O 1º Congreso da FeMC-UGT de Galicia reelixe a Eladio Romero
Fecha: 18 Feb 2021

Os delegados e delegadas convocados ao 1º Congreso Rexional da Federación de empregadas e empregados dos Servizos para a Mobilidade e o Consumo, FeSMC-UGT, de Galicia, reelixiron a Eladio Romero Ares para seguir liderando a Comisión Executiva co apoio do 92,85 por cento dos votos. O congreso, que se celebrou en Santiago de Compostela este 24 de febreiro, tivo como lema "O cambio que precisamos”. A nova Comisión Executiva quedou formado polos seguintes compañeiros e compañeiras:
Sº Xeral |
Eladio Romero Ares |
Sª de Organización |
Beatriz Meilán del Río |
Sº de Administración e Comunicación |
Daniel Antelo Pérez |
Sª de Formación e Adxunta a Organización |
Sonia Abeijón Melón |
Sº de Acción Sindical e Saúde Laboral |
Jesús Mosquera Rivas |
Sª Igualdade e Asuntos Sociais |
Cristina Calvo Espasandín |
Sº de Políticas de Ocupación |
Jesús Mª Álvarez Fernández |
Detrás están o sector do transporte, de mercadorías ou viaxeiros, o comercio, a limpeza, o sector de bancos e caixas de aforro, o de seguridade ou as telecomunicacións, entre tantos outros, que non pararon para que nada parara e que non tiveron o recoñecemento que merecen.
Nesta mesma liña incidiron os intervintes no acto de clausura, José Antonio Gómez, secretario Xeral de UGT-Galicia, Miguel Ángel Cilleros, secretario xeral de FeSMC-UGT estatal e Eladio Romero, secretario xeral reelixido de FeSMC-UGT de Galicia.
José Antonio Gómez advertiu que a pandemia levou, polo ben xeral, a aparcar reivindicacións como a derrogación das leises que afondaban nos recortes sociais e economicos e agora sería o momento de volver a retomar estas reivindicacións, pero “hai que ter moito ollo, porque xa volven ás andadas” e temos que estar moi alerta para evitar que a pandemia se convirta en unha nova escusa para volver a recortar dereitos e condicións sociais e económicas.
Miguel Ángel Cilleros destacou o papel xogado polo sindicato durante esta crise pandémica, atendendo ao resto dos traballadores. Insistiu en que “non valen os aplausos a título póstumo” para o conxunto da clase traballadora que tando deu durante esta pandemia, senon que se ten que recoñecer xa, agora, na negociación colectiva, na recuperación dos dereitos, na urxente derrogación da reforma laboral na suba do SMI e que calquera modificación do actual sistema de pensións ten que pasar pola derrogación da reforma do ano 2013.
Tanto Gómez como Cilleros coincidiron en esixir que os fondos de recuperación da UE sexan aproveitados para apostar por un cambio e un novo modelo produtivo para o país.
Eladio Romero agradeceu o apoio recibido e sinalou que o obxectivo da nosa organización é o de dignificar o sector de servizos e darlle respostas adaptadas aos cambios tecnolóxicos e sociais.