,3 puntos no grupo de 16 a 24 anos
A parcialidade tamén tingue o mercado laboral dos máis mozos en Galicia. De feito, o 27,7% da mocidade traballa a tempo parcial, 13,9 puntos máis que o conxunto de idades.
A parcialidade faise máis evidente no grupo de 16 a 24 anos, subindo ata o 43,3%. De feito, de toda a poboación con contrato a tempo parcial, case a cuarta parte, un 23,5% son persoas de entre 16 e 29 anos, cando a poboación ocupada de 16 a 29 anos sobre o conxunto de idades representa tan só o 11,7%. Ademais, de toda a poboación ocupada con xornada a tempo completo, tan só un 9,8% é poboación nova.
Poboación ocupada por tipo de xornada, total idades e mocidade. Galicia IVT2025
total poboación ocupada | completa | parcial | taxa de parcialidade | |
Total idades | 1.186.900 | 1.023.300 | 163.700 | 13,8% |
16 a 24 años | 45.700 | 25.900 | 19.800 | 43,3% |
25a 29 | 93.300 | 74.600 | 18.700 | 20,0% |
total 16 a 29 | 139.000 | 100.500 | 38.500 | 27,7% |
% s/ total idades | 11,7% | 9,8% | 23,5% |
Elaboración propia a partir Microdatos EPA 4ºtrimestre 2025
Aínda que a reforma laboral continúa a dar os seus froitos, a temporalidade, aínda que mellora, segue a afectar máis aos mozos e mozas. Se o 13% de toda a poboación asalariada é menor de 30 anos, de toda a poboación asalariada con contrato temporal, un 28,7% son mozos e na duración indefinida tan só representan o 10,5%. Dos 125.800 asalariados e asalariadas menores de 30 anos, o 28,8% teñen contratos temporais, o 12,9% no conxunto de idades.
Evolutivamente, a reforma laboral deixou a súa pegada. Se no 2021 a taxa de temporalidade entre os mozos galegos era de 61,2%, no cuarto trimestre de 2025 esta situábase en 28,8%, unha diminución moi significativa, de 32,4 puntos.
Poboación asalariada por tipo de contrato ou relación laboral IVT2025
total | e duración indefinida | temporal | taxa de temporalidade | |
Mocidade | 125.800 | 89.600 | 36.200 | 28,8% |
Total idades | 975.300 | 849.300 | 126.000 | 12,9% |
% mocidade s/ total idades | 12,9% | 10,5% | 28,7% |
Elaboración propia a partir Microdatos EPA 4ºtrimestre 2025
Evolución taxa de temporalidade da mocidade e reformas laborais
IVT 2025 125.800 89.600 36.200 28,8%
A reforma laboral pretende recuperar un futuro digno para a xuventude. No 2021 o 7,7% dos contratos rexistrados entre os mozos eran indefinidos, no 2025 a porcentaxe sobe ata o 29,6%
Grazas á reforma laboral, cos datos de contratación rexistrada no SEPE no ano 2025, compróbase un claro reponte da contratación de modalidade indefinida, especialmente significativa no caso dos menores de 30 anos. Así, neste colectivo, se no 2021 tan só o 7,7% dos contratos eran indefinidos, no 2025 a porcentaxe elevouse ao 29,6% dos 276.595 contratos rexistrados. Unha mellora substancial.
Contratación rexistrada
| 2021 | 2025 |
Indefinidos | 10.940 | 73.389 |
Temporais | 269.787 | 194.771 |
Total contratos iniciais | 280.727 | 268.160 |
Conversións indefinidos | 11.703 | 8.435 |
Total contratos | 292.430 | 276.595 |
% indefinidos (iniciais + conversións) s/ total | 7,7% | 29,6% |
Fonte: Elaboración propia a partir datos da Estatística de contratos do SEPE
A fenda salarial para os menores en Galicia (de 25 a 34 anos) é de 18,3 puntos, en relación ao conxunto de idades, e de 13,6 en relación ao mesmo grupo de idade no resto do Estado
Unha das consecuencias máis evidentes destas variables son os baixos salarios. Isto trae consigo importantes brechas dos mozos galegos en relación ao conxunto de idades pero tamén dos mozos galegos en relación cos mozos do resto do Estado.
As cifras están aí, son referidas ao ano 2024, último dato dispoñible e de recente publicación, e a fonte é a Enquisa anual de estrutura salarial. No conxunto do Estado as persoas de entre 25 e 34 anos cobraron no 2024 ao ano de media 25.103,30 euros, fronte aos 21.697,55 que percibiu a mocidade galega deste mesmo grupo de idade, o que supón unha brecha dun 13,6%. Isto quere dicir que, en materia salarial, se a mocidade do conxunto do Estado están en peores condicións que o conxunto de idades, en Galicia esta situación aínda se agudiza máis.
E cal é o balance en materia salarial da situación da mocidade galega en relación co resto de idades en Galicia? Pois tamén moi negativo. Como xa se indicaba en parágrafos precedentes, a mocidade galega (25-34 anos) percibe ao ano de media 21.697,55 euros, mentres que no conxunto de idades esta cifra ascende aos 26.547,27 euros. Isto trasládase nunha brecha do 18,3%.
GANANCIA MEDIA ANUAL
2024 | Salario medio anual | Brechas euros con total de idades | Brecha con total de idades | Brechas Galicia con estado |
De 25 a 34 anos (Estado) | 25.103,30 | - 4.436,96 | -15,0 |
|
Todas idades Estado | 29.540,26 |
|
|
|
De 25 a 34 Galicia | 21.697,55 | - 4.849,72 | -18,3 | -13,6 |
(Galicia) todas idades | 26.547,27 |
|
| -10,1 |
Enquisa anual de estrutura salarial – INE (2024)
O 75,8% dos mozos e mozas galegas (18 a 29 anos) aínda vive cos seus pais. O acceso a unha vivenda digna, máis necesario que nunca para garantir a equidade interxeneracional
De todo o analizado anteriormente, ao que lle hai que sumar as dificultades para o acceso a unha vivenda digna, derívanse, evidentemente, dificultades para a emancipación dos mozos e mozas galegos. Así, segundo datos de elaboración propia en base aos que facilita o IGE (Enquisa estrutural de fogares), o 75,9% dos mozos e mozas galegas de entre 18 a 29 anos aínda vive cos seus pais, porcentaxe que sube ata o 89,3% na franxa de 18 a 24 anos. Tamén é moi significativo o dato de que tan só o 5,4% de todos os fogares de Galicia están compostos na súa totalidade por persoas menores de 35 anos.
Os proxenitores son os que están a mitigar as taxas de pobreza dos máis mozos
Precisamente, son os pais, a súa cobertura, a que está a mitigar, en moitos casos, a taxa de pobreza nesta franxa de idade. Segundo o IGE, con datos de 2024, a taxa de risco de pobreza entre a poboación de 18 a 34 anos era de 15,98 puntos. Esta reducíase aos 13,25 puntos se os mozos ou mozas vivían cos seus pais e elevábase aos 20,59 puntos no caso de estar emancipados.
Taxa de risco de pobreza dos mozos segundo vivan ou non cos pais
Vive cos pais | Non vive cos pais | Total | |
2024 | 13,25 | 20,59 | 15,98 |
Fonte: IGE. Enquisa estrutural a fogares
Notas: Nota: os datos refírense a 31 de decembro.
Os datos fan referencia á poboación de 18 a 34 anos.
A taxa de risco de pobreza é a porcentaxe de persoas cun ingreso equivalente inferior ao limiar de risco de pobreza de Galicia, que se establece no 60% da mediana de ingresos equivalentes.
A resignación non é unha opción. Traballando, hai posibilidades de mellora do mercado laboral xuvenil, e así o están a demostrar varias das medidas froito do diálogo social como a reforma laboral, o Estatuto do bolseiro ou as subas do SMI
Un ano máis, este 12 de agosto, e todos os días do ano, hai que denunciar que os mozos e mozas galegas soportan dun xeito máis incisivo que o conxunto de idades as lacras do mercado laboral galego, desemprego, baixas taxas de actividade, baixos salarios, precariedade e grandes dificultades para acceder a unha vivenda digna que lles permita emanciparse e afrontar un proxecto de futuro sólido e sostible. Non obstante, UGT-Galicia insiste en que a resignación non é unha opción e hai posibilidades de mellora, como así o está a demostrar a reforma laboral, froito do diálogo social, que está a dar os seus resultados no conxunto de idades diminuíndo a temporalidade e tamén entre os máis mozos. Así, como xa se apuntaba en parágrafos precedentes, se no 2021 o 7,7% dos contratos rexistrados entre os mozos eran indefinidos, no 2025 este indicador sobe ata o 29,6%. Grazas á reforma laboral.
Por todo isto, UGT-Galicia apela ao diálogo social, tanto a nivel estatal como en Galicia, para seguir abrindo vías de traballo que permitan chegar a acordos que vaian na mesma liña para mellorar as taxas de emprego, a actividade dos máis mozos, os seus salarios e medidas que muden dunha vez por todas o mercado inmobiliario deste país co fin de permitir o acceso a unha vivenda digna. O que demostran as estatísticas é que as políticas de emprego que se viñeron desenvolvendo non foron suficientes e non conseguiron reverter un mercado laboral xa mancado que tivo que afrontar con moitas dificultades as crises que se sucederon nos últimos anos, aínda máis entre os máis mozos.
En relación cos baixos salarios, é necesario estar vixiantes coa aplicación dos Acordos de Negociación Colectiva e seguir traballando para que o SMI acade o 60% do salario medio que marca a Carta Social Europea.
No relativo ao desemprego, resulta evidente que urxen Políticas Activas de Emprego, das que ten competencia a Xunta, realmente eficaces e personalizadas en función das necesidades particulares das persoas desempregadas e artellar medidas que permitan achegar xa as necesidade do eido empresarial cos plans formativos en todos os niveis.
Paralelamente, é imprescindible que se adopten as medidas para reducir o subemprego (esencialmente, tempo parcial involuntario e posible abuso dos fixos descontinuos), que constitúe a principal causa dos reducidos ingresos que obteñen miles de persoas traballadoras e, por tanto, da pobreza laboral.