O 73,6% dos mozos e mozas galegas aínda viven cos seus pais e só o 6% dos fogares de Galicia están compostos na súa totalidade por menores de 35 anos

Os mozos e mozas galegas sofren unha fenda salarial de case 21 puntos co conxunto de idades e de 14,1 puntos en relación co resto de mozos e mozas do Estado

Fecha: 11 Ago 2025

xuventude

A reforma laboral fixo posible que a porcentaxe de contratos indefinidos entre os mozos pasase do 7,7% no 2021 ao 30,85% no 2024. UGT-Galicia aposta polo diálogo e concertación para chegar a novos acordos que melloren o resto das variables

O 73,6% dos mozos e mozas galegas aínda viven cos seus pais e só o 6% dos fogares de Galicia están compostos na súa totalidade por menores de 35 anos

Os mozos e mozas galegas sofren unha fenda salarial de case 21 puntos co conxunto de idades e de 14,1 puntos en relación co resto de mozos e mozas do Estado

Santiago, 11 de agosto de 2025.- Co gallo da celebración do Día internacional da Xuventude, que se conmemorará mañá, 12 de agosto, UGT-Galicia fai pública unha radiografía do mercado laboral galego centrada nos máis mozos que amosa falta de oportunidades, a pesar de ter Galicia pouca poboación nesta franxa de idade, que se reflicte en taxas de actividade moi baixas, altos índices de desemprego, baixos salarios e, como consecuencia de todo o anterior e dos problemas para acceder a unha vivenda, baixísimas taxas de emancipación. Aínda que si hai unha variable que está a mellorar, a da temporalidade, grazas á reforma laboral que segue a dar os seus froitos e está a permitir que a contratación indefinida mellore tamén neste sector da poboación. Precisamente, UGT-Galicia considera que este é o camiño, o do diálogo e concertación para chegar a novos acordos que vaian na liña de mellora do mercado laboral en xeral e tamén de todo o que afecta aos máis mozos. E isto é algo que o Sindicato lle esixe tanto ao Goberno da Xunta como ao central.

En termos poboacionais, Galicia ten cada ano que pasa menos mozos e mozas (de 16 a 29 anos), cun peso cada vez menor no conxunto de idades. Hai dende o ano 2010 unha perda de 80.500 persoas que se enmarcan na franxa da idades de entre 16 e 29 anos, o que, en termos relativos, supón unha perda do 19,5%, fronte ao conxunto de idades, onde a perda foi do 1,45%. 

Se no 2010 a mocidade tiña un peso sobre o total de idades do 17,1%, no 2024 esta porcentaxe cae ao 14%. Hai en Galicia un total de 332.100 mozos e mozas (16-29 anos), segundo os datos da media anual de 2024. 

Isto, inicialmente, podería levar a unha interpretación que resulta errónea. Ó existir menos poboación nesta franxa de idade as oportunidades no mercado laboral deberían ser máis e mellores pero isto non é así. Todo o contrario. Os máis mozos son o grupo diana das grandes eivas do mercado laboral galego. 

Poboación de 16 a 29 anos. Galicia


 

Total

Activos

Poboación ocupada

Poboación parada

Inactivos

2009/IV

424.400

258.100

196.300

61.800

166.400

2010

412.600

244.100

178.200

66.000

168.400

2011

394.200

231.200

161.700

69.500

163.000

2012

377.200

222.100

143.800

78.200

155.100

2013

361.200

202.800

126.300

76.600

158.400

2014

346.800

190.900

118.300

72.500

156.000

2015

336.500

176.500

117.800

58.700

160.000

2016

327.700

170.500

119.600

50.900

157.100

2017

321.900

164.800

121.900

42.900

157.100

2018

318.500

158.400

121.100

37.300

160.100

2019

317.600

154.700

122.300

32.400

162.900

2020

318.600

145.300

107.800

37.500

173.300

2021

318.500

144.500

109.100

35.400

174.000

2022

320.800

150.000

115.900

34.100

170.800

2023

325.300

156.700

128.300

28.400

168.600

2024

332.100

163.600

130.900

32.700

168.500

Con data o 19 de abril de 2024 actualizáronse os datos dos anos 2021, 2022 e 2023 coa base poboacional 2021. 

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

 



 

Destes 332.100 mozos e mozas, 163.600 son activos, 130.900 son poboación ocupada, 32.700 persoas paradas e 168.500 son persoas inactivas.

Galicia está entre as comunidades autónomas coa taxa de actividade xuvenil máis baixa do Estado, do 49,5%, fronte ó 53% de media ou datos como o de Cataluña, dez puntos por enriba do rexistrado en Galicia, 59%

De aquí conclúese un dos datos máis destacable e negativo da análise que hoxe se fai pública. Segundo os datos da EPA (dato do cuarto trimestre de 2024), Galicia rexistra a sexta menor taxa de actividade no Estado entre a súa poboación máis nova (de 16 a 29 anos), sendo menor tan só en Andalucía, Cantabria, Castela e León, Estremadura e País Vasco. Mentres a media do Estado é do 53%, esta Comunidade rexistra un 49,5%, moi por debaixo de autonomías como Cataluña, cun 59%. 

Poboación de 16 a 29 anos. Datos 4º trimestre de 2024 (Taxa %)

4º trimestre 2024

Taxa de actividade

Taxa de emprego

Taxa de paro

Total Estado 

53,0

42,9

19,1

Andalucía

48,3

35,1

27,4

Aragón

55,9

47,9

14,3

Asturias

50,0

40,1

20,0

Baleares

59,5

49,5

16,8

canarias

50,4

41,3

18,0

Cantabria

44,8

36,6

18,3

Castela e León

47,9

39,7

17,2

Castela A mancha

50,2

40,3

19,8

Cataluña

59,0

50,1

15,0

Comunidade Valenciana

54,7

42,3

22,8

Estremadura

46,5

35,0

24,8

Galicia

49,5

40,5

18,1

Madrid

56,4

47,9

15,0

Murcia

51,5

40,8

20,8

Navarra

51,7

44,2

14,4

País Vasco

48,7

40,1

17,7

Rioxa, A

54,5

46,4

14,8

Fonte: Datos elaboración propia a partir de microdatos EPA



 

A taxa de paro xuvenil sube en Galicia ata o 20%, moi afastada do 9,4% do conxunto de idades. Pero é que esta sube ata o 25,7% no grupo de 16 a 24 anos

Outro dos indicadores máis devastadores do mercado laboral galego é a taxa de paro xuvenil, que se sitúa no 20%, moi afastada do 9,4% do total de idades. 



 

Taxas de actividade, ocupación e paro da mocidade galega. Ano 2024 (Taxa %)


 

de 16 a 29 anos 

De 16 a 24 anos 

de 25 a 29 anos 

Taxa de actividade

49,3

30,9

83,2

Taxa de ocupación

39,4

23,0

69,8

Taxa de paro

20,0

25,7

16,1

Con data o 19 de abril de 2024 actualizáronse os datos dos anos 2021, 2022 e 2023 coa base poboacional 2021. 

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

Unha análise máis polo miúdo por tramos de idade apunta a que canto máis se baixa en idade, máis se sube en taxa de desemprego. Chegando ao 25,7% no tramo de 16 a 24 anos; e do 16,1% no de 25 a 29 anos.

A dependencia do sector servizos dos máis mozos é do 75,1%. UGT-Galicia alerta da falta de relevo xeracional no sector primario e na construción

Por sectores, destaca a gran dependencia do sector servizos na ocupación da mocidade, o 71,1%. Dos datos adxuntos, tamén se deduce a falta de relevo xeracional no sector primario e na construción.

Poboación ocupada mocidade e total idades e sector económico


 

Total idades

De 16 a 29 anos

% mocidade s/ total idades

Distribución % total idades

Distribución % mocidade

Total

1.144.000

130.900

11,4

100,0

100,0

Agricultura e pesca

72.700

5.000

6,9

6,4

3,8

Industria

183.300

19.400

10,6

16,0

14,8

Construción

82.300

8.100

9,8

7,2

6,2

Servizos

805.700

98.300

12,2

70,4

75,1

Con data o 19 de abril de 2024 actualizáronse os datos dos anos 2021, 2022 e 2023 coa base poboacional 2021. 

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa


 

Case o 25% dos mozos traballan a tempo parcial, 11,4 puntos por enriba do conxunto de idades. Pero a parcialidade chega aos 33,5 puntos no grupo de 16 a 24 anos

A parcialidade tamén tingue o mercado laboral dos máis mozos en Galicia. De feito, o 24,9% da mocidade traballa a tempo parcial, 11,4 puntos máis que o conxunto de idades. 

A parcialidade faise máis evidente no grupo de 16 a 24 anos, subindo ata o 33,5%. De feito, de toda a poboación con contrato a tempo parcial, un 21,2% son persoas de entre 16 e 29 anos, cando este indicador no total da poboación ocupada representa o 11,4%. Ademais, de toda a poboación ocupada con xornada a tempo completo, tan só un 9,9% é poboación nova. 


 

Poboación ocupada por tipo de xornada, total idades e mocidade. Galicia 2024

(Taxa %)


 

Total


 

Completa

Parcial

Taxa de parcialidade

Total idades

1.144.000

989.800

154.100

13,5

de 16 a 29 anos

130.900

98.200

32.600

24,9

De 16 a 24 anos

49.500

32.900

16.600

33,5

De 25 a 29 anos

81.300

65.300

16.000

19,7

% s/ de 16 a 29 anos s/

total idades

11,4

9,9

21,2


 

Con data o 19 de abril de 2024 actualizáronse os datos dos anos 2021, 2022 e 2023 coa base Con data o 19 de abril de 2024 actualizáronse os datos dos anos 2021, 2022 e 2023 coa base poboacional 2021. Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa



 

Aínda que a reforma laboral continúa a dar os seus froitos, a temporalidade, aínda que mellora, segue a afectar máis aos mozos e mozas. Se o 13% de toda a poboación asalariada é menor de 30 anos, de toda a poboación asalariada con contrato temporal, un 28,4% son mozos e na duración indefinida tan só representan o 10,13%. Dos 121.900 asalariados e asalariadas menores de 30 anos, o 34,7% teñen contratos temporais, o 15,9% no conxunto de idades.

Poboación asalariada por tipo de contrato ou relación laboral 2024

( persoas e Taxa %)


 

Total

De duración indefinida

Temporal

Taxa de temporalidade

Mocidade

121.900

79.600

42.300

34,7

Total idades

934.800

785.800

149.000

15,9

% mocidade s/ total idades

13,04

10,13

28,39


 

Con data o 19 de abril de 2024 actualizáronse os datos dos anos 2021, 2022 e 2023 coa base Con data o 19 de abril de 2024 actualizáronse os datos dos anos 2021, 2022 e 2023 coa base poboacional 2021. 

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa

Evolución taxa de temporalidade da mocidade e reformas laborais


 

Total

De duración indefinida

Temporal

Taxa de temporalidade

2009/III

192.700

92,.00

100.500

52,2

2009/IV

180.100

89.900

90.200

50,1

2010

161.000

78.300

82.700

51,4

2011

142.000

66.400

75.600

53,2

2012

127.000

62.200

64.800

51,0

2013

111.900

53.600

58.300

52,1

2014

103.400

45.300

58.100

56,2

2015

101.800

40.200

61.500

60,4

2016

106.900

41.900

64.900

60,7

2017

110.500

40.500

70.000

63,3

2018

111.100

43.300

67.800

61,0

2019

111..900

44.100

67.800

60,6

2020

99.200

43.900

55.300

55,7

2021

99.500

38.500

60.900

61,2

2022

105.700

54.500

51.200

48,4

2023

118.300

72.800

45.500

38,5

2024

121.900

79.600

42.300

34,7

Con data o 19 de abril de 2024 actualizáronse os datos dos anos 2021, 2022 e 2023 coa base

Fonte: IGE-INE. Enquisa de poboación activa


 

A reforma laboral pretende recuperar un futuro digno para a xuventude. No 2021 o 7,7% dos contratos rexistrados entre os mozos eran indefinidos, no 2004 a porcentaxe sobe ata o 30,85% 

Grazas á reforma laboral, cos datos de contratación rexistrada no SEPE no ano 2024, compróbase un claro reponte da contratación de modalidade indefinida, especialmente significativa no caso dos menores de 30 anos. Así, neste colectivo, se no 2021 tan só o 7,7% dos contratos eran indefinidos, no 2024 a porcentaxe elevouse ao 30,85% dos 258.869 contratos rexistrados. Unha mellora substancial.

Contratación rexistrada



 

2021

2024

Contratos indefinidos

10.940

71.336

Contratos temporais

269.787

178.986

Total contratos iniciais

280.727

250.322

Conversións indefinidos

11.703

8.547

Total contratos

292.430

258.869

% indefinidos

7,7%

30,85%

Fonte: Elaboración propia a partir datos da Estatística de contratos do SEPE



 

A fenda salarial para os menores en Galicia (de 25 a 34 anos) é de preto de 21 puntos, en relación ao conxunto de idades, e de 14,1 en relación ao mesmo grupo de idade no resto do Estado

Unha das vertentes máis evidentes destas variables son os baixos salarios. Isto trae como consecuencia importantes brechas salariais dos mozos galegos en relación ao conxunto de idades pero tamén dos mozos galegos en relación cos mozos do resto do Estado. 

As cifras están aí, son referidas ao ano 2023, último dato dispoñible, e a fonte é a Enquisa anual de estrutura salarial. No conxunto do Estado as persoas de entre 25 e 34 anos cobraron no 2023 ao ano de media 23.376,19 euros, fronte aos 20.076,43 que percibiron os galegos deste mesmo grupo de idade, o que supón unha brecha dun 14,1%. Isto quere dicir que, en materia salarial, se os mozos do conxunto do Estado están en peores condicións, en Galicia esta situación aínda se agudiza máis.

E cal é o balance en materia salarial da situación dos mozos galegos en relación co resto de idades en Galicia? Pois tamén moi negativo. Como xa se indicaba en parágrafos precedentes, os mozos galegos (25-34 anos) perciben ao ano de media 20.076,43 euros, mentres que no conxunto de idades esta cifra ascende aos 25.279,15 euros. Isto trasládase nunha brecha do 20,6%. 


 

GANANCIA MEDIA ANUAL 

2023

Salario medio anual

Diferenza (respecto Dato de 25 a 34 anos Galicia)

Brecha (respecto Dato de 25 a 34 anos Galicia)

De 25 a 34 anos (Estado)

23.376,19

3.299,76

14,1

Todas as idades (Galicia)

25.279,15

5.202,72

20,6

De 25 a 34 anos (Galicia)

20.076,43


 


 

Enquisa anual de estrutura salarial – INE (2023)

O 73,6% dos mozos e mozas galegas (18 a 29 anos) aínda vive cos seus pais

De todo o analizado anteriormente, ao que lle hai que sumar as dificultades para o acceso a unha vivenda digna, derívanse, evidentemente, dificultades para a emancipación dos mozos e mozas galegos. Así, segundo datos de elaboración propia en base aos que facilita o IGE (Enquisa estrutural de fogares), o 73,6% dos mozos e mozas galegas de entre 18 a 29 anos aínda vive cos seus pais, porcentaxe que sube ata o 87,91% na franxa de 18 a 24 anos. Tamén é moi significativo o dato de que tan só o 6% de todos os fogares de Galicia están compostos na súa totalidade por persoas menores de 35 anos.

A resignación non é unha opción. Traballando, hai posibilidades de mellora do mercado laboral xuvenil, e así o están a demostrar varias das medidas froito do diálogo social como a reforma laboral ou as subas do SMI

Un ano máis, este 12 de agosto, e todos os días do ano, hai que denunciar que os mozos e mozas galegas soportan dun xeito máis incisivo que o conxunto de idades as grandes lacras do mercado laboral galego, desemprego, baixas taxas de actividade, baixos salarios, precariedade e grandes dificultades para acceder a unha vivenda digna que lles permita emanciparse e afrontar un proxecto de futuro sólido e sostible. Non obstante, UGT-Galicia insiste en que a resignación non é unha opción e hai posibilidades de mellora, como así o está a demostrar a reforma laboral, froito do diálogo social, que está a dar os seus resultados no conxunto de idades diminuíndo a temporalidade e tamén entre os máis mozos. Así, como xa se apuntaba en parágrafos precedentes, se no 2021 o 7,7% dos contratos rexistrados entre os mozos eran indefinidos, no 2024 este indicador sobe ata o 30,85%. Grazas á reforma laboral. 

Por todo isto, UGT-Galicia apela ao diálogo social, tanto a nivel estatal como en Galicia, para seguir abrindo vías de traballo que permitan chegar a acordos que vaian na mesma liña para mellorar as taxas de emprego, a actividade dos máis mozos, os seus salarios e medidas que muden dunha vez por todas o mercado inmobiliario deste país co fin de permitir o acceso a unha vivenda digna. O que demostran as estatísticas é que as políticas de emprego que se viñeron desenvolvendo non foron suficientes e non conseguiron reverter un mercado laboral xa mancado que tivo que afrontar con moitas dificultades as crises que se sucederon nos últimos anos, aínda máis entre os máis mozos.

En relación cos baixos salarios, é necesario estar vixiantes coa aplicación do Acordo de Negociación Colectiva e seguir traballando para que o SMI acade o 60% do salario medio que marca a Carta Social Europea.

No relativo ao desemprego, resulta evidente que urxen Políticas Activas de Emprego, das que ten competencia a Xunta, realmente eficaces e personalizadas en función das necesidades particulares das persoas desempregadas e artellar medidas que permitan achegar xa as necesidade do eido empresarial cos plans formativos en todos os niveis.

Paralelamente, é imprescindible que se adopten as medidas para reducir o subemprego (esencialmente, tempo parcial involuntario e posible abuso dos fixos descontinuos), que constitúe a principal causa dos reducidos ingresos que obteñen miles de persoas traballadoras e, por tanto, da pobreza laboral. Esta situación afecta, aproximadamente a 82.100 persoas ocupadas en Galicia.

Pero hai outro problema que a Administración galega debe atallar xa, o goteo continuo de perda poboacional que está a afectar dun xeito moi incisivo aos máis mozos. A falta de oportunidades, de expectativas, o desánimo fai que os máis mozos busquen o seu futuro noutros puntos xeográficos, dentro do propio Estado, ou fóra. E aquí é onde a Administración galega debe artellar os instrumentos necesarios para facer de Galicia un territorio con oportunidades laborais, en materia de vivenda, de servizos e infraestruturas atractivo para que os mozos e mozas galegos decidan quedar na terra e afrontar aquí o seu proxecto vital. 

Tamén urxe a reforma do despedimento, que continúa sen adecuarse á Carta Social Europea Revisada. Para que o emprego indefinido conte con verdadeiras garantías, é necesario que a indemnización por despedimento adquira un carácter disuasorio e resarcitorio, recuperando tamén os salarios de tramitación. Iso desprazaría ao despedimento como a última das opcións posibles para o empregador, fomentando outras alternativas, como a formación e a recolocación, que son moito máis beneficiosas para ambas as partes, xa que contribúen a elevar a produtividade, reducen custos e dotan á persoa traballadora dun extra de seguridade laboral, moi necesario para poder ter en consideración proxectos de vida a máis longo prazo.

E, de seguro, UGT-Galicia considera que a redución da xornada laboral ás 37,5 horas semanais, vai beneficiar aos máis mozos porque o Sindicato considera que esta medida vai xerar emprego, mellorar a conciliación, como vai acompañada de obrigas de rexistro horario, vai combater as xornadas irregulares que sofren nunha alta porcentaxe os máis mozos, e vai facer máis atractivo o mercado laboral contribuíndo así a afastar a sombra da fuxida do talento do noso territorio. Por todo isto, UGT esixe que non se atrase máis a concreción desta medida. 



 

Fuente: UGT-Galicia