O 13 Congreso de UGT-Vigo reelixiu a Ernesto Fontanes como secretario Xeral
Fecha: 11 Mar 2021

O 13 Congreso da Unión Comarcal de UGT de Vigo, celebrado hoxe, elixiu a nova executiva que encabeza Ernesto Fontanes Blanco, que repite un novo mandato. A nova Comisión Executiva Comarcal queda composta por:
Secretario Xeral |
Ernesto Fontanes Blanco |
Secretario de Organización |
Javier Castro Rodríguez |
Secretaria de Política Social |
Mónica Suárez Silva |
Secretario de Administración |
José Manuel Rodríguez Portela |
Secretaria de Igualdade e Movementos Sociais |
Alba Luz Moldes González |
Secretaria de Saúde Laboral e Formación |
Soledad Collado Paz |
Secretaria de Comunicación e Xuventude |
Concepción Martinez Rodríguez |
Tanto o secretario xeral de UGT-Galicia como o reelixido secretario xeral de UGT-Vigo nas súas respectivas intervencións fixeron unha análise da situación actual e coincidiron en demandar a urxente derrogación da reforma laboral; a suba do SMI; que calquera modificación do actual sistema de pensións ten que pasar pola derrogación da reforma do ano 2013; apostaron porque os fondos de recuperación da UE sexan aproveitados para apostar por un cambio e un novo modelo produtivo para o país; e tamén coincidiron nun firme recoñecemento cara o papel dos traballadores e traballadoras nesta pandemia, sobre todo, aqueles que estiveron ó fronte nos momentos máis complexos, e tamén recoñeceron o traballo que están a facer na actual conxuntura os e as representantes do Sindicato.